Manifestación contra o TTIP/CETA/TISA

ttipMañá, sábado, día 15, ás 19:00 horas, desde o Campo de Marte da Coruña terá saída unha manifestación contra os tratados TTIP/CETA/TISA, tratados de libre comercio que se están intentando impoñer entre EEUU e a UE.

A manifestación está convocada polas Marchas da Dignidade, das que forma parte a CGT e forma parte das mobilizacións en contra duns tratados que intentan entregar as nosas vidas ás multinacionais.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Nova concentración contra o Banco Santander en apoio a Carlos

noeresantanderA CGT da Coruña convoca a súa afiliación e simpatizantes a unha nova concentración diante da sede do Banco Santander na Coruña, no Cantón Pequeno, número 15-17, o próximo mércores, día 5 de outubro, ás 13:00 horas.

A causa desta mobilizacióh é a inxusta decisión da empresa de trasladar a Carlos, un compañeiro que vive na Coruña e traballa en Ferrol a pesar de estar con xornada reducida por ter unha filla á que atender, a Viveiro, facendo imposible dunha forma definitiva a súa conciliación.

Ante este abuso da empresa, non podemos estar quedos.

O SANTANDER CASTIGA A QUEN CONCILIA!

CONTRA OS ABUSOS DA EMPRESA, SOLIDARIEDADE!

Comité Local da CGT da Coruña

Máis información picando aqui

 

A CGT da Coruña viaxa a Madrid o 18 de xuño

nuevo-1 pequeño

A CGT da Coruña participará na manifestación "En defensa do público" que terá lugar en Madrid o día 18 deste mes de xuño. A CGT participará para reivindicar a recuperación, para todos, dos bens incautados polo Estado e polas diferentes formas que este adopta, dos bens comúns para que sexan xestionados por todos, é dicir, polos traballadores e usuarios afectados, a través de mecanismos de democracia directa.

A CGT da Coruña non está defendendo a estatalización da vida, senón unha vida na que se administren as cousas por todos en troques do goberno das persoas, que o único que fai é xustificar un sistema económico e social inxusto como é o actual.

Por iso, a CGT da Coruña acudirá a Madrid para manifestarse con milleiros de compañeiros e compañeiras do sindicato e centos de organizacións sociais que xa anunciaron o seu apoio á convocatoria para berrar a favor da defensa dos servizos públicos e pola recuperación do que é de todos.

Comité Local da Coruña

 

19 de xuño: Marea Branca en defensa da Sanidade Pública

a3mareablancacoruc3b1alugopontevedrafinal1A CGT chama a participar activamente o vindeiro domingo 19 de xuño nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade , convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.
As mobilizacións terán lugar simultaneamente nas cidades da Coruña, Pontevedra e Lugo, ás 13:00 horas, nos seguintes puntos: Na Coruña, no Obelisco; en Pontevedra, na Praza da Peregrina, e na Praza Maior, na cidade de Lugo.

 

4 Xuño: Manifestación en Pontevedra polo peche de ENCE-ELNOSA

Un ano máis a CGT de Pontevedra renova o seu compromiso na defensa do medio ambiente, do traballo e a saúde e pola recuperación da Ría para o benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, participando na Marcha anual 2016 polo Peche do complexo ENCE-Elnosa na marisma de Lourizán. A manifestación sairá este sábado, 4 de xuño, ás 19,30h das Alamedas de Pontevedra e Marín, para confluir ámbalas dúas columnas diante das portas de Celulosa, na beiramar.
No curso da manifestación a CGT de Pontevedra repartirá o seguinte texto: Read More

 

A CGT de Galicia chama a apoiar a Marcha da Dignidade a Lugo

A CGTcartaz 28M definitivo_redes de Galicia convoca a toda a súa afiliación, simpatizantes e pobo en xeral a que participe na manifestación que as Marchas da Dignidade que terá lugar o sábado, día 28 de maio, en Lugo.

A manifestación, que comezará ás 12:00 horas na Praza da Constitución, é un novo berro contra o capitalismo e os lacaios do capital, os gobernos, que están impoñendo este sistema de inxustiza e explotación á maioría da sociedade.

Este sábado levantaremos unha Muralla de Dignidade contra todos aqueles que oprimen e asoballan ao pobo.

PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE

Secretariado Permanente da CGT de Galicia

 

Primeiro de Maio na Coruña – Crónica

Unhas oitocentas persoas percorreron as rúas da Coruña na manifestación do Primeiro de Maio convocada, entre outras organizacións, pola CGT e pola CUT.

A manifestación estivo moi animada durante o percorrido e déronse berros contra a Europa do Capital e contra o capitalismo, entre outras consignas máis coñecidas, que foron reiteradas a coro masivamente.

Este ano o percorrido non rematou onde era habitual, senón no Campo da Leña (oficialmente, praza de Eapaña), na que se leu o manifesto conxunto. Unha vez lido o manifesto, no mesmo Campo da Leña, a CGT organizou un concerto no que participou o grupo «Os Tres Trebóns», que amenizou musicalmente o ambiente durante unha hora.

Como todos os anos, no local sindical celebrouse un xantar de confraternización.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Nova Marea Branca pola sanidade pública

A3 Marea Blanca 2 bj_Galego (2)Continúa a loita en defensa da sanidade pública cunha nova Marea Branca, xa a 11ª, o vindeiro domingo 17 de abril, ás 12:30. Fronte as metiras dos gobernantes (o ministro Montoro culpabilizando aos doentes), fronte as listas de agarda, a escaseza de material e medios, ante a empleo de prótesis e materiais de inferior calidade aos empregados ata o de agora, co fin de aforrar custos, e que está a provocar dor e sufrimento as e os doentes, chega unha nova Marea Branca, reclamando a derrogación das leis 15/1997 de novas formas de xestión da sanidade, a 16/2012 de medidas de sostenibilidade do sistema, o artigo 135 da Constitución que pon a débeda por diante das necesidades básicas da cidadanía e o artigo 90 da lei Xeral de Sanidade que posibilita a concertación con centros privados.

A CGT da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade pública, participando nesta nova edición da Marea Branca que terá lugar nas rúas de Lugo, Santiago, Pontevedra e A Coruña (Obelisco).

Comité Local da Coruña

 

Concentación en apoio ás persoas fuxidas da guerra

Foto pancarta 2O Comité Local da CGT da Coruña acordou apoiar a Concentración convocada mañá, mércores, 16 de marzo, ás 20:00 horas, no Obelisco, co obxectivo de manifestar a nosa solidariedade coas persoas que fuxen da guerra e que están sendo brutal e criminalmente tratados polas Autoridades da Unión Europea nas fronteiras orientais y no Mediterráneo, o que provoca ducias de mortes diarias e un sofrimento atroz a centos de milleiros de personas. En particular, denunciamos a reunión que estes días, 17 e 18 de marzo, terán en Bruxelas os Xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea para ratificar o indecente pacto que suscribiron co goberno de Turquía o pasado 14 de marzo.

Con ocasión deste desastre, maniféstase a auténtica face dos Estados e dos Gobernos: os Estados, amosando a súa natureza criminal intrínseca e os Gobernos facendo de lacaios inmisericordes do capitalismo trunfante. Nunca estivo máis crara a necesidade de acabar cunhas fronteiras que só serven para manternos artificialmente enfrontados uns aos outros co espellismo nacional e para cebarse cos máis necesitados de solidariedade e protección.

A CGT da Coruña fai un chamamento a toda a súa afiliación, simpatizantes, amigos e a toda a cidadanía á participación nesta concentración e a continuar a mobilización social ata conseguir parar o horrendo crime que os gobiernos europeos están levando a cabo no noso nome, pero polos seus bastardos intereses xeoestratéxicos e económicos.

ABAIXO AS FRONTEIRAS!

NON AO ACORDO UNIÓN EUROPEA-TURQUÍA!

REMATEMOS CON ESTA VERGOà‘A!

Comité Local da CGT da Coruña

 

Nova Marea Blanca: 13 de marzo

a3mareablancacoruc3b1asantiagofinal2O vindeiro domingo 13 de Marzo ás 12:30, terá lugar unha nova Marea Branca en defensa dunha sanidade pública e de calidade, rexeitando as listas de espera, o peche de camas e plantas enteiras dos hospitais, reclamando o acceso ás vacinas e medicacións para todos os doentes. Súmase tamén a denuncia da precariedade na atención xeriátrica.

Unha vez mais, a CGT da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade pública, participando nesta nova edición da Marea Branca que terá lugar nas rúas de Santiago, Pontevedra e A Coruña (Obelisco).