post

Navantia: os traballadores non somos gando

Navantia leva tres semanas nas que, cuns 300 traballadores, o experimento de reinicio da actividade está sendo desastroso:

1) Non hai recursos económicos para garantir a reactivación, e isto redunda en escaseza de EPIs e nunha hixienización totalmente insuficiente. Ata tal punto que se "suxire" a reutilización das máscaras durante 5 días, o hidroxel desinfectante é escasísimo e as taquillas, duchas (a empresa cuestiona incluso a necesidade da súa limpeza entre usos) e aseos non se hixienizan axeitadamente. Isto último queren resolvelo xuntando ós traballadores en menos taquillas, no canto de reforzar o servizo de limpeza.

2) A desidia por parte da dirección é escandalosa:
– Non está a impulsar a implantación do protocolo. Esta responsabilidade recae sobre xefes, encargados e traballadores, que fan o que boamente poden.
– A inmensa maioría dos problemas identificados seguen sen resolverse. Cousas tan sinxelas, pero importantes, como as fontes de auga seguen clausuradas tres semanas despois de que o denunciásemos.

O clasismo da dirección cara ós traballadores, especialmente da IA, é inadmisible. Un exemplo: para a reorganización das taquillas xa decidiron que van abrilas e meter o contido das mesmas en bolsas que identificarán e trasladaran ás diferentes empresas auxiliares. No caso dos traballadores da principal están a pensar que facer porque saben que este comportamento pode xerar malestar.

Neste contexto, a dirección decideu meter ó 50% da plantilla ó longo da vindeira semana. ¿Poden ser máis irresponsables? Claro que poden. A pesar de que tanto a lei como os protocolos internos dan preferencia ó teletraballo fronte ó traballo presencial, a empresa chamou a moitos traballadores que estaban a teletraballar, a outros que poderían teletraballar pero que non o fixeron porque a empresa non lles proporcionou os medios e incluso a traballadores especialmente sensibles (TES).

Para as empresas, principal e auxiliares, nin sequera somos números. Os únicos números que coñecen, os que realmente lles importan, son os dos balances contables. Para eles somos unha masa á que explotar. Se un morre, outro o reemplaza, e problema resolto. Se isto pasa nunha empresa pública, ¿que non pasará nas privadas?

Obviamente, sabemos que hai unha presión para que se reinicie toda a actividade, tamén en Navantia. Presión que o goberno, lonxe de combater, está a alentar: prolongando os ERTE ou calando sobre os beneficios das empresas e sobre a necesidade de nacionalizar a economía.

CGT en Navantia veu denunciando todo isto no noso boletín, en comunicados e nas reunións coa empresa nas que participamos. Por tanto:

  1. Responsabilizamos á dirección de Navantia, ós empresarios da IA e a aqueles sindicatos que, por acción ou por omisión, avalen esta reactivación, por non facer nada e permitila.
  2. Como demostra a historia do movemento obreiro, a única linguaxe que entenden as empresas é a da loita. O comité, que leva desaparecido dende o inicio da pandemia, ten que reunirse esta fin de semana de forma urxente e decidir que vai facer o luns.

A proposta da CGT e que o comité ten que estar nas portas para cortar de raíz esta reactivación que non conta coas garantías necesarias.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

 

post

As traballadoras de asistencia domiciliaria, abandonadas pola Xunta

La CGT de A Coruña denuncia que la Xunta de Galicia no está realizando pruebas de detención del Covid-19 a las trabajadoras de asistencia a domicilio que han estado en contacto directo con algún usuario/a que ha dado positivo. Siendo la cuarentena la única medida preventiva.

          La Xunta de Galicia deniega las pruebas a pesar de que los propios/as medicas/os de atención primaria las solicitan. La CGT considera una grave vulneración del derecho a la salud de estas profesionales.

          Cabe recordar que este colectivo de trabajadoras soportan unas condiciones laborales de precariedad, debido a contratos a tiempo parcial y temporales; falta de medios para asistir a las personas dependientes y bajos salarios. En una misma jornada laboral acuden a diferentes domicilios. La falta de pruebas de detención no solo es un riesgo para la salud de la propia trabajadoras sino también para el resto de personas que asisten.

