post

CGT Pontevedra, o día 17, en Defensa do Sistema Público das Pensións e da Sanidade Pública

Este sábado 17 de marzo a CGT de Pontevedra apoia e participa activamente das convocatorias anunciadas respectivamente por MODEPEN en Defensa do Sistema Público das Pensións e pola MAREA BRANCA DE PONTEVEDRA en Defensa da Sanidade Pública.

Por acordó das organizacións implicadas neste chamamento (entre elas a CGT de Pontevedra) ámbalas dúas concentracións terán lugar físicamente de modo unitario, este sábado 17 de marzo, na Praza de España, entre ás 11,30 e 12,30h ata ás 13:00h.

¡Participa e loita pola Defensa do Sistema Público de Pensións!

¡Participa e loita pola Defensa da Sanidade Pública!

¡O sistema da Seguridade Social somos todos e, entre todos e todas, o defendemos!

¡TODAS as loitas -sanidade, pensións, condicións de traballo e salariais, mordazas, paro, precariedade, discriminación…-, ¡TODAS son unha e a mesma loita!: A loita pola dignidade humana frente á explotación e a desigualdade!

 

Comité Local – CGT de Pontevedra

 

post

A CGT da Coruña apoia a concentración polas pensións do día 17

A CGT da Coruña acordou manifestar o seu apoio á concentración convocada para o próximo sábado, día 17, ás 12:00 horas, no Obelisco da Coruña, en defensa do sistema público de pensións.

O sistema de pensións ven sendo saqueado polas elites políticas e económicas do país a través das últimas reformas que foron, a do PSOE que retrasou a idade de xubilación, e a do PP que modificou o sistema de cálculo da revalorización, deixándoo nun miserento 0,25% anual. Ao mesmo tempo, os poderes políticos e financeiros promocionan os sistemas privados de pensións metendo medo aos traballadores e intentando convencelos de que o sistema actual non é sostible.

Para a CGT, o mantemento dun sistema xusto, solidario e público cunhas pensións suficientes para levar unha vida digna é posible sen ningunha dificultade. Cando se pode rescatar á banca, cando se lle rebaixan as cotizacións ás empresas, cando se recortan os impostos aos poderosos, cando se saquea a caixa de reservas da Seguridade Social, en realidade o que están facendo é eliminar a financiación do sistema de pensións e fomentar o sistema privado, inxusto, insolidario e de solvencia dubidosa.

Por isto, a CGT da Coruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e poboación traballadora en xeral para que apoien esta convocatoria. Por que é xusto e impresdindible.

Comité Local da CGT da Coruña

 

 

post

Concentración 8 de marzo na Coruña

O día 8 de marzo, día da Folga Xeral Feminista no Día Internacional da Muller Traballadora, a CGT convoca unha concentración, ás 13:00 horas na confluencia das rúas Real, Bailén e Rego de Auga da Coruña.

Invitamos a toda a cidadanía, afiliación e simpatizantes á participación nesta folga e neste acto.

Comité Local da CGT da Coruña

 

 

Contra la Represión y las Mordazas. ¡Solidaridad con Ermengol Gassiot!

La CGT de Pontevedra convoca una concentración este sábado, 3 de marzo, a las 12:00 horas, en la Plaza de la Peregrina, en Pontevedra, para denunciar la violencia del Estado y sus brazos represivos: Leyes, tribunales y fiscales Mordazas, capaces de ameazar con penas de 11 a 14 años de cárcel a trabajadores y estudiantes cuyo único ‘delito" fue oponerse -sin otra violencia que la pacífica ocupación de las oficinas del rectorado- a una brutal suba del 66% dae las taxas universitarias y al despido de traballador@s.

Este es el panfleto que se repartirá públicamente durante la concentración: Read More

 

post

Concentración 3 de marzo no Obelisco – Cara a Folga Feminista

A CGT da Coruña, conxuntamente coa CUT, convoca unha concentración no Obelisco, o próximo sábado, 3 de marzo, ás 12:30 horas, para facer un chamamento a prol da Folga Xeral de 24 horas que está convocada en todo o estado espñaol para o día 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.

Para a CGT, a loita contra calquera tipo de desigualdade, xerarquización ou discriminación é prioritaria. Por iso, non podemos admitir a discriminación que, en moitos ordes da vida, teñen a maioría das mulleres traballadoras con respecto aos homes.

As reivindicacións e manifesto da CGT pódense ver picando aquí.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

A CGT da Coruña chama á Folga Xeral o 8 de marzo

QUEN CONVOCA?

