Miles de persoas na manifestación de CGT en Madrid

Onte, 12 de marzo, en Madrid miles de personas participamos na manifestación convocada pola Confederación Xeral do Traballo (CGT). Os militantes de Vigo e Pontevedra portábamos as pancartas que facían alusión á represión sindical contra os militantes da CGT, os despidos na fábrica de Citrà¶en de Vigo e a convocatoria dunha nova manifestación por ese mesmo motivo en Vigo o día 26 de marzo. Read More

 

Autobús desde Pontevedra-Vigo para a Manifestación Confederal en Madrid

Militantes de CGT de Pontevedra e Vigo decidiron onte fletar un autobús para acudir a manifestación confederal "Contra o pacto social, movilización e loita" que vaise celebrar en Madrid este sábado, 12 de marzo.
O autobús sairá da Estación de autobuses de Pontevedra ás 00,30h do día 12, para recoller ós compañeiros de Vigo á 01,00h na praza Fernando o Católico, perto do local da CGT, e posteriormente recoller os compañeiros de Ourense.
Os militantes de Pontevedra e Vigo acordaron tamén levar a Madrid a pancarta en solidariedade cós despedidos de Citrà¶en e en defensa dos represaliados na factoría viguesa pola súa actividade sindical.

CGT – Pontevedra / Vigo

 

 

Solidariedade cós despedidos de Citroà«n

Compañeiros da sección sindical de CGT en Citroà«n – Vigo, abrimos unha conta de solidariedade cós compañeiros recentemente despedidos. O nº de conta é 2080 0117 11 0000104941, en Caixanova.
Os gastos da intensa movilización (concentracións semanais diante da fábrica, manifestación do día 12, semana de loita do 21 ó 27 de febreiro, movilizacións de marzo), así como de defensa xurídica e para facer frente ás multas (6.000 €), nos impoñen acudir a solidariedade confederal, tanto dos sindicatos e seccións sindicais como dos militantes.
Agardamos a vosa solidariedade. Un saúdo anarcosindicalista.
Sección sindical CGT-Citroà«n