El sindicato CGT en Emafesa, a empresa suministradora de agua en Ferrol, acaba de presentar un Conflicto Colectivo, por impago, contra la empresa, que, en un primer paso, tendrá el acto de conciliación el próximo 3 de enero de 2025 a la 9:30 en el SMAC (Servicio de Mediación Arbitraje y Conciliación). Tal pago, se debió de realizar, el pasado mes de julio de 2024, según publicaba el Boletín Oficial del Estado, para el Sector Público. Pero llegadas las nóminas de dicho mes, ni se incluyó el pago de los atrasos desde el 1 de enero de 2024, ni la subida del 2 %. Preguntada la empresa a principios de agosto, dijeron, no estar enterados de que hubiera que aplicar la subida en el mes de julio, en cuanto les informamos de la publicación en el BOE, alegaron, de palabra, que lo vinculaban a la firma del convenio que actualmente, se está negociando, argumento que para la CGT, ni es válido, ni correcto, por lo que decidimos solicitar por escrito que nos digan en qué fecha van a pagar los atrasos, aplicar la subida, y además, que nos justifiquen el retraso en el pago. Desde el pasado 24 de septiembre, en que lo solicitamos por escrito, la empresa, no ha respondido, y ya van cinco nóminas sin cobrar los atrasos ni percibir la subida del 2 % de este año 2024. El gobierno, nos la retrasa seis meses, y ahora, Emafesa, va camino de retrasarla, otros 6 más, y pretenden retrasarla todavía más, vinculándola a la firma del nuevo Convenio Colectivo, lo que para nosotros es una clara presión para su rápida firma, y además, vendernos como subida de convenio algo que no es materia de negociación a nivel de Convenio de Empresa. Y con este nuevo conflicto, ya suman ocho, los que tenemos abiertos con la dirección de la empresa, y generados por ellos mismos.
O pasado martes, día 17, o persoal de Navantia votou en contra de asinar o novo Convenio Colectivo auspiciado polo resto dos sindicatos compinchados coa empresa. O NON gañou co 56% dos votos, co que se pode dicir que a empresa, e os sindicatos amigos, levaron unha labazada tremenda. Toda a información está no número 194 da «Folla da CGT«, editada pola CGT de Navantia-Ferrol. Pódese ver ou descargar picando nas ligazóns de embaixo.
Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol
A CGT de Navantia en Ferrol ven de publicar o seu número 192. Este número é especialmente interesante porque fai unha análise do Borrador do Convenio en comparanza coa táboa reivindicativa aprobada polo cadro de persoal. Como se pode ver, a maioría das reivindicacións non foron aceptadas, polo que a CGT pide o voto negativo no referéndum que terá lugar o día 17, martes.
A sección Sindical de Correos da CGT da Coruña ven de publicar o novo boletín de outono da súa publicación «Buzón Rebelde», que ten información de interese para o cadro do persoal. Nesta ocasión, entre outra información, o boletín inclúe:
Outro acordo para «salvar» Correos: fume e ningún compromiso
Amazon abre a nave de Cambre
Ameazas sobre anulación de APS e outros permisos. Como actuar?
Convenio colectivo: é hora de avanzar en dereitos
O «Buzón rebelde» inclúe varios QR para que que desexe amplie información.
CGT de Correos – A Coruña
Podes ler ou abrir o boletín picando aquí embaixo:
Cando aínda resoan os ecos do escándalo a nivel estatal pola filtración dun exame das oposicións a RTVE, o Tribunal Supremo ven de inadmitir o recurso de Navantia contra a sentencia do TSXG pola que obrigaba a empresa a admitir a unha traballadora excluída do proceso selectivo de operarias universitarias sénior por “exceso de madureza persoal e exceso de coñecemento profesional”.
A traballadora obtivera na proba de selección unha puntuación de 20 sobre un máximo de 21 puntosposibles na proba. Houbo persoas que con tan só 2 puntos superaron a proba, pero unha candidata con 20 puntos foi excluída.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ditou sentencia cualificando os argumentos de Navantia como “retórica [que] non ten nin un mínimo sustento nos criterios de selección da convocatoria”, afirmando que a actitude da empresa tiña sido “arbitraria e contraditoria”, polo que Navantia vulnerou os principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso ó emprego público, polo que foi condenada a convocar á demandante “para a última fase do proceso selectivo (…) sen que isto afecte ós contratos de traballo que xa puidesen terse celebrado coas persoas seleccionadas”.
