Mobilizacións contra os despedimentos no Hospital POVISA de Vigo.

Os compañeiros e compañeiras da CGT no Hospital POVISA de Vigo continúan as mobilizacións contra os despedimentos. Estas mobilizacións foron acordadas pola maioría do comité de empresa e polas seccións sindicais de CGT, CIG, SGPS, CCOO e UGT.povisa2

Dende o pasado luns 2 de marzo, se están a realizar concentracións fronte á entrada de Urxencias. O vindeiro venres, 6 de marzo está prevista unha concentración fronte ao edificio da Xunta de Galicia e a partir das 20 horas unha manifestación unitaria das organizacións sindicais CGT, CIG, SGPS, CCOO y UGT en contra dos despedimentos. O percorrido da manifestación será dende a Praza dos Cabalos ata a Porta do Sol.

Mais info: Blog da Sección Sindical da CGT no Hospital Povisa de Vigo (http://cgthospitalpovisa.blogspot.com.es/ )

 

Manifestacións nas principais cidades galegas en apoio ás Marchas da Dignidade

A Plataforma Galega polas Marchas da Dignidade, na que se integra a CGT de Galicia, ten convocado para o vindeiro 25 de febreiro, mércores, manifestacións nas principais cidades galegas para chamar á toda a poboación a apoiar e participar nas Marchas que o 21 de marzo confluirán na cidade de Madrid para reclamar pan, traballo e teito.

  • cartel-21mEn Ferrol, a manifestación partirá do Monumento ao 10 de Marzo, ás 18:30 horas.
  • Na Coruña, saída da manifestación dende a Praza de Portugal, ás 20 horas.
  • En Lugo, a manifestación sairá ás 20 horas dende a explanada do Edificio Multiusos da Xunta.
  • En Compostela, tamén ás 20 horas, sairá a manifestación dende a Porta do Camiño.
  • En Ourense, o punto de partida será o Parque de San Lázaro, ás 20 horas.
  • En Pontevedra, dende A Pasarela (rúa 12 de novembro) sairá a manifestación ás 20 horas.
  • En Vigo, ás 20 horas dará comezo a manifestación dende a praza de Fernando o Católico.

Read More

 

Manifestacións das Marchas da Dignidade o 6 de novembro nas principais cidades galegas.

m_dignidade_finalA Plataforma Galegas das Marchas da Dignidade, na que se integra dende o seu inicio a CGT de Galicia, ten convocado Manifestacións baixo o lema «Pan, Traballo e Teito – Camiñando cara o 29N» para o vindeiro xoves 6 de novembro. Estas manifestacións serán o limiar da grande mobilización da Marcha a Compostela que terá lugar o 29 de novembro para «ocupar» a praza do Obradoiro.

Os horarios e puntos de partida das manifestacións son os seguintes:

  • A Coruña. Saída dende a praza de Portugal, ás 20 horas.
  • Ferrol. Saída dende o Monumento do 10 de marzo, ás 18:30 horas.
  • Compostela. Saida dende a Porta do Camiño, ás 20 horas.
  • Pontevedra. Saída dende a Pasarela (Xosé Adrio – 12 Novembro), ás 19:30.
  • Lugo. Saída dende a Ronda da Muralla (Edif.Xunta), ás 20 horas.
  • Ourense. Saída do Pavillón de Deportes, ás 20 horas.
  • Vigo. Saída da praza de Fernando o Católico, ás 20 horas.

 

 

 

A CGT convoca folgas no ferrocarril

cartel_huelgas_verano_2014A CGT convoca folgas en ADIF e Renfe os días 31 de xullo e 1 de agosto ante a situación que vive o ferrocarril e en concreto

  1. A segregación das empresas ferroviarias, ca división de RENFE e ADIF en 4 e dúas empresas respectivamente, o que aumenta a descoordinación na seguridade na circulación e unha peor atención os clientes.
  2. Licitación do corredor de Levante para as operadoras privadas.
  3. Á falta de cadro de persoal para prestar o servizo en condicións de seguridade e calidade. En Galiza esta falta de persoal está supoñendo que en Xuño mais de 100 trens rexionais circulasen sen revisor, que os maquinistas portugueses teñan que suplir os españois na fronteira, que os cursos de formación estanse a impartir en días de lecer dos traballadores ou que en longa distancia non podan circular trens especiais por falta de maquinistas.
  4. Centralización das Bases de Mantemento de Infraestructura e á súa eliminación.
  5. Mobilizade forzosa para e externalización de cargas de traballo a empresas privadas.
  6. Falta de propostas de solución para as Terminais de contenedores e para a Canle de Venda das estacións de ADIF e que venden os billetes de RENFE.
  7. Falta de solucións para o persoal da extinta  FEVE  en canto ás habilitacións, á plena integración e garantías de futuro das e os traballadores.
  8. Novo regulamento de circulación que queren impoñer, sen atender ningunha das alegacións dos sindicatos, pretendendo minguar drasticamente os requisitos necesarios para garantir a seguridade na circulación.

Read More

 

Actos do Primeiro de Maio da CGT de Galicia

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) chama a participar o vindeiro Primeiro de Maio nos diferentes actos e mobilizacións que se teñen convocado en diferentes cidades galegas:

A Coruña:SKMBT_C22014042218200

  • Manifestación conxunta da CGT xunto coa CUT, o STEG, o SF e o Sindicato da Elevación. Sairá ás 12:30 horas da Praza de Pontevedra.
  • Xantar confederal de confraternización nos locais sindicais.

