Pontevedra: Concentración por Gaza

La CGT de Pontevedra, conjuntamente con otras organizaciones sociales y sindicales, convoca para mañana, miércoles, 21 de noviembre, a las 8 de la tarde, en la Plaza de la Peregrina de Pontevedra, una Concentración unitaria en denuncia de los sucesos de Palestina y los crímenes que están cometiendo contra la población palestina de Gaza el gobierno y el ejército israelí y sus cómplices internacionales.
La CGT hace un llamamiento a toda la sociedad pontevedresa para que acuda a la concentración, y entre todos podamos desmontar este tinglado criminal que, denominándose «potencias democráticas», destroza el mundo y mata cada día decenas de miles de personas, con una excusa u otra, en la más completa impunidad.

CGT Pontevedra

 

Chamamento da CGT da Coruña á Folga Xeral

O DÍA 14, PAREMOS O PAÍS, PAREMOS AOS MALFEITORES

A CGT convoca, o próximo 14 de novembro, en coincidencia co resto de centrais sindicais, un Paro Xeral de 24 horas para protestar pola política antiobreira e antisocial do goberno e esixir a derrogación das medidas de reforma laboral e dos recortes de dereitos en todos os eidos. Esta protesta coincidirá tamén coas mobilizacións na maior parte de países europeos, así como con folgas xerais en Portugal, Italia, Grecia, Chipre e Malta.

Para a CGT, a situación que están pasando as clases populares, ante a indiferenza do poder, é intolerable. Case seis millóns de persoas sen traballo, preto de dous millóns de familias con todos no paro, máis de 500 familias que perden a súa vivenda cada día, un 20% da poboación en risco de exclusión e 8 millóns de nenos por baixo do albor de pobreza. Se a isto lle engadimos os recortes en educación, sanidade e dereitos laborais, teremos una fotografía arrepiante que hai que atallar. Read More

 

Concentración contra as medidas antiobreiras do goberno e a prol da Folga Xeral

A CGT da Coruña convoca unha concentración o día 31, mércores, ás 19:30 horas, no inicio da Rúa Real, da Coruña, no cruce da Rúa do Agar, en protesta polos recortes e as medidas antisociais do goberno e a prol do Paro Xeral de 24 horas que terá lugar o día 14 de novembro.

Para a CGT, a situación na que se atopan os traballadores e a poboación máis débil é intolerable e merecente da mobilización máis rotunda do pobo. A CGT considera que non se pode manter unha actitude de submisión e mansedume cando hai casi seis millóns de parados, 500 desafiuzamentos diarios e un 20% da poboación en grave risco de exclusión. Por iso non pode haber nin tregua nin descanso para os que se están beneficiando da chamada crise nin para aqueles que, desde o poder, a utilizan para deixar sen dereitos aos que non teñen culpa dos seus desmáns.

NON QUEDES NA CASA E SAE Á RÚA A BERRAR!

CONTRA A EXPLOTACIÓN E AS POLÍTICAS QUE NOS LEVAN Á MISERIA!

VIVA A FOLGA XERAL!

 

A CGT de Galicia non se adhire á Alianza Social Galega

A CGT de Galicia adoptou o acordo, na súa última Plenaria, de non adherirse á Alianza Social Galega, constituida a semana pasada por varios sindicatos e organizacións. Os motivos da CGT para tomar esta resolución son, fundamentalmente e entre outros, os seguintes:

a) O manifesto é unha declaración con moitas incongruencias e que dá cabida a todo tipo de reivindicacións, co único sentido de incluir as teimas de cada grupo, sen facer un discurso coherente.

b) O manifesto afirma que os problemas de Galicia parten da falta de competencias do Parlamento galego e do ataque ao idioma por parte do goberno central, afirmación non só discutible e simplista, senón que reduce as expectativas de loita ao ámbito político, deixando á poboación como simple comparsa nas mobilizacións que se poden facer desde a Alianza.

c) Elévase á categoría de principais forzas galegas aos autónomos, para os que se chega a pedir axudas individuais e para as súas organizacións, sen ningún tipo de discriminación e sen ter en conta que moitos deles son simples empresarios e explotadores do seu persoal.

 

 

 

 

Charla sobre objeción fiscal

El próximo jueves 31 de mayo tendrá lugar una charla sobre objeción fiscal en la declaración de la renta, a los gastos militares, en el local de CGT Vigo a las 20:30 h.
Organiza el Espazo Aberto Antimilitar: CGT, GAS y Ateneo Libertario de Vigo

 

 

Unid@s Por un Cambio Global

CGT Apoia e chama á mobilización o 15 de Outubro

A Confederación Xeral do Traballo (CGT), inmersa na defensa das persoas traballadoras e demais sectores populares, partícipe en conflictos laborais e sociais nas empresas, nos servizos públicos e na rúa, apoia e chama á participación no evento 15-O Mobilización Internacional «Unid@s por un cambio global»

MANIFESTACIÓN EN VIGO

SÁBADO 15 de Outubro SAÍDA PZA. ESPAà‘A ÁS 18:00h

 

Conferencia sobre a reforma laboral e a campaña confederal de outono

Este mércores 21 de setembro ás 19:00 na sé da Federación Local de Sindicatos de Vigo

Contaremos ca presencia de Luis Romón, Secretario de Organización do Secretariado Permanente da CGT do estado e de Jacinto Medrano, membro do Gabinete Xurídico Confederal.

En dita conferencia abordarase a reforma laboral e darase a coñecer o contido da campaña Confederal deste outono.