Dende a Sección Sindical unitaria da CGT en Navantiaxa se viña denunciando casos graves de irregularidades como o baremo inxusto nas prazas de operarios júnior, a utilización que non outorga a mesma puntuación a títulos académicos iguais, a utilización dun falso psicólogo lle dar aparencia “científica” ás súas argalladas e arbitrariedades, ou os enchufes en Compras.
Tralo pronunciamento do TS, debe agora convocar á compañeira excluída ao recoñecemento médico, ultima fase do proceso selectivo, cumprindo a lei e acatando a sentenza, ou seguir insistindo no delito. A decisión que tome retratará á dirección de Navantia.
En resposta á petición da Federación de Sindicatos palestinos, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) e a Confederación Sindical «Solidaridad Obrera» teñen convocado, en todo o estado español, unha Folga Xeral e xornada de loita polo fin do xenocidio e o apartheid contra o pobo palestino, para o vindeiro 27 de setembro.
A CGT de Galicia fai un chamamento a toda a clase traballadora e á cidadanía a secundar a xornada de folga e mailas mobilizacións que terán lugar nese día:
A Coruña: Manifestación, con saída do Obelisco, ás 20 horas.
Compostela: Manifestación, con saída da Praza Roxa, ás 12 horas; e Concentración no Obradoiro, ás 19 horas
Ferrol: Concentración na praza da Vella, ás 20 horas.
Ourense: Manifestación, con saída desde praza das Mercedes, ás 20 horas.
Pontevedra: Manifestación, con saída do Hospital, ás 20 horas.
Redondela: Concentración, fronte BBVA-Santander na rúa Alfonso XII, ás 11 horas.
O vindeiro domingo, día 02 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de santo Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras asasinadas, vítimas da represión, durante a folga xeral (a coñecida como «folga dos consumeiros») que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901. A homenaxe terá lugar no monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906. Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de todxs os represaliadxs polo franquismo.
Comité Local da CGT da Coruña
Breve reseña histórica da «Folga dos consumeiros»
A finais de maio de 1901, os empregados de consumos da Coruña declaráronse en folga para conseguiren unha serie de melloras laborais. Eran os consumeiros, que así se chamaban, os encargados de recadar os impostos municipais de consumos, función que estaba cedida a un particular, do que eran empregados.
Na tarde do 30 de maio, cando se celebraba unha concentración ante o fielato de Catro Camiños, no que estaban traballando esquirois, producíuse o asasinato do empregado de consumos Mauro Sánchez por parte da Garda Civil, presumiblemente por se resistir á súa detención. Inmediatamente, as sociedade obreiras decretaron folga xeral e o enterro do traballador, o día 31, transformouse nunha impresionante manifestación antiburguesa. Unha inxente multitude dispúxose a acompañar ao consumeiro na súa derradeira viaxe, pero as autoridades militares (se tiña decretado a lei marcial) non estaban dispostas a consentiren tal desafío ao seu poder. En pleno centro da cidade, as tropas dispararon a quemarropa contra a multitude, causando víctimas entre os traballadores e traballadoras que nela había. O resultado foi a morte de oito persoas mais e varios mutilados pola acción dos sables, balas e cabalos da tropa.
Catro traballadoras e cinco traballadores coruñeses morreron naquelas xornadas. Na súa lembranza, as sociedades obreiras coruñesas, por suscripción popular, erixiron en 1906 un monumento no cemiterio de San Amaro, que aínda existe.
Os asasinados foron os seguintes:
Mauro Sánchez: consumeiro de 34 anos. Vivía coa súa muller e cinco fillos na estrada da Torre. Morto por bala na cabeza.
Benita García Torres e Manuela González Seijo: serventas do Hotel de Francia de 20 e 29 anos respectivamente. Mortas dun balazo no ventre cando estaban asomadas nunha galería.
Josefa Corral: 42 anos. Un balazo na cabeza cando estaba sentada na galería da súa casa en San Andrés.
Antonio Bruno Orro: Augador. Recibiu un balazo no peito en San Andrés.
