post

[Vigo Acción Sindical] Concentración na empresa Muebles CYL

Concentración na empresa Muebles CYL. (martes 31)
Dita empresa adeudalle aos traballadores/as o pago de 6 mensualidades e dúas pagas extras. O propietario enganou en reiteradas ocasións prometéndo o abono da débeda sen que esto ocurrese .
Valoramos positivamente esta acción sindical na que participaron delegados e delegadas do sindicato doutros sectores así como traballadores e familiares dependentes laboralmente de CYL.
Lamentamos a unidade de acción se quebrase coa ausencia da delegada sindical de CC.OO.
O 9 e 16 de febreiro no mesmo lugar e hora. Seguimos!

 

post

Convocatoria Asemblea Anual do Sindicato de Oficios Varios Vigo

Asemblea Anual do Sindicato de Oficios Varios

Convócase a todos os afiliados á Asemblea Anual do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, que terá lugar o vindeiro mércores día 8 de Febreiro, nos locais do sindicato ás 18:00h.

ORDE DO DÍA

1. Elección de Mesa.

2. Informe das distintas Secretarías do S. Permanente.

3. Informe das xestións realizadas para a adquisición do novo local da F. Local de Sindicatos de Vigo, situado en Navia.

4. Asuntos Varios.

 

post

Segunda Marcha Laranxa de Unipost. Imos a Pontevedra

Segunda Marcha Laranxa de Unipost. Imos a Pontevedra

Venres 3 de Febreiro, ás 19:30, celebrarase a segunda marcha laranxa en Galicia, concretamente na cidade de Pontevedra ( saída do hospital provincial na rúa Loureiro Crespo n.º2).

Aínda que a través da vía xurídica CGT estea a denunciar a falta de pagamentos e inxustizas aos que nos vemos sometidos os traballadores de Unipost, cremos imprescindible seguir facendo público o conflito continuando coas mobilizacións e concentracións e así facer un chamamento á solidariedade do pobo traballador e demostrar á dirección de Unipost que este persoal non é submiso nin pasivo.

O obxectivo é loitar a través da acción sindical e unión dos seus traballadores contra as devanditas inxustizas, polo que desde CGT chamamos á asistencia á marcha de todo o persoal de Unipost Galicia.

Non é momento de escusarse nin acomodarse, é o momento de loitar por un emprego digno tanto para nós como para o dos nosos fillos.

A unión dos traballadores pode facer posible que esta situación se reverta, polo que se pide a todos que acudades o venres día 3 de febreiro a Pontevedra a loitar polos nosos dereitos.

Saúde

CGT Unipost Galicia