post

27S: Folga xeral e xornada de loita por Palestina

En resposta á petición da Federación de Sindicatos palestinos, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) e a Confederación Sindical «Solidaridad Obrera» teñen convocado, en todo o estado español, unha Folga Xeral e xornada de loita polo fin do xenocidio e o apartheid contra o pobo palestino, para o vindeiro 27 de setembro.

A CGT de Galicia fai un chamamento a toda a clase traballadora e á cidadanía a secundar a xornada de folga e mailas mobilizacións que terán lugar nese día:

  • A Coruña: Manifestación, con saída do Obelisco, ás 20 horas.
  • Compostela: Manifestación, con saída da Praza Roxa, ás 12 horas; e Concentración no Obradoiro, ás 19 horas
  • Ferrol: Concentración na praza da Vella, ás 20 horas.
  • Ourense: Manifestación, con saída desde praza das Mercedes, ás 20 horas.
  • Pontevedra: Manifestación, con saída do Hospital, ás 20 horas.
  • Redondela: Concentración, fronte BBVA-Santander na rúa Alfonso XII, ás 11 horas.
  • Vigo: Concentración no Marco, ás 19 horas.