Ante as graves irregularidades que se están a producir no proceso electoral en Citrà¶en-Vigo, a CGT decidiu impugnar todo o proceso.
Con data 9 de outubro de 2010, a CGT presentou ante a Delegación da Consellería de Traballo e Benestar unha impugnación do proceso electoral das eleccións sindicais na empresa PSA Peugeot-Citrà¶en ante os vicios graves que afectan ás garantías do proceso electoral e que poden alterar o resultado das Eleccións Sindicais.
Os motivos que levaron a tomar esta medida, son unha sucesión de decisións por parte da esa Electoral que non cumpren coa Lei, e son as seguintes:
– O Censo Laboral, tal e como determina a Lei, debería estar pechado o día do preaviso electoral, o 27 de xullo. Algo que non aconteceu nesta ocasión.
– A mesa só publicou o Censo Electoral provisional, en ningún momento publicou o Censo Laboral. Esta non é unha cuestión menor xa que o censo laboral é a base, segundo a normativa laboral, para determinar o número de representantes a elixir. É precisamente este carácter determinante o que fai que a súa publicación sexa un requisito imprescindible no proceso electoral.
– O censo electoral so foi exposto nas porterías da fábrica e non nos taboleiros de anuncios, contradecindo o principio de publicidade que exixe o Estatuto dos Traballadores.
Por último, tal e como se fixo nas anteriores eleccións sindicais no ano 2006 a Mesa determinou o número de representantes a elixir «de acuerdo con la plantilla existente a día de la fecha» e non coa suma dos traballadores fixos ou con contrato superior a un ano máis as xornadas dos contratos iguais ou inferiores a u ano, dividido por 200, tal e como marca o artigo 72 do Estatuto dos Traballadores. Como consecuencia desto os representantes a elixir nos máis que o número que legalmente procedería, o que beneficia claramente aos sindicatos institucionais en detrimento das organizacións de clase.