Manifestación en apoio ás persoas fuxidas da masacre

Co lema "Pasaxe segura xa!", diversas organizacións convocan para o próximo sábado, día 27, ás 19:30 horas, unha manifestación que s

Todos somos refuxiados

airá da Praia de Riazor e rematará no Obelisco. A esta convocatoria súmase a CGT da Coruña.

A manifestación faise coincidir na data coa "Marcha europea polos dereitos das persoas refuxiadas", que distintas organizacións de toda Europa convocan para esixir vías de accesos seguras ao continente para os milleiros de persoas que cada día se ven obrigadas a cruzar o Mediterráneo e as fronteiras xogándose literalmente a vida, mentres gobernos e estados non fan outra cousa que poñerlles todo tipo de obstáculos.

Non podemos quedar indiferentes ante a indignidade dos chamados "líderes europeos", que se limitan a dar voltas ao redor do problema sen aportar ningunha solución, no mellor dos casos, e a utilizar a xenofobia e a represión dos fuxidos en outros moitos; e non podemos quedar pasivos ante un problema que xa causou milleiros de mortes na guerra, milleiros de mortes na viaxe, máis de 10.000 nenos desaparecidos sen clarexar, etc.

A CGT da Coruña fai un chamamento para que non esquezamos o noso pasado e a nosa actualidade como emigrantes e amosemos a nosa solidariedade acudindo á manifestación.

Comité Local da CGT da Coruña

 

17 de xaneiro, Marea Branca en defensa da Sanidade Pública

a3mareablancacoruc3b1asantiagofinalA CGT da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade pública, participando o vindeiro domingo 17 de xaneiro, ás 12:30 horas, a unha nova edición da Marea Branca que terá lugar nas rúas de Santiago, Pontevedra e A Coruña (Obelisco).
Cunha redución orzamentaria en sanidade de máis un 10% o pasado ano pasado, con máis dun 22% na atención primaria e máis dun 30% en persoa, está clara a aposta do gobernó por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais.
Recortes, situación precaria dos traballadores e traballoras interinas, peche de más de 500 camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

Comité Local da CGT da Coruña

 

En defensa da Sanidade Pública … nova Marea Branca

mareabranca_nov2015A CGT anima a participar activamente o vindeiro domingo 15 de novembro nunha nova Marea Branca en defensa da Sanidade Pública, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.

As mobilizacións terán lugar simultaneamente na Coruña, Pontevedra e Compostela, ás 12:30 horas, nos seguintes puntos: Na Coruña, no Obelisco, en Pontevedra na Praza da Peregrina, en na Praza do Toural en Compostela.

 

 

As Marchas da Dignidade a Compostela, o 24 de outubro

cartaz_dignidade_24OAs Marchas da Dignidade, das que fai parte a CGT de Galicia, chaman a encher o Obradoiro nunha grande mobilización en Compostela, o vindeiro sábado 24 de Outubro. Varias columnas procedentes das diferentes cidades e vilas da Galiza van a confluir na Praza do Obradoiro, arredor das 12 do mediodía.

Os autobuses das Marchas da Dignidade da Coruña sairán da Praza de Ourense ás 09:45 horas.

A CGT da Coruña intégrase dentro da chamada Columna Norte, que partirá da explanada do antigo Mercado do Gando de Salgueiriños, ás 11 da mañá, marchando por Xoán XXIII e San Francisco até o Obradoiro.

O regreso farase ás 14:30 horas desde a lanzadeira de autobuses que está sobre o aparcadoiro da rúa Xoán XXIII.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Manifestacións das Marchas da Dignidade o 8 de outubro.

dignidadeA Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, da que fai parte a CGT de Galicia, ten convocado manifestacións nas principais cidades galegas, preparatorias da mobilización do vindeiro 24 en Compostela.

As manifestacións partirán dos seguintes puntos ás 20 horas, agás en Ferrol que o fará ás 18:30 horas:

  • Vigo: Praza de Fernando o Católico.
  • A Coruña: Praza de Portugal
  • Compostela: Porta do Camiño
  • Ourense: Subdelegación do Goberno
  • Lugo: Ronda da Muralla (Edificio Xunta)
  • Pontevedra: Praza da Peregrina.
  • Ferrol: Praza de Amada García.

