CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/cgt-contra-a-mafia-empresarial-de-mercadona/ Export date: Sat Nov 23 11:37:31 2024 / +0000 GMT |
CGT contra a mafia empresarial de MercadonaA CGT de Pontevedra convoca, para este mércores, día 6 de novembro, ás 18:00h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida. Reproducimos o texto que a CGT de Pontevedra repartirá ante as portas de Mercadona este día. PRÁCTICAS MAFIOSAS EN MERCADONA A primeiros do mes de outubro, a empresa Mercadona abriulle un expediente disciplinario ao compañeiro Fran, que se atreveu a organizar a Sección Sindical da CGT en Mercadona de Málaga. A súa intención era clara: desfacerse dos traballadores máis incómodos e entre eles está Fran, que se negara, pouco antes do expediente, a aceptar cartos para que se esquecese da actividade sindical. Efectivamente, o pasado día 10 de outubro, a empresa despediu ao compañeiro, que respondeu plantándose diante da empresa desde o luns, día 14, mentres a CGT de Málaga realiza concentracións diarias ante os supermercados. A resposta da empresa é a típica do mundo gangsteril: ofrécelle a Fran unha importante cantidade de cartos e, por riba, diríxese a un cuñado do compañeiro, que tamén traballa na empresa, facéndolle ver que o seu posto de traballo depende do cese das protestas, intentando crear un clima hostil no ámbito familiar. Estas prácticas, propias das mafias, no van quedar impunes e van provocar o incremento das actuacións sindicais da CGT cara Mercadona ante a falta de respecto aos dereitos básicos dos seus traballadores. Por isto a CGT se concentra para proclamar que cada despedimento é unha agresión e ningunha agresión vai quedar sen a resposta solidaria correspondente. SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS QUE LOITAN! SE NOS TOCAN A ÚN, TÓCANNOS A TODOS! READMISIÓN INMEDIATA DE FRAN! Na CGT todas as decisións adóptanse na asamblea do sindicato, sen xefes nin burocracias; se declara libertaria e non autoritaria; federalista e non centralista; internacionalista, sen outra patria que a da clase traballadora e cuxo fin último e primeiro non é outro que a transformación da sociedade, para acabar coa inxustiza social, a discriminación económica e a explotación en calqueira das súas formas. Se compartes con nós estes plantexamentos sindicais e sociais, necesitamos do teu compromiso. Afíliate á CGT para loitar xuntos, libres e solidariamente, contra este réxime social, político e económico que nos rouba e empobrece. Chama ó teléfono 627 791 645 ou ben escribe a Pontevedra (arroba) www.cgtgalicia.org CGT, O TEU SINDICATO! |
Post date: 2013-11-05 21:40:33 Post date GMT: 2013-11-05 20:40:33 Post modified date: 2013-11-05 21:42:12 Post modified date GMT: 2013-11-05 20:42:12 |
Export date: Sat Nov 23 11:37:31 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |