O Banco Santander réndese ante a mobilización da CGT

santanderA CGT da Coruña comunica que, tras meses de mobilizacións, o Banco Santander aceptou retirar o traslado forzoso do compañeiro Carlos, que fora obrigado pola empresa a trasladarse desde Ferrol ata Viveiro, a 120 quilómetros do seu domicilio, A Coruña.

Carlos está a prestar os seus servizos en xornada reducida por conciliación laboral, xa que ten que coidar dunha filla pequena. Cando pechou a sucursal na que traballaba, en lugar de recolocalo como aos seus compañeiros, foi destinado forzoso a Viveiro. Carlos pediu ser destinado a Coruña, que é onde vive, varias veces durante os últimos anos, sen que a empresa atendese a súa petición a pesar de haber prazas vacantes.

Onte, día 12, tiña que ser o xuízo do caso. Previamente á vista, a empresa, tras facer varios ofrecementos económicos para que Carlos abandonase o banco, que foron rexeitados polo traballador, acabou ofrecendo a retirada do traslado, que si foi aceptada.

Para a CGT, con esta decisión o Banco Santander repara só parcialmente a inxustiza cometida con Carlos, xa que seguiremos reclamando que o compañeiro sexa destinado a Coruña canto antes. Soamente a teimudez da empresa provocou esta situación esperpéntica.

Para a CGT, o resultado desta loita demostrou que esta serve e que a mobilización pode ser eficaz se é constante e non se desfalece.

A LOITA DE CARLOS É A DE TOD@S!
CARLOS Á CORUà‘A, XA!

Comité Local da CGT da Coruña

 

Unipost mobilízase de novo

Unipost abusoA CGT de Unipost-Galicia convoca unha manifestación o próximo venres, 16 de decembro, que sairá da Praza de Abastos de Compostela ás 19:00 horas, percorrerá o centro da cidade e rematará nunha concentración na Praza do Obradoiro.

O acto será unha protesta polo vencemento do pagamento da extra de Nadal, ademáis de reclamar o aboamento de todo o que se adébeda aos traballador@s e contra o fraccionamento que veñen sofrindo na recuperación das cantidades atrasadas.

UNIPOST, PAGA O QUE DEBES!

BASTA DE EXPLOTACIÓN LABORAL!

CGT de Unipost-Galicia

 

28 de novembro, folga no sector do telemárquetin

conveniotelemarketingmaniO luns, 28 de novembro, as traballadoras e traballadores do sector estamos chamados a unha xornada de folga de 24 horas en todo o Estado, como continuación ás mobilizacións iniciadas pola CGT hai varios meses polo bloqueo na negociación do convenio e para esixir un convenio que garanta unhas condicións laborais dignas, nun sector no que a maior parte dos contratos son a tempo parcial, os salarios son miserables e a estabilidade laboral e a conciliación familiar, inexistentes

Durante a xornada de loita as traballadoras e traballadores darán a coñecer as súas lamentables condicións laborais e as súas reivindicacións a partir das 12 en diversos puntos da cidade (Praza de Pontevedra, Obelisco, Praza de España, Catro camiños -diante do Corte Inglés-, diante da estación de autobuses e nas Conchiñas). Tras a repartición terá lugar unha comida-charla na que as traballadoras e traballadores do sector poñerán en común os seus problemas.

Sector de Telemárquetin – CGT da Coruña

 

O Santander castiga a quen concilia. Nova concentración en solidariedade con Carlos

concentracionsantanderA CGT da Coruña convoca unha nova concentración o próximo venres, 2 de decembro, ás 13:00 horas, diante da Dirección Territorial de Galicia do Banco Santander, sita no Cantón Grande da Coruña, na zona do Obelisco.

Carlos, que ten xornada reducida porque ten que coidar da súa filla pequena, foi trasladado forzosamente a 120 quilómetros da súa casa, nunha decisión repugnante do Banco Santander, que o único que quere es desfacerse dun traballador incómodo.

Despóis de meses de loita o xuízo foi fixado para o día 12 de decembro, luns, sen que a empresa amosara ningunha intención de recuar na súa inicua decisión.

BASTA XA DE ACOSO NO BANCO SANTANDER!

SE TOCAN A UN, TOCAN A TOD@S!

Comité Local da CGT da Coruña

 

A loita de Carlos contra o Banco Santander continúa

sitocan-a-unoA CGT convoca unha nova concentración diante do Banco Santander (Cantón Pequeno, 15-17) , o próximo mércores, día 2 de novembro, ás 13 horas.