A CGT en coordinación con organizacións do movemento feminista, quen vén expondo desde hai anos esta proposta dunha folga xeral centrada nas mulleres, tendo as mulleres un protagonismo especial na convocatoria e nas reivindicacións.

A QUEN AFECTA?

Afectará a todos os traballadores e traballadoras, de todos os ámbitos sectoriais, públicos e privados, sen distinción ningunha de situación laboral, sexo, idade ou condición social.

TIPO DE FOLGA

Folga Xeral o día 8 de marzo de 2018, de 24 horas (desde as 00 horas ata as 24 horas do mesmo día): folga laboral, de consumo, de coidados e estudantil. O obxectivo é parar a vida en toda a súa extensión e visibilizar o papel protagonista que ten a muller na engrenaxe desa vida. A folga xeral exponse como folga laboral (convocando a toda a clase traballadora); folga de coidados (que evidencie a sobrecarga e invisibilidade dos coidados, a ausencia de corresponsabilidade no traballo doméstico e de coidados, e permita a visibilidade máxima das mulleres); de consumo (ferramenta útil para loitar contra o capitalismo e potenciar a economía que poña a vida no centro), e estudantil (buscando o apoio e convocatoria dos sindicatos e organizacións estudantís).

 FINALIDADE DA FOLGA XERAL

Folga Xeral contra a ineficaz política en materia laboral, económica e social, que provoca desigualdade permitida entre homes e mulleres e converte ás mulleres en persoas de segunda.

MOTIVACIÓN E PETICIÓNS DA FOLGA

  1. Acabar coa desigualdade no ámbito laboral, económico e social das mulleres respecto dos homes.
  2. Poñer fin á desigualdade constatada da división sexual do traballo.
  3. A retirada das políticas, leis e actuacións do capital que levan a discriminación e desigual oportunidade no acceso ao emprego e na promoción profesional das mulleres, así como o fomento de medidas efectivas para a diminución da maior taxa de paro feminina.
  4. A adopción de medidas concretas e inmediatas que acaben coa brecha salarial e a desigualdade nas pensións.
  5. Modificar os estereotipos de xénero e a persistencia dos valores masculinos nas estruturas das organizacións.
  6. Control sobre as implantacións dos Plans de Igualdade nas empresas.
  7. A erradicación do persistente acoso sexual laboral, a precariedade laboral, a temporalidade e a alta taxa de contratos con xornadas parciais que sofren moitas mulleres.
  8. O establecemento de políticas laborais sociais e económicas que fagan efectivas a conciliación real da vida familiar laboral e persoal, así como a corresponsabilidade nos coidados.
  9. A consideración das tarefas de coidados como traballo remunerado e, polo tanto, con dereito a prestacións contributivas.
  10. A equiparación efectiva e real das Empregadas do Fogar ao réxime xeral.
  11. A esixencia ao goberno de medidas concretas e efectivas contra a violencia machista.
  12. A igualdade material efectiva das mulleres inmigrantes e refuxiadas.