Ourense:

  • Manifestación do Bloque Crítico de Ourense, formado polos sindicatos CGT, CNT, CUT, SF, cartaz_mani_1maio2014_OUSTEG e outros colectivos e individualidades. Con saída ás 12 horas dende a caseta de turismo da Ponte Romana, cun recorrido casco vello da cidade para finalizar nos Xardíns do P. Feijoo onde terá lugar a lectura do comunicado conxunto.
  • Xuntanza de confraternización en Oira con xantar, postos alternativos, actividades paralelas, …

Pontevedra:

  • Manifestación conxunta da CGT e a CNT que sairá da Praza da Ferreiría, ás 13:00.

Vigo:

  • CARTEL_CGT_Vigo_1maio2014Manifestación unitaria que sairá ás 11:00 horas da Praza de Fernando o Católico (Urzaiz) e finalizará na Porta do Sol, convocada pola CGT xunto con outras organización sindiciais: CNT, CUT, Intersindical, Sindicato de Elevación, STEG, e Sindicato de Xornalistas.
  • Posteriormente, a partir das 14 horas, a CGT, xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Rede Solidaria Popular, organizan os actos que se celebrarán na Plaza do Pobo – Cristo da Victoria de Coia: un xantar fraternal, con distintas actuacións musicais a partir das 15 horas, cos grupos Ostia Padre, Dr.Zaius, Dram, Perros Norteños e a Banda de Gaitas O Torreiro de Priegue (Nigrán), e un mitin coa intervención dun representante de cada sindicato e plataforma social presentes.

 

A CGT de Galicia estará en Madrid coas Marchas da Dignidade.

Cartel 22M gallegoDous centos de compañeiros e compañeiras da CGT de Galicia participarán o vindeiro sábado en Madrid na Manifestación de peche das Marchas da Dignidade 22M. Os militantes confederais, xunto con centos de persoas de diferentes colectivos, partirán na madrugada desde diferentes puntos da xeografía galega en varios trenes, autobuses, coches particulares, … para demostrar a vontade de loita da clase traballadora fronte ao «gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financieiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron«.

Milleiros de persoas encherán de dignidade e loita as rúas de Madrid nunha grande manifestación que a CGT de Galicia e mailo resto da Confederación Xeral do Traballo (CGT) ten impulsado e na que estará presente.

Mais información no blog da Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade: Marchas da Dignidade 22M

 

Manifesto galego das Marchas da Dignidade 22M

baner-22M-

O pasado día 11 de febreiro, as organización sindicais CGT, CUT, SLG, STEG, S.E. e SF acordaron subscribir o seguinte manifesto e invitan a toda a sociedade galega a que se sume:

MARCHAS DA DIGNIDADE DO 22 DE MARZO

UNIFICAR AS LOITAS PARA A TRANSFORMACIÓN REAL

Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid o próximo 22 de marzo, as organizacións sindicais, sociais e cidadás de Galicia asinantes, manifestamos o seguinte:

Apoiamos as Marchas ante o gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financeiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron: empregos minimamente dignos, sanidade, educación, servizos sociais básicos, prestacións por desemprego, cultura, vivenda, transportes públicos, etc., están desaparecendo coa escusa dunha crise que é a coartada que xustifica todo tipo de desmandos.

Read More

 

Manifestación en Madrid contra a destrución do ferrocarril público

CARTEL DEFINITIVO MANI 30-NO sábado, 30 de novembro, a CGT e o SF convocan unha manifestación en Madrid contra a decisión do goberno de segregar RENFE e dividr ADIF, nun proceso de desmantelamento do servizo público ferroviario cara a privatización definitiva deste servizo público, que terá como consecuencia a perda das condicións de traballo e a destrución do emprego.

A CGT de Galicia está a organizar o transporte para a asistencia á manifestación. Os interesados deberán poñerse en contacto coas sedes sindicais das distintas localidades.

 

9 de novembro, Xornada de Loita «Salvemos as pensións!»

salvemosAsPensionssDentro da iniciativa conxunta que levan adiante as organizacións sindicais CGT, CUT, CNT, STEG, SF-INTERSINDICAL E COG en defensa do sistema público de pensións, o vindeiro sábado, día 9, celebraránse varias manifestacións e concentracións en distintas localidades galegas.

Dende a CGT facemos un chamado a secundar as mobilizacións convocadas nas distintas cidades baixo o lema «Salvemos as pensións».

Os actos convocados son os seguintes:

  • Na Coruña: Manifestación dende a Praza de Portugal, ás 12:30 horas.
  • En Ourense: Concentración ante a Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro), ás 11:00 horas.
  • En Compostela: Manifestación dende a Porta do Camiño, ás 11:30 horas.
  • Na cidade de Vigo, a manifestación terá lugar o xoves 21 de novembro, con saída da Praza de Fernando o Católico, ás 20:00 horas.

Read More

 

En defensa das pensións

foto_reforma_pensionesAos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,… únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.

Ante esta situación as organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas.

Estes sindicatos fan un chamamento a colectivos sociais e organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións co fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase traballadora.

CGT de Galicia