Un ano máis a CGT de Pontevedra renova o seu compromiso na defensa do medio ambiente, do traballo e a saúde e pola recuperación da Ría para o benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, participando na Marcha anual 2018 polo Peche do complexo ENCE-Elnosa na marisma de Lourizán. A manifestación sairá este sábado, 16 de xuño, ás 19,30h das Alamedas de Pontevedra e Marín, para confluir ámbalas dúas columnas diante das portas de Celulosa, na beiramar. No curso da manifestación a CGT de Pontevedra repartirá o texto "O traballo crea riqueza. O capitalismo salvaxe a destrúe. En defensa do traballo e o disfrute social da riqueza: ENCE FORA DA RÍA", coa posición de CGT -Pontevedra sobre este asunto.
Comité Local CGT-Pontevedra