post

[Vigo] Mobilización Eroski 08-06-2017

Este xoves 8 de xuño de novo voltamos a percorrer as rúas demandando que cesen os despedimentos arbitrários no holding EROSKI CENTER – FAMILIA e que se readmitan as nove traballadoras despedidas.
Conxuntamente con UGT e CIG saimos ás 11h da Praza de Fernando o Católico e recorremos as rúas de Vigo ata o Centro Familia do Mercado do Progreso.
Seguimos!!

 

post

[Vigo] Convocatoria Asemblea Sindicato Oficios Varios

Asemblea do Sindicato de Oficios Varios

A toda a afiliación:

Pola presente, convócase a todos os afiliados á Asemblea do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, que terá lugar o vindeiro mércores día 14 de xuño, nos locais do sindicato a partir das 17h da tarde, a fin de debater a orde do día do Pleno da CXT de Galicia, coa seguinte Orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Apertura do Pleno

2. Elección de Mesa

3. Modificación de Estatutos de CXT de Galicia no referido a Sectores Laborais de Galicia.

Na confianza de que asistades, a fin de debater con garantía todos os puntos contidos na citada Orde do día, aproveitamos para saudarvos atentamente. Un forte abrazo e un saúdo libertario.

En Vigo, ao 6 de xuño de 2017.

Fdo. Secretaría de Acción Sindical de Oficios Varios

 

post

Compostela. Concentración para esixir a readmisión de Ana en Unipost

A CGT de Unipost de Compostela, ante a actitude noxenta da empresa Unipost, que decidiu rachar o contrato de traballo da compañeira Ana por estar embarazada, acordou convocar unha concentración de protesta e solidariedade para o venres, día 2, ás 19:00 horas, na Praza Vermella de Compostela.

Para a CGT, a actitude da empresa non pode ser consentida e fai un chamamento a toda a afiliación e o pobo traballador a que apoie dita concentración, apoio que sirva para deter estas actitudes empresariais e conseguir a readmisión da compañeira.

CGT Unipost Compostela

 

post

A Coruna. Acto en memoria das vítimas da represión da Folga Xeral de 1901

Como todos os anos, a CGT celebrará unha ofrenda floral no monolito que as sociedades obreiras, por suscrición popular, erixiron o ano 1906 no cemiterio de San Amaro en memoria das vítimas da folga xeral que tivo lugar na Coruña os días 30 e 31 de maio de 1901. O acto terá lugar o próximo domingo, día 4 de xuño, ás 12:30 horas.

Ao remate do acto, trasladarémonos á Avenida de Navarra, para facer outra ofrenda no conxunto escultórico erixido en memoria das vítimas do franquismo.

Máis información sobre so sucesos de 1901: A folga de 1901, no blog Memoria Libertaria na Galiza.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Compostela. Unipost despide a unha carteira embarazada tras notificar dita situación

Despois de notificarlle a Unipost, o pasado venres 26 de maio, a traballadora A.M.P.G. que se atopaba na súa décima semana de xestación, hoxe, luns 29 de maio de 2017, no seu primeiro día de traballo tras a notificación de embarazo, e ao finalizar a súa xornada laboral, o seu xefe comunícalle a rescisión do contrato e que desde ese momento xa non traballa para Unipost.

Non conforme Unipost con manter aos seus traballadores nun estado de precariedade e emerxencia social permanente, atenta agora contra os dereitos fundamentais dos traballadores discriminando a unha muller polo simple feito de estar embarazada en pleno século XXI.

Este feito ocorre, ademais, dentro dun marco de incumprimento por parte deUnipost das súas obrigacións cara aos traballadores: atrasos constantes nas nóminas, as pagas extraordinarias de 2016 aínda sen abonar, as do 2017 corren igual sorte e unha negociación do convenio colectivo bloqueado por parte de *Unipost.

Para a CGT, este feito é intolerable e utilizará todos os mecanismos existentes para lograr a readmisión da traballadora.

Sección Sindical de CGT en Unipost Compostela

 

 

post

A Coruña. Asembleas, concentración e folga en Extel contra as pretensións da empresa

A CGT, tras a actitude da empresa na última reunión falsamente negociadora sobre a modificación substacial das condicións de traballo, decidiu convocar un novo paro de 24 horas en todos os centros de traballo que a empresa ten no estado o mércores día 24. No centro da Coruña, a folga é convocada tamén pola CIG.

A empresa pretende decretar que se traballe o máximo número de fins de semana posibles, que se modifiquen quendas, que se reduza a xornada… En definitiva, a empresa non contempla que os traballadores teñan vida fóra da súa consecución de beneficios empresariais. Con isto, a empresa obriga a renunciar aos postos de traballo ou a traballar en condicións que raian na escravitude. E iso a CGT non o vai consentir.

Para informar do acontecido na reunión, celebrarnase asembleas no edificio sindical de Alfonso Molina, o martes, día 23, ás 12:30 e ás 16:15. Tamén, o mesmo día do paro, o día 24, haberá concentración-pitada diante da tenda de Movistar da Praza de Pontevedra ás 12:00 horas.

SÓ COA NOSA UNIÓN PODEREMOS AMOSAR A NOSA FORZA!

AS NOSAS VIDAS NON SE VENDEN!

CGT da Coruña

 

post

A Coruña. Continúan as concentracións en solidariedade con Fredie

A CGT da Coruña convoca unha nova concentración diante do centro de traballo que a empresa Atento ten na Coruña, na rúa de Juan Flórez, o día 23, martes, a partir das 20:00 horas. Con esta concentración a CGT quere seguir manifestando o seu apoio a Fredie, sancionado con 60 días de suspensión de emprego e soldo pola empresa, cuxa única motivación é a de amosar aos traballadores que é ela quen manda e que non está disposta a aturar a traballador@s díscol@s e loitador@s.

A empresa xa debería coñecer á CGT e debería saber que non nos vai amedrentar nin nos van calar. Por iso, continuaremos concentrándonos e denunciando ante a opinión pública as prácticas represivas dunha patronal insaciable.

60 DÍAS SEN COBRAR, TERRORISMO PATRONAL!

Comité Local da Coruña CGT

 

 

post

[Vigo] Acción sindical contra os abusos en Hiperxel 19-05-2017

Nova mobilización contra os abusos da empresa Hiperxel (Grupo Iberconsa). O pasado venres 19 de maio realizamos unha caravana de protesta con concentracións diante de tres centros de Hiperxel reclamando a admisión das traballadoras despedidas e contra o peche de tres tendas sen previo aviso.

 

post

[Vigo] Caravana protesta contra Hiperxel

 O venres 19 continuamos coas mobilización contra os despedimentos e os peches sen comunicación ao comité de tres tendas Hiperxel do grupo Iberconsa. Saimos de novo en caravana de protesta dende o hiperxel de Torrecedeira (10:30h)  e iremos ao centro de rúa Urzaiz e remataremos na tenda Hiperxel de Dobrada .