          Desde la CGT exigimos que ante un caso de riesgo evidente como el mencionado, se deben de practicar todas pruebas oportunas para garantizar la salud de las trabajadoras y las personas que las rodean.

Comité Local de la CGT de A Coruña

 

post

Teleperformance A Coruña: nota do Comité de Empresa

O Comité de Empresa de Teleperformance Coruña denuncia que a empresa está aproveitando a crise sanitaria do Covid-19 para explotar ó persoal.
Teleperformance dende A Grela, é unha empresa de Contact Center, que ocupa a máis de 800 empregadxs dando servizos a grandes multinacionáis tanto de telecomunicacións , enerxéticas e outros servizos.
Teleperformance nesta crise está demostrando a súa incompetencia e falla de inversión para implementar o teletraballo. Impoñen un documento para o mesmo, non consensuado nin negociado coa RLT, na que xs traballadorxs son xs responsábeis de todo, incluso tendo que poñer os seus propios equipos, conexións a internet i electricidade sen coste algún para a empresa. A indecencia de Teleperformance chega ata tal punto que pretenden meter man no peto dxs traballadorxs ameazando con realizar descontos en mómina polas incidencias nas conexións dxs axentes, aínda
cando recoñecen que o centro de Coruña non estaba preparado tecnolóxicamente para que estxs puidesen traballar dende a casa.
Por se isto fose pouco, Teleperformance, alengando reducir costes para non aplicar outro tipo de medidas, chantaxea ós seus empregadxs para que soliciten excedencias, reduzan xornadas ó 100%, adianten vacacións ou compensen horas a fururo, coa correspondente perda adquisitiva que
lles supón xs traballadorxs.


DENDE O COMITÉ DE EMPRESA EMPRENDEREMOS TODAS AS ACCIÓNS LEGÁIS NECESARIAS EN DEFENSA DOS DEREITOS DE TODXS XS TRABALLADORXS.

 

post

Reactivación de Navantia: razóns económicas, non sanitarias

Se houbese que utilizar unha soa palabra para definir a situación da pandemia sería INCERTEZA. Hai demasiadas cousas que non están claras, hai demasiadas cousas que non se saben.

Hai persoas infectadas que non presentan síntomas; non se sabe se a superación da doenza deixa inmunizado ou non, nin canto tempo dura esa posible inmunidade; hai problemas co material de protección, tanto de cantidade (falta de material) como de calidade (material defectuoso, como as máscaras que se tiveron que retirar estes días e que estaban sendo usadas incluso nas ucis)…

¿Como se vai controlar a entrada nos centros de traballo de posibles infectados asintomáticos? ¿É ético consumir epis para fabricar coches ou barcos cando os traballadores e traballadoras dos sectores que si son esenciais denuncian acotío a falta de medios de protección?

A reanudación das actividades económicas non esenciais non responde a criterios sanitarios. De feito, os expertos médicos opinan que é precipitada, que o é, como demostra que sigamos en estado de alarma.

Por tanto, A CGT SEGUE OPOà‘ÉNDOSE Á REANUDACIÓN DA ACTIVIDADE EN NAVANTIA, CON PROTOCOLO OU SEN PROTOCOLO. Non é unha cuestión de cubrir expediente, senón de que na actual situación sanitaria da sociedade entendemos que todo actividade económica non esencial implica un risco inxustificado de propagación do coronavirus, por moitos protocolos que haxa ou por moi perfectas que sexan as medidas que conteñan. ¿Por que implica tal risco? Porque unha cousa son os protocolos e outra a realidade.

1) Tanto na IA como na principal xa houbo casos de indicacións para que se reutilicen as máscaras dun día para outro, a pesar de que as prescricións de uso din que deben desbotarse ó remate de cada xornada laboral.

2) O xoves coñeceuse que estaba infectada a muller dun traballador de compañías que estaba traballando en Navantia-Ferrol, o que o cataloga como posible contaxiado. Cantos máis traballadores haxa na factoría, máis probabilidades haberá de que un infectado asintomático ou un infectado ó que aínda non lle apareceron os síntomas contaxie a outra persoa.