Antonio M.ª Veiga: Carpinteiro. Morreu no hospital tras recibir un balazo na Rúa Real.
Francisco García Lodeiro, alias Carabel: Aserrador de 35 anos. Natural de Mabegondo. Morto por un balazo no ventre na Rúa Alta.
Jacobo García: Zapateiro. Escondeuse no local da Sociedade de Oficios Varios da rúa Cordelería e morreu dun balazo.
Encarnación Alonso: Esposa dun hoxalateiro da rúa de San Andrés. Foi ferida de bala no peito estando na súa casa. Moreu pouco despois a causa das feridas.
Non contentos con tal canallada, o Capitán Xeral, un individuo chamado José Lachambre Domínguez e coñecido na Coruña como o amigo do frasco da xinebra, comezou a deter a traballadores a partires do dous de xuño, conseguindo coa súa fazaña que mais de cen foran presos e varios deles condeados a cadea.
Eentre os condeados estaban os consumeiros Venancio González Escontrela (a vinte anos de cadea) e Manuel Mosquera Morano (a seis anos), o secretario da sociedade de pintores Juan Santos Martínez (a seis anos) e o secretario de «Oficios Varios» Juan José Cebrián (a doce anos), por sedición e insulto á forza pública. Hai que suliñar que entre os detidos estaban os traballadores que enviaban aos seus fillos á escola que tiña montada a asociación Antorcha Galaica do Libre Pensamento, por este simple motivo.
Ante o escándalo internacional, os militares xulgaron nun tribunal de honra ao tenente Pedro Vázquez, que mandaba a tropa, que foi condeado á súa expulsión do corpo. Non entendendo cecais o cativo alcance da xustiza militar, aos poucos días, o compañeiro anarquista Ricardo Cotelo disparou contra o tenente, pero este librouse polos pelos, fuxindo entre unha persecución polo campo da Leña na que interviron varias mulleres que pasaban polo lugar.
Pouco a pouco conseguiuse o retorno de todos os condeados ao declararse ilegal a actuación militar mediante un resquicio legal, ao ser os actos dos que se lles acusou anteriores á entrada en vigor do bando de guerra.
Estes feitos foron ocultados pola burguesía, de xeito que as xeneracións seguintes a descoñeceran. Somentes algunhas asociacións obreiras e particulares decidiron, ano tras ano, seguir levando flores ao monolito erixido en 1906. Ata hoxe.
Baixo o lema CONTRA O XENOCIDIO DO POBO PALESTINO, A MILITARIZACIÓN E A GUERRA, arredor de 1.000 persoas participaron na manifestación do Primeiro de Maio, convocada na Coruña polos sindicatos CGT, CNT, CUT e Sindicato da Elevación, que saíu ás 12:30 da praza de Pontevedra. Durante o percorrido coreáronse berros reivindicativos alusivos á data e á convocatoria. A manifestación rematou pasadas as 13:00 no Campo da Leña, onde se leu o seguinte manifesto:
Compañeiras e compañeiros:
A pesar das mensaxes triunfalistas do goberno actual, a situación da clase traballadora non deixa de empeorar.
A reforma laboral, aprobada na anterior lexislatura, apenas recuperaba algúns dos dereitos arrebatados nas impostas reformas laborais anteriores, nunha manobra que, pola contra, consolidou a maioría dos dereitos subtraídos, entre os que se atopaba o abaratamento do despedimento, tanto en días como mantendo a eliminación dos salarios de tramitación. Para proba do devandito só fai falta constatar quen aplaudiu a reforma: sindicatos do réxime, patronal, a banca, organismos internacionais liberais e outros miserables da mesma catadura.
As cifras oficiais poden falar dunha maior ocupación ou do descenso da temporalidade, pero o certo é que a precariedade foi en aumento, os despedimentos prodúcense igual e o poder adquisitivo caeu en picado para a maioría da poboación.
A pesar do incremento do Salario Mínimo Interprofesional, a realidade que vemos todos os días é que son cada vez máis as familias con serias dificultades para chegar a fin de mes ou as persoas que tendo un traballo non alcanzan a cubrir o custo dos alugueiros, nun contexto onde todas comprobamos de que modo escalaron os prezos do máis básico, da comida ou dos combustibles.
