A CGT de Pontevedra convoca unha concentración, polo fin do apartheid e o xenocidio do pobo palestino. Terá lugar o día 24 xullo, na Praza da Peregrina, ás 20:00h e consistirá nunha lectura de textos-denuncia da situación actual e recital de poesía palestina. Micrófono libre (ás organizacións, colectivos e persoas interesadas): "¡Palabras contra a guerra! Non ó despoxo e asesinato do pobo palestino! Non non noso nome!»
CGT Pontevedra manifesta a súa condena ó totalitarismo e terrorismo de estado executados polo goberno de Israel e á agresión militar contra o pobo Palestino, tanto na Franxa de Gaza como na Cisxordania palestina ocupada.
Por iso, dende CGT, queremos expresar o noso total rexeitamento á invasión de Gaza levada a cabo nas últimas semáns polo exército de Israel. Como rexeitamos frontalmente os bombardeos sistemáticos que o Goberno sionista ordenou executar contra a poboación da Franxa, asasinando indiscriminadamente e disparando contra casas, escolas, hospitais ou nenos xogando na praia, e nos sumamos a todas as voces que claman polo fin do ataque por parte de Israel, así como ás peticións de saída inmediata do seu exército de todo o territorio palestino, para hoxe e para sempre.
Por esta razón, a CGT convoca a toda a cidadanía de Pontevedra a participar e celebrar, en réxime de autoconvocatoria, esta Concentración, pois somentes a voz ceibe dá pobación mundial, ao marxe dous seus gobernos corruptos, todos eles (especialmente EE.UU e a Unión Europea, por suposto tamén o goberno español) garantes da impunidade dos crimes de Israel.