Concentracións en Galicia 27 de febreiro.
CGT- de Galicia fai un chamamento a todas as organizacións, colectivos e entidades do movemento social reivindicativo e ao conxunto da sociedade galega para que acudan e participen, en réxime de autoconvocatoriapara todos aqueles que sentan concernidos, das concentracións en defensa da Sanidade Pública, que terá lugar o sábado, 27 de febreiro, coincidente coas mobilizacións que terán lugar ese mesmo día e co mesmo motivo en decenas de localidades de toda España, respondendo o chamamento realizado pola Coordinadora Antiprivatizaciónda Sanidade ( CAS).
"A un ano do inicio da pandemia … atopámonos de novo co sistema sanitario ao bordo do colapso en moitos territorios, o que implicará mortes evitables, que como sempre afectarán máis á clase traballadora e aos sectores excluídos" É hora de esquecer diferenzas e loitar todos unidos contra a destrución programada do Sistema Nacional de Saúde e esixir a derrogación das leis privatizadoras.
En cumprimento destes obxectivos, son lemas sinalados da convocatoria en Defensa da Sanidade Pública:
- Derrogación da Lei 15/97 e do artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade. Nunca máis mortes evitables, nunca máis privatizacións, nin mercantilización da saúde.
- Fin da precariedade laboral en todo o ámbito sanitario e dun sistema de contratación fraudulento e en abuso de lei
- Aumento de persoais e servizos sanitarios, que garantan permanentemente a atención a todos os pacientes e, nestes momentos, afrontar adecuadamente a Covid19 con protección preventiva da saúde do persoal sanitario e usuarios.
- Xestión da sanidade pública con criterios sanitarios de atención aos pacientes e de prevención e non con criterios mercantís ou de recortes orzamentarios.
- Reforzamento, impulso e incremento orzamentario da Atención primaria, centrada na saúde.
- Por unha industria sanitaria, farmacéutica e investigación bio-sanitaria públicas
- Sanidade para todas as persoas, independentemente da situación administrativa
- Coidados dos nosos maiores con dignidade e atención adecuada ás súas necesidades. • Por un sistema sanitario centrado nos determinantes sociais da saúde e a enfermidade, universal, gratuíto e de calidade no momento da prestación.
- Non ás privatizacións aceleradas das partes rendibles dos sistemas sanitarios, á concesión a empresas privadas de servizos públicos do ámbito sanitario ou a implantación cada vez maior de mecanismos da empresa privada, baseada no ánimo de lucro, nos sistemas estatais, o que xera deterioración da calidade asistencial e incremento dos custos".
Pois é esta unha cuestión que afecta a todas as persoas.
Defendamos a sanidade pública, participemos nas concentracións do 27 de febreiro.