A CGT rexeita as novas medidas de liberalización do ferrocarril e os plans de peche do Taller de Monforte de Lemos.

cgt_ferrocarrilDende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza amosamos o noso rexeitamento as novas medidas aprobadas polo Goberno no Consello de Ministros do pasado 22 de Febreiro e publicadas no BOE do 23 de Febreiro e que supoñen avanzar na liberalización do sector ferroviario español ca apertura a competencia dos servizos ferroviarios turísticos o 31 de xullo do 2013 nunha primeira fase, para seguir nunha segunda fase cos trens AVE´s e de Longo Recorrido e nunha terceira e derradeira fase os trens de Proximidade e os Rexionais.
Para CGT-Galiza isto vai a supoñer a destrucción de miles de postos de traballo das empresas públicas RENFE e ADIF e a privatización de moitos servizos ferroviarios, especialmente os de maior rendibilidade, deixando os treitos deficitarios nas mans do estado, para pouco a pouco pechalos co argumento de que custan moito o estado.

Read More

 

Novos despidos en Sykes

62 traballadores na Coruña e 14 en Lugo serán despedidos o luns, día 14, da empresa de telemárquetin Sykes. Estes despidos prodúcense tras a estimación parcial dun ERE presentado con snterioridade e que supuxo o despedimento de 68 traballadores.

O motivo desta nova reducción do cadro de persoal é a aplicación do artigo 17 do vixente convenio, que permite a destrución de postos a causa da diminución do volumen de chamadas. Este é un claro fraude de lei, contra o que os traballadores loitarán. Read More

 

Expediente en el Ayuntamiento de Ribadeo

La CGT denuncia públicamente la actitud represora hacia la trabajadora Marisé Arango por parte del municipio del Ribadeo. Marisé Arango es representante sindical de la CGT en dicho ayuntamiento y trabaja como auxiliar de ayuda a domicilio en la vivienda comunitaria de la Tercera Edad desde el año 1999. La trabajadora ha sido expedientada por permitir que Jesús López Penabad, concejal de Partido Popular, accediera a la vivienda para conectar un decodificador de la señal de TDT que el mismo regalaba a las personas que acogidas la vivienda, que desde el apagón analógico no podían ver la televisión. Read More

 

Primeiro de Maio da CGT da Coruña

Este Primeiro de Maio, a CGT volverá a saír a manifestarse polas rúas da Coruña, nesta ocasión co lema "CADA DESPIDO É UNHA AGRESIÓN. NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA".

Para a CGT a situación que está a vivir a clase traballadora é insostible. O despido libre, a existencia de máis de catro millóns de parados e a ameaza dunha nova reforma laboral e do sistema de pensións esixen que os traballadores amosemos firmemente o noso rexeitamento á situación e a que, ás nosas costas, se siga negociando e xogando cos nosos intereses.

Por isto, convocámoste a que participes na manifestación que sairá ás 12 do mediodía da Praza de Pontevedra da Coruña e que rematará na Praza do Humor.

ESTE ANO NON PODEMOS FALTAR NINGÚN

BASTA XA DE DESPIDOS SALVAXES E SINDICATOS DOMESTICADOS

Xantar de confraternidade
Como outro anos, estamos organizando un xantar de confraternidade despois da manifestación. Os que estean interesados deberán anotarse antes do día 27 deste mes de abril. Calcúlase que o prezo estará sobre 12 euros. A anotación será no propio local sindical, por teléfono ou a través do correo electrónico.

 

 

Continuación da Asamblea da CGT da Coruña

A Asamblea do SOV da CGT da Coruña reunida o pasado venres, 5 de febreiro, non puido rematar o debate de tódolos puntos da Orde do Día nun tempo razoable , polo que decidiu autoconvocarse para continuar o debate dos puntos que ficaron sen tratar nunha nova sesión que terá lugar o vindeiro mércores, 10 de febreiro, a partir das 19 horas.

 

 

Manifestación dos traballadores de Correos

buzon3Este domingo, 14 de xuño, ás 12 horas, comezará a manifestación dos traballadores de Correos de toda Galicia polas rúas de Santiago de Compostela. A manifestación está convocada por todos os sindicatos, entre eles a CGT.

O percorrido da manifestación é o seguinte: saída desde a Alameda, continuando polas rúas de Doctor Teixeiro, República do Salvador, Hórreo, Orfas, a Praza do Toural, a rúa do Vilar e Praterías.

Por un servizo de Correos público, social e universal! Non faltes á cita.

 

Continúa a loita sindical no Concello de Ribadeo

No Concello de Ribadeo, coa chegada ao poder dunha coalición PSOE-BNG se aprobou un Convenio no que se establecen graves diferenzas entre grupos, entre traballadores, … A Sección Sindical da CGT leva xa tempo denunciando estos feitos e loitando polos dereitos dos traballadores e traballadoras do Concello, o que derivou en casos de acoso laboral e persecución para algúns dos compañeiros mais activos. Read More