3) Tamén o xoves, atopouse a catro traballadores dunha compañía metidos sen epis nun espazo diminuto que violaba tódalas normas de separación física entre persoas.

E isto antes de que empece a recuperarse en serio a actividade. ¿Están os traballadores da IA en condicións de negarse a traballar, de esixir epis, etcétera? ¿Que garantías teñen de que non van sufrir represalias laborais se non fan o que quere a súa empresa? Ningunha.

A reanudación das actividades económicas nonesenciais responde ás presións da CEOE. O ano pasado, as empresas do Estado español tiveron uns beneficios de medio billón de euros. Isto significa que gañaron case 1.370 millóns de euros diarios. Por iso queren que se reanude a actividade xa. Todo o demais non lles importa.

Os beneficios son o único que lles preocupa ós empresarios, incluídos os da Industria Auxiliar de Ferrolterra, como deixa claro o seu patético comunicado de onte, no que afirman que están preocupados por se esta situación lles obriga a facer fronte a sancións. ¡Teñen unha cara que a pisan!

Se lles impoñen sancións, será porque violan a lei. E quen viola a lei comete un delicto, ou sexa, é un delincuente. ¿E os delincuentes non deben ser sancionados? ¿Ou iso só é cando un morto de fame rouba unha galiña?

É máis, os empresarios que violan os dereitos dos seus traballadores/as non só deberían ser multados, senón que se lles debería prohibir a actividade empresarial, igual que a un cargo público condenado por corrupción se lle pode prohibir presentarse ás eleccións.

Outra cousa que esta pandemia está poñendo de manifesto é a completa falsidade do discurso ideolóxico sobre a maior eficiencia da xestión privada sobre a xestión pública, como se ve nas residencias da 3ª idade ou nos hospitais privados: cando se trata de poñer a man para que a Administración lles solte subvencións, son os primeiros; cando aparecen problemas serios, piden que o Estado se faga cargo dos seus establecementos, que eles están para gañar cartos, non para gastalos.

Algúns presentan os empresarios como imprescindibles e os "benefactores" da sociedade polos postos de traballo que "crean" e as doazóns caritativas que fan. Pero se crean emprego é porque lles convén; en canto deixa de convirlles, todo o mundo á rúa. E esas doazóns non compensan non de lonxe os impostos que deixan de pagar e, en calquera caso, son unha esmola porque representan unha parte insignificante dos seus beneficios anuais de 500.000 millóns.

Os empresarios son prescindibles. Os imprescindibles somos a clase traballadora, como tamén está a poñer de manifesto a pandemia: persoal sanitario (non só médicos e enfermeiros, tamén celadores, cociñeiras, limpadoras…), persoal da recollida de lixo, caixeiras de supermercados…, persoas que realizan un traballo de valor incalculable, pero que na gran maioría dos casos teñen un contrato precario e un salario de miseria que non chega nin ós 1.000 € mensuais.

E mentres, os empresarios que xestionan eses servizos —que onte eran públicos e hoxe son privados por decisión do PP ou do PSOE— facéndose de ouro a costa do sangue, o suor e as bágoas alleas.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

NIN PERMISO, NIN RETRIBUÍDO

Ante a decisión gobernamental de obrigar á práctica totalidade da clase obreira a un confinamento xeneralizado en situación dun suposto «permiso retribuído recuperable», a CGT de Galicia manifesta o seguinte:

