2ª Asemblea Xeral da CGT-Pontevedra

O vindiero día 25 de maio, ás 19.30h, na sede de c/ Pasantería (Pontevedra), terá lugar unha nova Asemblea Xeral da CGT de Ponteveda e Vilagarcía, para continuar o debate da Orde do Día do XVI Congreso da CGT, que se celebrará en Málaga os días 4, 5, 6 e 7 de xuño.
Nesta ocasión trataranse os puntos 5 e 6 da Orde do Día, referidos a proposta da CGT para construir un modelo social alternativo libertario e aspectos concretos dos estatutos da CGT.

 

Xuntanza da Rede Anticapitalista en Pontevedra

As persoas e grupos sociais que, como a CGT de Pontevedra, integran a Rede Anticapitalista na cidade de Pontevedra celebrarán unha nova xuntanza ó mércores, día 27 de maio, ás 20:30h, no Salón de actos do edificio sindical, en c/ Pasantería, baixo. Trátase de impulsar a presencia da Rede na cidade e comarca, establecer liñas de actuación prioritarias e, si é posible, definir calendario de actuacións.
O Comité CGT-Pontevedra

 

 

 

CGT denuncia o peche de centros de traballo de Alfageme. Traballadoras víctimas da mafia do ladrillo e a corrupción sindical

O pasado 18 de marzo tivo lugar, en Alfageme-Vigo, unha reunión da Empresa Bernardo Alfageme SA cos Comités de Empresa dos catro centros de traballo (Vigo, Conservas Peña-Vilaxoán, Marsac-O Grove e Alfageme-Ribadumia) máis algúns representantes das centrais sindicais implicadas (CGT, CIG, UGT e CC.OO). Read More

 

 

 

Asembleas CGT- Pontevedra e Vilagarcía

Os días 24 de novembro e 9 de decembro, ás 19:30 horas, a CGT de Pontevedra celebrará dúas Asembleas Xerais coa finalidade de tomar acordos sobre a Orde do Día do Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia que terá lugar en Ourense os días 13 e 14 do próximo mes de decembro.

A Asemblea Xeral de Vilagarcía terá lugar o día 26 de novembro, as 19:30 horas.

Para preparar as Asembleas, están previstas unha seria de reunións abertas para ir debatindo os distintos puntos. As datas de celebración destas reunións-debate serán, en Pontevedra, os días 10 e 17 de novembro, a partir das 19 horas.

 

Asamblea CGT – Pontevedra e Vilagarcía

O Comité do Sindicato Único de Traballadores «Solidariedade Obreira» de Pontevedra, reunido o pasado luns, 24 de agosto, elaborou a convocatoria da próxima Asamblea Xeral do Sindicato. Terá lugar o día 8 de septembro, ás 7,30 h. da tarde, na sede do Sindicato en Pontevedra, e tratará os seguintes puntos:

Punto 1. Reestructuración orgánica do Sindicato en Pontevedra e Vilagarcía, cara ós próximos meses. Neste apartado haberán de tratarse, en todo caso, os seguintes temas: a) Mapa sindical, b) Situación económica, c) Participación das secións sindicais sectoriais no Comité, d) Secretarías e vocalías, e)  Funcionamiento das sedes sindicais de Pontevedra e Vilagarcía …

Punto 2. Plantexamentos xerais respecto do próximo Pleno de Sindicatos de CGT-Galicia (previsión de asambleas, grupos de traballo, etc.).

Punto 3. Asuntos varios.

 

Contra a explotación laboral, o racismo e a xenofobia

A Europa capitalista decláranos a guerra a todos os traballadores, sen distinción. As derradeiras «Directivas» europeas non disimulan a brutalidade do ataque recibido:

– Xornada laboral de ata 65 horas semanais
– Reactivación da Directiva Bolkestein contra a igualdade no traballo
– Intensificación da degradación e privatización dos servizos públicos
– Tratamento de inmigrantes como delincuentes
– Promulgación de leis especiais, reglamentacións e promoción de actitudes racistas e xenófobas abertamente discriminatorias para nos enfrentar entre nos, para rachar a solidariedade humana.

Por estas razóns,

A CGT DE PONTEVEDRA E VILAGARCÍA CONVOCA:

CONCENTRACIÓN – MITIN
Días: 27 de xuño (en Pontevedra), 2 de xullo (en Vilagarcía)
Hora: 8,00 da tarde
Lugar: Praza da Pedreira (Pontevedra) e Praza de Galicia (Vilagarcía)