Carlos ten unha orde de traslado para irse de Coruña ata Vimianzo, cunha filla á que ten que coidar e cunha xornada reducida precisamente por conciliación. O banco, o único que quere facer é castigar a un compañeiro que leva anos reclamando pola súa situación e do que se queren desfacer.

Máis información, picando nesta ligazón.

 

 

48 horas de folga en Atento

A CGT, ante a intencióCABECERAn da empresa de abrir un proceso de modificación sustancial das condicións de traballo (son máis de 1.000 traballador@s afectad@s, 52 no centro de traballo da Coruña), decidiu a convocatoria de dous paros de 24 horas os días 28 e 31 de outubro.

A CGT ven sostendo, durante a negociación, que non queda probada a causa aducida por Atento, que se escuda en Movistar, e que unha axuste como o que queren impoñer non ten por qué levar aparelladas peores condicións laborais para ninguén.

Coincidindo cos paros, a CGT convoca concentracións diante da tenda de Movistar na Praza de Pontevedra, ás 19:00 horas. Coas mobilizacións a CGT esixe a retirada das inxustificadas modificacións, que implican perdas de salario cambios de turno a persoas en pluriemprego, rotacións de 9 días de traballo seguidos e imposición de quendas partidas, incluidos sábados e domingos, a compañeir@s que teñen redución de xornada por coidado de familiar, impedindo calquera forma de conciliación.

Comité Local da Coruña da CGT 

 

@s traballador@s de Atento volven á loita

luchamosAtento e Movistar queren partir a vida a 1000 traballador@s

A pasada semana Atento iniciou un proceso de modificación das condicións de traballo que afectará a máis de mil traballadores e traballadoras en todo o estado; os cambios supoñen perda de salario, cambios á quenda partida en persoas que recorren ao pruriemprego para poder ter salarios que lles permitan subsistir e así non van poder facelo, quendas de ata 9 días de traballo seguidos cada dúas semanas… todas estas salvaxes alteracións coa única escusa de que Movistar vai reducir o seu horario de atención comercial tres horas ao día. Read More

 

Isto é a Xustiza do Estado: De 11 a 14 anos de cárcere por defender a universidade pública

A CGcartel-proyecto-pontevedraT de Pontevedra convoca unha concentración o próximo xoves, día 20, ás 19:30 horas, na Praza da Peregrina, en Pontevedra, para denunciar a violencia do Estado eos seus brazos represivos: Leis, tribunais e fiscais Mordazas, capaces de ameazar con penas de 11 a 14 anos de cárcere a traballadores i estudiantes cuxo único ‘delito" foi opoñerse -sin outra violencia que a pacífica ocupación das oficinas do rectorado universitario- a unha brutal suba do 66% das taxas e o despedimento de traballador@s. Read More

 

De 11 a 14 anos de cárcere por defender a universidade pública

cartel-proyecto-3A CGT da Coruña convoca unha concentración o próximo xoves, día 20, ás 19:30 horas, diante da Subdelegación do Goberno na Coruña, polos motivos que se expoñen:

En abril de 2013 realozouse unha ocupación do rectorado da Universidad Autónoma de Barcelona para esixir o cumprimento do acordo do claustro contraria a unha brutal suba do 66% das taxas e despedimento de traballador@s.

Varios profsores amosaron a súa solidariedade, entre eles Ermengol Gassiot, actual Secretario Xeral da CGT de Cataluña. Neste contexto, a CGT da universidade realizou unha férrea oposición ás políticas neoliberais de recortes lideradas polo rectorado. Read More

 

Folga en Extel – Rodea a Torre de Hércules

extelherculesMañá, martes, día 18 de outubro, @s traballador@s de Extel farán outra folga de 24 horas para manifestar o seu rexeitamento do ERE presentado pola empresa que pretende suprimir 355 postos de traballo (205 na Coruña).

Coincidindo con este paro, @s traballador@s rodearán a Torre de Hércules a partir das 12:00 horas.

Este ERE está totalmente inxustificado, dado que as chamadas do 1004. servizo de antención ao cliente de Movistar, non van desaparecer dun día para outro, senón que, seguramente serán desviadas a lugares onde as condicións laborais son aínda máis precarias. O argumento da empresa no que se indica que desde o día 1 de outubro descendería o número de chamadas non é certo; seguen a producirse centos delas que non poden ser atendidas debido a que a empresa non ten renovado a 330 traballador@s en algúns dos centros do que Adecco ten en todo o estado.

Sección Sindical da CGT en Extel – A Coruña