  1. Denunciamos a falacia que supón denominar permiso retribuído a unha situación que, por un lado, é obrigatoria -non é, polo tanto, un permiso- e que, en segundo lugar, hai que recuperar -non é, polo tanto, retribuído-. Tratase, simplemente, dunha redistribución irregular da xornada laboral decidida unilateralmente polo goberno.
  2. Con esta decisión, québrase toda a lexislación laboral sobre xornada e descansos ao permitir que se estableza, na recuperación, unha xornada superior á lexislada ou á convida. Rexeitamos que isto se faga por decisión gobernamental unilateral e non polos mecanismos establecidos legalmente (fundamentalmente, a negociación colectiva).
  3. Deixar en mans da patronal a decisión final -en caso de falta de acordo- de cómo a empresa vai recuperar ditos días, suporá un novo recorte nos dereitos laborais, coñecendo o carácter cuasiescravista da patronal, sempre proclive a laminar calquera dereito sindical.
  4. Esta situación agravarase no caso de quen teña concedida a conciliación, que se verá obrigado a negociar novamente a súa situación e distribución de xornada. Hai que ter en conta que, en numerosas ocasións, tiveron que conseguila acudindo aos tribunais, polo que no será de estrañar que volvan a necesitar xudicializar a cuestión, perdendo meses antes de que los xuíces lles volvan dar a razón.
  5. Se esta situación durase só quince días, habería que recuperar unhas tres horas semanais ata fin de año. Se a situación se prolongase máis no tempo, la recuperación convertería a xornada do persoal afectado en algo intolerable propio de situacións de escravitude, por non falar da posible perda das vacacións no proceso.
  6. É intolerable a situación da Inspección de Traballo. Os seus medios son totalmente insuficientes en situación de normalidade e moito máis na actual, limitándose, cando actúa, a reconvir ou exhortar ao empresariado e a dicirlles aos traballadores e traballadoras que acudan aos tribunais. Non se pode esperar que as situacións de inxustiza sexan resoltas pola Inspección.

Novamente, el goberno actúa sen ter en conta a clase obreira e a realidade das relacións laborais reais existentes nos centros de traballo e na maioría das empresas: unha absoluta indefensión del persoal ante as decisións e abusos empresariais. Non se pode pedir que sexan os traballadores os que paguen a crise sanitaria e debe esixirse ás empresas que asuman as consecuencias da súa actividade ou, neste caso, da ausencia dela. Tampouco esquecemos a actitude colaboradora e vergoñenta de CCOO-UGT.

Soamente a organización e unión da clase obreira poderá facer fronte aos abusos da patronal e á complicidade gobernamental. Por isto o noso chamamento a non deixarse levar pola resignación, senón á loita contra toda inxustiza. Combatamos o COVID-19, pero tamén o virus capitalista; este si que está durando demasiado.

Comité Confederal de CGT Galicia.

 

 

post

A CGT de Galicia ante o coronavirus

O Secretariado Permanante da CGT de Galicia, ante a crise sanitaria provocada polo coronavirus COVID C-19, quere manifestar á clase obreira e ao conxunto da opinión pública o seguinte:

  1. As empresas teñen a obriga de velar polas condicións sanitarias nas que os seus cadros de persoal realizan as súas tarefas, independentemente das instrucións concretas que podan emanar dos poderes públicos. Para a CGT, a aplicación destas medidas non poden supoñer ningunha merma nos dereitos laborais e retributivos dos traballadores e traballadoras.
  2. Estanse detectando numerosas empresas (incluso públicas) nas que as medidas son insuficientes e mesmo inexistentes. Cuestións tan básicas como o establecemento da distancia de seguridade, ou a de extremar as medidas en centros de traballo onde xa se produciron casos de contaxio son inexistentes nalgunhas empresas de telemárquetin, de talleres de confección, empresas con producción en cadea ou en Correos. A CGT esixe o establecemento inmediato de medidas de protección.
  3. Nesta situación é absolutamente lexítima a aplicación, por parte da representación laboral, do artigo 21 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, no que se establece a paralización da produción ao non cumprirse a recomendacións e esixencias en materia de saúde laboral establecidas polos gobernos central e da Xunta de Galicia.
  4. No caso de aplicacións de ERTES, a CGT valora positivamente o aprobado hoxe polo Consello de Ministros, no sentido de que teñan dereito a prestación incluso os que non teñan cotizado abondo e que non se consuman os períodos de desemprego, pero defende que se deben garantir as retribucións totais do persoal afectado, e non só a prestación por desemprego.
  5. A CGT rexeita que situacións eventuais que se poidan producir nas relacións laborais (por exemplo, o traballo no domicilio) se poidan consolidar como definitivas e, polo tanto, estas situacións deben rematar en canto finalice a crise sanitaria.
  6. Estanse detectando numerosas situacións de abusos por parte das empresas, que aproveitan a situación para forzar excedencias e vacacións aparentemente voluntarias, beneficiándose da situación de necesidade de moitos traballadores e traballadoras que teñen que permanecer nos seus domicilios por coidado de menores ou maiores ao seu cargo. A CGT denunciará ditos abusos, xa que considera que estas situacións deben ser obxecto de negociación colectiva, evitando pacto individual derivado da debilidade dos traballadores.
  7. A CGT de Galicia reclama que os traballadores e traballadoras do réxime de autónomos, que non teñan empregados, sexan exonerados da cotización mentres dure a crise sanitaria.

