A CGT de Pontevedra, reunida en asamblea xeral o 5 de marzo, acorda: 1. Promover a convocatoria -xa anunciada, presentada e convocada formalmente pola CGT de Galicia, CIG, CNT e CUT – dunha Folga Xeral o 29 de marzo, para pór fin ás continuas agresións que estamos a sufrir os traballadores e o conxunto da sociedade a mans do anterior e actual goberno. En particular, contra a última Reforma Laboral (xa en vigor), os recortes en servicios sociais básicos, a persistencia de máis de cinco millóns de traballadores en paro e a ameaza, xa executada sobre millóns de familias, de condenar a pobreza e a exclusión a case un terzo da poboación nacional e emigrante no noso país.
2. Actuar para que dita convocatoria sexa o máis unitaria posible, incorporando á mobilización á maior parte dos traballadores e ao conxunto das organizacións sindicais de clase. Por ista razón, a CGT de Pontevedra fai un chamamento a todos os sindicatos e agrupacións sindicais de Pontevedra a que sumemos forzas co obxectivo común de enfrontarnos, en defensa da clase obreira, contra a intolerable situación actual e impidamos a consumación das medidas antisociais anunciadas polo goberno e a clase política.
3. Impulsar a mobilización dos traballadores durante todo o mes de marzo pola Folga Xeral e ata que, entre todos, conquiramos frenar e impedir a Reforma Laboral, a continúa privatización dos servizos públicos, a negación dos dereitos sociais e o expolio do patrimonio colectivo. Neste sentido, a CGT de Pontevedra, previa consulta ós convocantes, apoirá e participará nas manifestacións, concentracións e mobilizacións que outras centrais o agrupacións sindicais de clase convoquen por estes mesmos motivos, como as anunciadas para os días 10 e 11 de marzo.
4. Promover, con a maior urxencia posible, una xuntanza de todos as organizacións e agrupacións sindicais, sexan sectoriais ou locais, de Pontevedra e acordar as acción conxuntas que garanten o éxito da Folga Xeral
5. Facer un chamamento a todas as organizacións do movemento asociativo e reivindicativo de Pontevedra e comarca para que manifesten o seu apoio e se incorporen a esta loita social, que a todos afecta e a todos nos ten que comprometer.
CGT-Pontevedra

Comparte esta entrada ...