Nin as revalorizacións das pensións co IPC, nin os aumentos pactados nos convenios (quen os teñen) paliaron a perda de rendas por parte da clase traballadora.
Nun escenario onde as crises se suceden cada vez máis rápido e golpean con maior dureza, agudízase a transferencia de riqueza dos máis pobres cara aos máis ricos. A clase social capitalista non para de incrementar os seus ingresos e o seu patrimonio. Multiplican obscenamente os seus beneficios mentres o resto da poboación se empobrece.
No día de hoxe, conmemoración do crime acontecido en 1886 en Chicago, temos que lembrarnos con solidariedade daqueles e daquelas loitadoras que están a sufrir represión e persecución por enfrontarse a este réxime inxusto. En Ferrol, Cádiz, Xixón ou Granada, recordamos que “o goberno máis progresista da historia”, a pesar das súas promesas, mantén en vigor a Lei Mordaza, que cualifica como delitos opinións contrarias ao réxime e permite a impunidade dos corpos represivos, en sintonía coa deriva autoritaria dos gobernos a nivel mundial.
E é que se miramos ao redor, a cousa non vai moito mellor. O capitalismo sen pudor algún, alenta guerras no noso esgotado mundo co único propósito de espremernos ao máximo, aínda que provoque a morte de milleiros de persoas. É imprescindible denunciar o xenocidio do pobo palestino polo Estado asasino de Israel, apoiado por poderes aos que a humanidade lles é allea. Esiximos ao goberno español que se deixe de floreos verbais e que active medidas efectivas contra o Estado sionista, entre elas, que deixe de venderlle armas.
Non esquecemos a invasión rusa de Ucraína hai máis de dous anos nunha guerra que aínda destrúe vidas, ao tempo que as potencias occidentais difunden entre a poboación a necesidade de rearmamento, espallando o medo para poder así incrementar o gasto bélico e a militarización das fronteiras sen oposición, e mesmo deixando caer a necesidade do servizo militar obrigatorio, nun fomento do militarismo intolerable.
O modelo capitalista lévanos a perpetuar un reparto inxusto da riqueza, convertendo aos ricos en cada vez máis ricos, en detrimento da maioría da poboación, dos seus dereitos e mesmo á conta da saúde do planeta.
Fronte á depredación salvaxe deses poucos só cabe unirnos para facerlles fronte. A nosa organización como clase é a única alternativa certa ante o desastre previsto. Está nas nosas mans construír un mundo novo, sen explotados nin explotadores, sen guerras nin pobreza, respectando o noso medio natural, preservando o futuro das xeracións que nos seguen.
Altruísmo fronte a egoísmo, solidariedade e xenerosidade fronte a ambición desmedida, vida contra a morte, apoio mutuo en contraposición á estúpida competencia entre iguais. É hora de poñernos en marcha, de dicir basta. É hora de loitar.
VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!
CONTRA O XENOCIDIO DO POBO PALESTINO, O MILITARISMO E A GUERRA!
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Pontevedra fai un chamamento ás traballadoras/es asalariadas e empregados do Estado español no ámbito do concello de Pontevedra, a realizar o día 14 de marzo unha folga de 24h en solidariedade con Palestina, para parar o xenocidio, os crimes de guerra e lesa humanidade que ven executando Israel, coa complicidade activa e financiación da súa actividade criminal do goberno da Unión Europea e o estado español.
Ámbito da folga, limitado ó concello de Pontevedra:
Administración central do Estado
Administración autonómica, Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
Concello de Pontevedra
Centros educativos de Ensino Secundario e Formación Profesional
Centros universitarios
Oficinas e centros de Correos S.L.
Exiximos o estado e as súas administracións central, autonómica e locais, institutos, centros universitarios e dependencias de Correos nas que exercemos o noso traballo para que, no noso nome e o da sociedade pontevedresa, declaren e leven a efecto a ruptura inmediata con Israel en todos os ámbitos, diplomáticos, políticos, económicos ou comerciais e procedan a sancionar e embargar a todas as empresas, públicas ou privadas, que manteñan e amparen o comercio de armas con Israel ou colaboren na colonización ilegal de terras palestinas, particularmente nas zonas ocupadas militarmente.