A CGT de Galicia fai un chamamento para que se denuncien fetos abusivos por parte das empresas e para que se faga fronte firmemente á inacción de estas. A saúde vainos nisto a todos e todas!

Secretariado Permanente da CGT de Galicia

 

post

Medidas preventivas COVID-19 en Atento

La empresa nos ha comunicado un protocolo de medidas que pretenden aplicar para paliar la afectación del coronavirus entre aquellxs trabajadorxs que cuenten con menores a su cargo, y que parecen más bien destinadas a perjudicar lo menos posible la producción de Atento. Entre las medidas hablan de cambios de turno y/o horarios, ampliaciones de jornada y/o reducciones, solicitud de excedencias especiales sin las limitaciones del convenio, ofrecer vacaciones sin dar cumplimiento al protocolo actual, disfrute de vacaciones en días sueltos.

Nos hemos dirigido a la empresa para solicitar una reunión y poder negociar las medidas para que, por ejemplo, los costes de las medidas no tengamos que asumirlos Ixs trabajadorxs, para que se apliquen también a Ixs trabajadoras que tengan que cuidar a mayores u otras personas que lo necesiten, y para que nos expliquen las medidas en relación con el contagio por coronavirus de un/a trabajador/a o de familiares, pero la respuesta de la empresa ha sido NO; como siempre, esto es lo que hay y Atento no está dispuesta a consultar, negociar ni llegar a acuerdos.

Las medidas comunicadas son totalmente insuficientes y persiguen que seamos las trabajadoras quienes asumamos los costes de esta situación. Para la CGT, los cuidados sólo pueden ser considerados un deber público inexcusable de los previstos en el artículo 28.1.h del convenio de aplicación y artículo 37.1d) del JET, previo aviso y justificación, y en ese sentido hemos dirigido un escrito a la empresa.

En cuanto a la prevención, más de lo mismo: se han comprometido a reforzar la limpieza a diario de ahora en adelante, se mantendrán abiertas las puertas en la medida de lo posible para minimizar los riesgos, han colocado carteles con recomendaciones sobre higiene… pero seguimos esperando los dispensadores de gel hidroalcohólico, y por el momento se niegan a colocar en los puestos el material necesario para desinfectar los puestos de trabajo en los cambios de turno, tal y como hemos solicitado. Seguiremos exigiendo información precisa, clara y transparente de las medidas que se van a ir implantando por parte de Atento, y el cumplimiento de su obligación de información y consulta con la representación de Ixs trabajadorxs.

Sección Sindical de CGT en Atento-A Coruña

 

post

18 xaneiro: Concentración defensa da Sanidade Pública

CGTde Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado, na nova convocatoria da Marea Branca de Pontevedra e outras organización e colectivos que, como a CGT, estamos defendendo a sanidade pública. O acto terá lugar, este sábado, 18 de xaneiro, ás 12,30h, na Praza da Peregrina, 

            Todos sabemos que a agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administración, como a Xunta de Galicia, é cada día que pasa máis noxenta, sin que vexamos o remate de tanta frustación. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, precariedade, posta a disposición dos intereses patronais das Mutuas laboráis, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

Comité Local da CGT de Pontevedra