Elixido novo Secretariado Permanente do Sindicato de Oficios Varios da Coruña

Na Asemblea celebrada o pasado venres, 23 de xaneiro, nos locais sindicais do SOV da Coruña, ademais de procederse á toma de acordos e ao nomeamento de delegados para o Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia, se procedeu á renovación do Secretariado Permanente do Sindicato. O compañeiro Angel Valladares, da sección sindical de ADIF, ocupará a responsabilidade de Secretario Xeral, mentres que o compañeiro Manuel Creo, da sección sindical de Atento, se fará cargo da Secretaría de Organización. Para eles e para todos e todas, saude e acerto

 

 

 

 

 

 

Asembleas CGT- Pontevedra e Vilagarcía

Os días 24 de novembro e 9 de decembro, ás 19:30 horas, a CGT de Pontevedra celebrará dúas Asembleas Xerais coa finalidade de tomar acordos sobre a Orde do Día do Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia que terá lugar en Ourense os días 13 e 14 do próximo mes de decembro.

A Asemblea Xeral de Vilagarcía terá lugar o día 26 de novembro, as 19:30 horas.

Para preparar as Asembleas, están previstas unha seria de reunións abertas para ir debatindo os distintos puntos. As datas de celebración destas reunións-debate serán, en Pontevedra, os días 10 e 17 de novembro, a partir das 19 horas.

 

Asemblea da CGT da Coruña

O día 26 de novembro, mércores, ás 19:30 horas, a CGT da Coruña celebrará unha Asemblea Xeral coa finalidade de tomar acordos sobre a Orde do Día do Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia que terá lugar en Ourense os días 13 e 14 do próximo mes de decembro.

Para preparar a Asemblea, están previstas unha seria de reunións abertas para ir debatindo os distintos puntos. As datas de celebración destas reunións-debate serán as seguintes: 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de novembro (mércores e venres), a partir das 19 horas.