 

Posición da CGT de Galicia na Asemblea das Marchas da Dignidade

O pasado sábado, día 19, tivo lugar na Coruña a II Asemblea Galega das Marchas da Dignidade. Nela interviron as plataformas comarcais e público en xeral, facendo as organizacións unha pequena intervención de dous minutos. O representante da CGT fixo a seguinte intervención:

A Confederación Xeral do Traballo, CGT de Galicia, comparte con esta Asamblea a necesidade de impulsar a organización das comarcas e plataformaslocais e reforzar a súa capacidade de decisión, respetando as súas iniciativas.
En segundo lugar, a función das Marchas da Dignidade é a movilización social permanente e non a intervención ou participación institucional, directa ou indirecta.
Terceiro: "Pan, Traballo, Teito e Dignidade" é un lema que une a centos de organizacións e a millóns de persoas en todo o Estado. Entendemos que este lema sintetiza ben o que somos, o que queremos ser, e a nosa vontade reivindicativa e de loita. Non é doado cambiar este lema dun día para outro. Por outra banda, non se poden confundir os lemas coas reivindicacións, que sí están ben expresas no manifesto unitario.

En cuarto lugar, a CGT considera necesario manter o calendario de movilizacións previsto en Galicia para este mes de outubro: manifestacións nas sete cidades galegas e, finalmente, todos xuntos a Compostela.

Secretariado Permanente da CGT de Galicia

 

ANDAINA LIBERTARIA

ANDAINA LIBERTARIA DO DOMINGO 27 DE SEPTEMBRO
LEIRO-PENA CORNEIRA
ORGANIZA A FEDERACIÓN LOCAL DE OURENSE
Cartel C.G.T

Dirixida a todos os compañeiros de CGT de Galicia.

Saíremos ás 10H dende a oficina de correos de Leiro, dirixíndonos hacia Lobosende e Parada, para continuar ata o parque forestal de Pena Corneira, subindo a pena e ao miradoiro. SErán alga máis de 11 Km. A andaina será guiada e en grupo, aínda que está ben sinalizada para os que queiran ir máis rápido. Os que queiran facela mais curta, poden unirse a nós en Parada, (Saida da cerretera de Osebe) ás 11 h, pero perderánse unha fermosa subida.
Tras a subida, faremos unha paella que, coas bebidas e os acompañantes, terá un custo de 8 €. Finalmente, sobre ás cinco da tarde, descenderemos pola mesma ruta.
A data límite para inscribrirse é o 21 de setembro, chamando ao móbil: 628237751 e preguntando por Juan Andrés, indicando o punto de inicio, (Leiro, Parada o solo yantar). Para calquera modificación, pondrémonos en contaco con vosco e o publicaremos na páxina WEB de CGT Galicia. ESPERAMOS VUESTRA PARTICIPACIÓN

 

Concentración na Coruña en defensa da Sanidade Pública

concentracion_chuacA CGT da Coruña apoia a concentración convocada para o vindeiro xoves, 3 de setembro, ás 12 horas, na rotonda do CHUAC, demandando solución para a doente Dolores Asunción. Esta mobilización está convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, da que fai parte a CGT da Coruña.

O caso de Dolores Asunción é un exemplo mais que representa a milleiros de casos que todos e todas coñecemos. Dolores, con 76 anos, logo dunha caída que lle ocasionou a rotura dun xeonllo, leva 8 meses agardando atención, coa mobilidade reducida e precisando atención continua nas 24 horas do día. A pesar de ter presentado 4 reclamacións, aínda non foi incorporada á lista de agarda para ser operada.

Chamamos a toda a afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar nas mobilizacións en defensa dunha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade.

Comité Local da CGT da Coruña

 

 

«Marea Branca» en defensa da sanidade pública o 19 de xullo

CARTELcgt_sANIDADEA CGT da Coruña fai un chamado a toda a súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar o vindeiro domingo 19 de xullo nunha nova "Marea Branca" convocada para as 12:30 horas no Obelisco da Coruña. Baixo o lema "A sanidade non se vende, deféndese!" esta mobilización está convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, da que fai parte a CGT da Coruña, por unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade: contra o peche de 1200 camas hospitalarias, contra a privatización da sanidade, polo dereito a vacinas e medicinas para todos e todas, … Na cidade de Compostela, a concentración terá lugar, o mesmo día e á mesma hora, na Praza do Toural.

Comité Local da CGT da Coruña