post

28 de abril, Asemblea de Unipost Galicia na Coruña

Os traballadores e traballadoras de Unipost Galicia están convocados a unha Asemblea que terá lugar o vindeiro venres, 28 de abril, ás 19 horas, no local sindical da CGT da Coruña, na rúa de Simón Bolivar 89.

Entre outros asuntos, serán presentadas e debatidas as propostas para enfrontar os impagos e fraccionamentos das nóminas, así como a IV Marcha Laranxa, que terá lugar o 12 de maio en Ourense.

 

 

post

Primeiro de Maio na Coruña

Neste Primeiro de Maio, a CGT da Coruña convoca manifestación que sairá da praza de Pontevedra ás 12:30 horas, manifestación que percorrerá o centro da cidade e rematará no Campo da Leña. A manifestación celebrarase conxuntamente cos sindicatos CUT, STEGA, SF e SE.

A situación dos traballadores non fai máis que empeorar, a pesar das «boísima situación económica» que ten o país, segundo o goberno. Salarios de miseria e condicións laborais de escravitude son situacións cotiás que non podemos seguir aturando.

Por iso hai que seguir nas rúas, para amosar a nosa protesta, para reclamar dignidade, para dicirlles aos poderosos que non imos continuar tragando as súas imposicións e que imos acabar con este sistema capitalista inxusto e insolidario.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

A Coruña. Continúan as concentracións en solidariedade con Alfredo

A CGT convoca concentracións, ata novo aviso, todos os martes, ás 13:00 horas, diante do centro de traballo que a empresa Atento ten na rúa Juan Flórez da Coruña, Esta concentración, que se repite en todos os centros de Atento de España, está motivada pola sanción de 60 días de emprego e soldo ao compañeiro Alfredo Jorge (Fredie), de Madrid.

Con esta sanción, Atento volve a usar a política do medo contra os que se resisten a tragar co sen «bo facer» laboral. Con este ataque desta empresa experta en precariedade condena ao traballador aínda máis á miseria, provocando que non se podan aumir as facturas mási básicas (aluguer, mantenza, luz, auga, gas, etc.).

Este novo ataque á CGT non vai quedar impune nin vai cambiar nada na acción do noso sindicato, e, por suposto, non nos vai calar.

60 DÍAS SEN COBRAR, TERRORISMO EMPRESARIAL!

Comité Local da CGT da Coruña

 

 

post

[Vigo] Acción conxunta 1º de maio

O 1º de Maio, a CGT, con outros sindicatos do bloque combativo, Cut, Steg, S. Ferroviario, S. de Elevación e S. de Xornalistas, sairá de novo á rúa, a reivindicar «Pan, Traballo, Teito e Igualdade», porque a loita está na rúa, e non nos despachos. A manifestación partirá da Praza Fernando o Católico ás 11h da mañá, e finalizará na chaira da Praza do Rei, no Cortello de Vigo, diante do Campamento Dignidade, que desde hai xa dous meses, vén loitando para ser recibidos a fin de afrontar a procura de solucións aos Desafiuzamentos, unha alternativa de vida para os Sen Teito que viven na rúa e analizar os problemas do Albergue Municipal da C/Valterra. Con esta medida, pretendemos mostrar a nosa Solidariedade, Compañeirismo, Apoio Mutuo e o compromiso de non cejar no noso empeño de seguir loitando ata a vitoria.

Convidamos a todos os colectivos sociais, a sumarse a esta manifestación, que poñerá en valor esta xornada de loita que tanto significado para a clase traballadora en xeral, e para o Anarcosindicalismo en particular. Xornada de loita, que non festiva, que ha de ser un acicate para recobrar máis forza, a fin de camiñar cara ao 27 de Maio, outra xornada de loita que ha de levarnos a Madrid, coas Marchas da Dignidade.

Saúde

 

post

Atento A Coruña. Concentración pola retirada do expediente a Alfredo.

O pasado día 6, a empresa volve intentar reprimir a acción sindical da CGT. esta vez a vítima é un compañeiro de Xetafe, Alfredo Jorge. Acúsanno dun sinsentido, de facer chamadas ao seu móvil desde o AVAYA, non atendendo así as chamadas que se reciben no servizo.

Temos moi craro que molestamos moito á empresa. Como antes foron Montse, Pilar, Sabela, Rubén, Juan e Abel, agora tócalle a Alfredo.

En contra da represión do compañeiro, convócase concentración mañá, martes, ás 13:00 horas, diante do centro de traballo de Atento na Coruña.

NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!

BASTA XA DE REPRESIÓN!

RETIRADA DO EXPEDIENTE SANCIONADOR!

Comité Local da Coruña

 

post

[Vigo] Acción Sindical – Caravana protesta Mercadona 7-4-2017

O venres 7, realizamos unha xornada de protesta contra a represion e despedimentos inxustificados que Mercadona está a realizar por toda España. Montamos unha caravana de protesta coa que visitamos distintos centros de Vigo.

Mercadona despide a traballadores de máis de 10 anos de antiguedade laboral con acusacións de roubo totalmente ficticias. Logo nas portas dos SMACS recoñece a improcedencia. Unha maniobra coa que pretende é eliminar aos traballadores que reclaman os seus dereitos.

Mercadona conta como sindicatos amarelos e lamentablemente tamén coa complicidade de CCOO e UGT.

 

post

Terceira Marcha Laranxa de Unipost o 31 de marzo na Coruña

O próximo 31 de marzo a CGT convoca a tod@*s @*s traballador@s de Unipost en Galicia a participar e dar visibilidade aos problemas que están a sofrir, cunha nova MARCHA LARANXA que comezará ñas 20:00 horas no Obelisco e percorrerá as rúas da Coruña, e que será a TERCEIRA tras as xa realizadas en Santiago de Compostela e Pontevedra. Por iso, pedimos a participación de tod@*s a este acto reivindicativo e onde sacaremos á rúa os atropelos de Unipost cara ao seu persoal.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

[Vigo] Reunión representantes CGT ante a nova situación de Opel e PSA

Reunímonos en Vigo representantes da CGT das factorías de PSA Vigo e Villaverde así como Opel Figueruelas para analizar a situación na que se atopan os traballadores do grupo ante a absorción da Opel por parte da firma automobilística francesa. A CGT propoñerá a CUT e CIG unha unión sindical que vele polos dereitos dos traballadores xa que ven «pola experiencia previa» que a integración de Opel supoñerá novos recortes nos dereitos dos e das traballadoras.

César Yagà¼es, da CGT Zaragoza, destacou que tras o anuncio da absorción a dirección da planta comunicou que a adxudicación do Opel Corsa, modelo histórico na factoría, suspendíase temporalmente. Yagà¼es denuncia que desde o Grupo PSA propoñeranse novos «concursos de beleza» nos que se fará competir ás factorías españolas para «rebaixar as súas condicións laborais para recibir novos modelos». Nós demandamos que a repartición de modelos «debe ser equtativa para dar traballo a todos os empregados» e que este tipo de movementos «efrentan ás factorías e os traballadores».