O próximo luns, día 15 de marzo, ás 20:00h, a CGT de Pontevedra e Arousa celebrará unha Asemblea Xeral na sede do sindicato en Pontevedra (r/ Pasantería, 1 – 3ª Planta) con catro puntos de orde do día: 1) Punto único do Pleno Extraordinario da CGT que se celebrará en Zaragoza o 27 de marzo: Folga Xeral; 2) 1º de Maio; 3) Nomeamento do Comité do Sindicato: Secretario xeral, secretarías e vocais; 4) Varios.
Asamblea CGT-Pontevedra
Neste mes de febreiro, días 20 e 21, terá lugar no local de CGT-Pontevedra, o Pleno de Sindicatos de CGT-Galicia que, entre outras cuestións, abordará a mobilización posible en Galicia cara a Folga Xeral que tenta promover a CGT en todo o seu ámbito.
Manifestación en Vilagarcía
O pasado venres, 22 de xaneiro, tivo lugar a manifestación convocada pola CGT de Arousa en defensa dos postos de traballo nas catro fábricas de Alfageme e do tecido industrial conserveiro na comarca de Arousa e o Salnés. A manifestación discurriu por rúas principais de Vilagarcía. Saiu da Praza Ravella e rematou na Praza de Galicia, contando coa participación de máis de cen persoas.
Manifestación: ¡Non o peche de Alfageme!
A CGT de Arousa, convoca en Vilagarcía, o próximo venres, día 22 ás 18,30h, unha manifestación en defensa dos postos de traballo e o tecido industrial da comarca, baixo o lema: ¡Non o peche de Alfageme!.
Traballadoras de Alfageme e a CGT contra o peche da fábrica
EN DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO
Hoxe, 8 de xaneiro, as traballadoras de Alfageme en Vilaxoán e a CGT, concentráronse de novo na Praza de Galicia de Vilagarcía dende as 6 da tarde, en defensa dos seus postos de traballo e contra as ameazas de peche dos centros de traballo no Salnés. Durante a concentración repartiron o seguinte escrito.
Continúa o peche en Alfageme de Vilaxoan
Hoxe, 19 de decembro, as dúas delegadas de CGT no Comité de Empresa do Centro de Traballo de Vilaxoan (antes Conservas Peña) da conserveira Bernardo Alfageme e as traballadoras da Sección Sindical da CGT, decidimos manter o peche na fábrica iniciado onte, cando íamos comezar o último período das vacacións anuais. Esiximos cobrar os salarios que nos deben de novembro e a paga extra e manifestamos a nosa vontade de defender os postos de traballo e a continuidade da actividade conserveira, ameazados polos intereses urbanísticos dos actuais propietarios de Alfageme: a inmobiliaria Promalar. Read More
Peche na conseveira Alfageme en Vilaxoan
Hoxe, 18 de decembro, as dúas delegadas de CGT no Comité de empresa do centro de traballo de Vilaxoán (antes Conservas Peña) da conserveira Bernardo Alfageme e as traballadoras da sección sindical de CGT, decidimos pecharnos na fábrica o mesmo día en que íamos comezar o último período das vacacións anuais. Esiximos cobrar os salarios que nos deben de novembro, decembro e a paga extra e, manifestamos a nosa vontade de defender os postos de traballo e a continuidade da actividade conserveira, ameazados polos intereses urbanísticos dos actuais propietarios de Alfageme: a inmobiliaria Promalar, que conta co apoio dos sindicatos CIG, UGT e, agora tamén CC.OO, pero coa oposición da maioría da plantilla de Vigo e da CGT (con representación no comité de empresa e sección sindical acreditada en Vilaxoán). Read More
Un expolio anunciado
Comunicado da CGT a todos os medios de comunicación sobre o acordo asinado polos comités de empresa de Bernardo Alfageme SA en presencia do representante do IGAPE e a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia na reunión do 28-10-2009
Manifestación dos traballadores de Correos
Este domingo, 14 de xuño, ás 12 horas, comezará a manifestación dos traballadores de Correos de toda Galicia polas rúas de Santiago de Compostela. A manifestación está convocada por todos os sindicatos, entre eles a CGT.
O percorrido da manifestación é o seguinte:Â saída desde a Alameda, continuando polas rúas de Doctor Teixeiro, República do Salvador, Hórreo, Orfas, a Praza do Toural, a rúa do Vilar e Praterías.
Por un servizo de Correos público, social e universal! Non faltes á cita.
Asamblea CGT-Pontevedra
El Comité del Sindicato Único de Trabajadores «Solidaridad Obrera» de Pontevedra-CGT, convoca a todos los afiliados a una Asamblea, que tendrá lugar el próximo sábado, 13 de junio, a partir de las 6 de la tarde, en la sede sindical de c/ Pasantería, con el siguiente Orden del Día:
1.- Informe del XVI Congreso de la CGT (Málaga, 4-7 de junio 2009), por la delegación de Pontevedra al Congreso.
2.- Campaña en defensa de la Sanidad Pública
3.- Biblioteca "Ricardo Mella"
La duración prevista de la asamblea será aproximadamente de hora y cuarto, pues a las 7,30h de la tarde dará comienzo la XIV Marcha por el cierre de Celulosas, convocada por la APDR. La CGT de Pontevedra viene apoyando esta acción anual desde que se instituyó, hace ya catorce años. (El Comité de CGT-Pontevedra).