RESUMEN – CONCLUSIÓNS

  • O sistema capitalista e patriarcal, sustentándose na capacidade reprodutiva das mulleres, relegou históricamente a estas ao ámbito privado, coas responsabilidades de reprodución e coidados; excluíndoas do ámbito público e, por tanto, da posibilidade de loitar contra a orde dominante, conseguindo así un mundo desigual, desvalorizando as funcións reprodutivas e de coidados, desposuíndoas de valor monetario e facéndoas invisibles. Así, as mulleres convertéronse en man de obra gratuíta, ao estilo das persoas escravas, para o mantemento do sistema.
  • Na CGT facémonos eco e viñemos denunciando a situación de explotación laboral, social e persoal, das mulleres da nosa clase, tanto en España como no resto do mundo, e que se define desde a  feminización da pobreza, a precariedade e a inxustiza.
  • Desde a CGT declaramos e loitamos por unhas relacións entre as persoas que non tivesen que verse sometidas a intercambios comerciais de ningún tipo e que, por tanto, a explotación laboral non existise, desaparecendo as relacións de traballo sometidas ás leis do mercado e deixando paso á autoorganización e a  autoxestión.
  • Defendemos e reivindicamos a autoxestión dos Servizos Públicos e denunciamos a privatización aos que estes están sometidos e que afecta especialmente ás mulleres en sectores como  telemárketing, limpeza, educación, sanidade…
  • É precisa a inclusión da economía igualitaria en todas as ordes da vida para erradicar as desigualdades como a brecha salarial, a explotación de dobre xornada, o acceso aos servizos sociais, pensións, á coeducación igualitarias, plans de igualdade, rompendo o "teito de cristal" porque todas as vidas merecen ser sostidas.
  • É de xustiza o recoñecemento dos dereitos das mulleres refuxiadas e inmigrantes con independencia do seu país de orixe e etnia.
  • Que existe é unha falsa igualdade, e denunciamos as situacións de dobre discriminación que sofren as mulleres, unha como clase traballadora (xa sexa remunerada ou sen remuneración a través dos traballos reprodutivos e de coidados) e outra como mulleres. As sucesivas «crises» económicas, nas que nos sitúan periodicamente a clase dominante político-financeira, seguen mantendo un sistema social, político e económico de progresiva desprotección e precarización cara ás persoas que desenvolven a maior parte das tarefas produtivas e reprodutivas do país e cara ás persoas que non poden traballar, mentres que incrementan os abanos salariais a favor dos equipos directivos, xuntas de accionistas e demais atracadores e corruptos que desde a política, a patronal e as institucións públicas e privadas, saquean o país.
  • Denunciamos o salario precario e o vivir na precariedade laboral, económica e de prestacións. É claro o descenso da taxa de actividade das mulleres no mercado laboral, o aumento do desemprego feminino, o aumento da temporalidade no traballo das mulleres, recárgaa dos coidados, a deterioración da súa saúde, a privación dos seus dereitos sexuais e reprodutivos.
  • Reivindicamos os espazos seguros, erradicando todos os tipos de violencias machistas, sexuais. Denunciamos o incremento da violencia que sofren moitas mulleres, tanto nos fogares como nas contornas laborais, manténdose os roles sexistas en todos os ámbitos da vida.
  • Denunciamos a cultura patriarcal, os recortes na lei do aborto, a represión do dereito á identidade persoal, a expropiación do corpo.
  • Porque os dereitos non se piden nin  mendigan, lóitanse e conquístanse ata erradicar o que as mulleres sigamos sendo precarias, submisas, devotas, invisibles. No contexto actual que estamos a vivir de constante perda de dereitos e liberdades, as persoas que conformamos a CGT loitamos contra todas as discriminacións e por conseguir a igualdade e facémolo xunto a todas aqueloutras persoas, colectivos, movementos, asembleas, organizacións que así o queren e senten.
  • As mulleres e homes da CGT, non nos resignamos á precariedade, á explotación, á exclusión, á inxustiza social e a desigualdade. Contra todos os abusos do sistema, a CGT convoca Folga Xeral, laboral, de consumo, de coidados, estudantil, xunto ao Movemento Feminista, de 24 horas, o 8 de Marzo de 2018, facendo un chamamento a toda a sociedade para que a secunde e participe en cantas accións, manifestacións e mobilizacións se organicen.
  • Igualmente, chamamos a que nos espazos privados nos que non sexa posible a folga xeral, se priorice a participación das mulleres sobre a dos homes.

 

SEN NÓS O MUNDO NON FUNCIONA

FOLGA PARA VIVIR, FOLGA PARA COIDARNOS

ÚNETE Á LOITA QUE SOMOS MOITAS

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Reunións de debate para o Congreso

A CGT da Coruña ven de convocar as reunións de debate para o próximo Congreso Confederal previas á Asemblea Xeral que terá lugar a finais de xaneiro.

O Congreso celebrarase en febreiro en Valencia e nel tomaranse acordos trascendentais para a CGT e o mevemento obreiro. A primeira reunión terá lugar o mércores, día 10 de xaneiro, ás 18:30 horas.

Faise un chamamento para a máxima participación.

Comité Local da Coruña da CGT

 

post

Exposición y Jornadas «Mujeres Libres»

Organizado por la CGT de Pontevedra, con la colaboración de la Fundación Cuña-Casasbellas, tendrá lugar el próximo martes, 24 de octubre, a las 19,30h, en la Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12) la inauguración de la Exposición y Jornadas sobre la organización libertaria Mujeres Libres, con motivo del 75 aniversario de su primer Congreso, constituyente de la Federación Nacional de Mujeres Libres (1937, Valencia). Todos los actos tendrán lugar en la misma Sala VerSus, con entrada libre y gratuita hasta completar aforo. El calendario y programa es: Read More