Cumprindo ca decisión da asemblea da sección sindical de CGT- Alfageme, celebrada o 10 de outubro, o sindicato remitiu ao Presidente da Xunta de Galicia (xa non ao Conselleiro de Economía, por reiterado e público incumprimento da palabra dada) a seguinte solicitude de entrevista:
"Que mediante o presente escrito veñen a realizar a solicitude dunha reunión urxente con vostede a fin de tratar sobre a situación actual da empresa Bernardo Alfageme S.A., a piques de rematar o Concurso de Acreedores e procederse a liquidación da empresa.
Expresarémoslle a necesidade inexcusable de que o Sr. Conselleiro de Economía e Industria e o Director Xeral do IGAPE, trasladen a maior brevidade posible a Administración concursal, debidamente informadas e valoradas, as ofertas de compra que teñan recibido en prazo e forma, das fábricas de Alfageme en Vilaxoán e Ribadumia e a marca Miau, no marco dun proxecto industrial conserveiro fiabel.
Expresarémoslle tamén a urxencia de que o Sr. Conselleiro de Economía e Industria cumpra con todo rigor co manifestado á representación legal dos traballadores de Alfageme e as empresas interesadas (do que foron testemuñas públicas o Presidente da Diputación de Pontevedra, alcaldes de Arousa e o Salnés e todos os medios de Comunicación escritos e audiovisuais de Galicia), fai apenas dous meses atrás. E, en consecuencia, aclare o sinsentido das declaracións realizadas por él o 8 de outubro, que poñen en dúbida a propia sinceridade en todo o afirmado nas últimas semáns.
Non é aceptable, nin legal nin socialmente, que un presunto recurso administrativo, interposto por unha empresa testaferra dos antigos propietarios de Alfageme contra unhas bases orientativas publicadas polo IGAPE para un pronunciamiento da Xunta sobre a idoneidade dunha determinada oferta de compra (pois non se trata dunha adxudicación directa de Xunta de Galicia, xa que eso compete a Administración concursal), poda servir de escusa a un Conselleiro da Xunta de Galicia para incumplir a súa responsabilidade, pechar de feito dúas fábricas, en disposición de empezar a traballar de inmediato e deixar na rúa e na miseria a 150 traballadores, que xa remataron o tempo de paro.
Por estas razóns, entendemos imprescindible que a representación sindical legal dos traballadores manteña con vostede unha entrevista urxente, días antes do 18 de outubro, para coñecer que clase de atrancos, sen dúbida ilexítimos, dificultan a última hora a culminación feliz deste proceso, e que vai facer vostede para solucionalos.
En Vilagarcía de Arousa a 11 de outubro de 2012"
CGT-Arousa