Cadernos de Debate para o Pleno de Sindicatos

Na Plenaria do Comité Confederal na que se elaborou a Orde do día do Pleno, acordouse por unanimidade a publicación de Cadernos de Debate, nos que a afiliación poida expresar os seus criterios sobre todos e cada un dos puntos da Orde do Día; en ningún caso, tales achegas terán o carácter de ponencias para o Pleno de Sindicatos, pois este soamente discutirá sobre os acordos dos sindicatos, presentados por escrito no propio Pleno. Read More

 

 

Asamblea CGT – Pontevedra e Vilagarcía

O Comité do Sindicato Único de Traballadores «Solidariedade Obreira» de Pontevedra, reunido o pasado luns, 24 de agosto, elaborou a convocatoria da próxima Asamblea Xeral do Sindicato. Terá lugar o día 8 de septembro, ás 7,30 h. da tarde, na sede do Sindicato en Pontevedra, e tratará os seguintes puntos:

Punto 1. Reestructuración orgánica do Sindicato en Pontevedra e Vilagarcía, cara ós próximos meses. Neste apartado haberán de tratarse, en todo caso, os seguintes temas: a) Mapa sindical, b) Situación económica, c) Participación das secións sindicais sectoriais no Comité, d) Secretarías e vocalías, e)  Funcionamiento das sedes sindicais de Pontevedra e Vilagarcía …

Punto 2. Plantexamentos xerais respecto do próximo Pleno de Sindicatos de CGT-Galicia (previsión de asambleas, grupos de traballo, etc.).

Punto 3. Asuntos varios.

 

 

 

 

Congreso do Sindicato Federal de Correos na Guarda

Dales un patadónOs próximos días 19, 20 e 21 de outubro se celebrará na Guarda (Pontevedra) o VI Congreso do Sindicato Federal de Correos. Nel, delegacións das Seccións de Correos da CGT de toda España, debaterán e tomarán acordos sobre temas do seu sector: informes, organización, estratexia, etc., serán analizados a fondo polos compañeiros delegados. Máis información  na páxina web do SFC da CGT.

 

 

Nova Asemblea da CGT da Coruña para a Conferencia Sindical

Na Asemblea xeral que se celebrou onte, 17 de setembro, se acordou a redacción precisa dos acordos que este sindicato propoñerá ó resto da organización na Conferencia Sindical da CGT que se celebrará en decembro. Para a aprobación definitiva destes acordos, a Asemblea autoconvocouse para unha nova Asemblea Xeral de afiliados que terá lugar o día 8 de outubro, luns, ás 19 horas.

Para a elaboración dos textos que se presentarán á Asemblea, faranse reunións de tódolos interesados os venres pola tarde ata o 5 de outubro.

Agárdase a máxima participación.

Comité do SOV da Coruña da CGT

 

Asamblea da CGT da Coruña

O pasado luns, 27 de agosto, o comité local acordou convocar Asamblea Xeral do Sindicato para o vindeiro 17 de setembro, luns, ás 19 horas, nos locais sindicais de Simón Bolivar, 89, baixo na Coruña. A Asamblea tomará en consideración e aprobará, se procede, as propostas presentadas polos afiliados e afiliadas de cara á vindeira Conferencia Sindical do mes de decembro. Coa finalidade de traballar na preparacións dos puntos da orde do día da citada Conferencia, se celebrarán tódolos venres do mes de setembro, a partires das 18 horas, reunións de traballo abertas a tódala afiliación co obxecto de profundizar no debate dos diferentes aspectos a desenvolver na Conferencia.