post

Máis de cen mil traballadores en todo o Estado, convocados á folga do Telemárquetin este xoves 26 de xaneiro

Máis de cen mil traballadores en todo o Estado, convocados á folga do Telemárquetin este xoves 26 de xaneiro

A Confederación Xeral do Traballo (CXT) informa de que  este xoves 26 de xaneiro haberá unha nova folga sectorial do Telemárquetin en todo o Estado.

Tras máis de dous anos de negociación do novo convenio colectivo a patronal do sector segue mantendo a súa proposta de convenio continuista que pretende perpetuar condicións precarias para os teleoperadores.

Debido a esta folga, veranse bloqueados todos os servizos de atención ao cliente do Ibex 35, é dicir, as grandes empresas bancarias, enerxéticas, de telecomunicacións e mesmo administracións públicas de todo o Estado, xa que este sector é crucial para a prestación de servizos de atención á cidadanía e ao consumidor.

Nas principais cidades do Estado haberá actos públicos de protesta, onde se concentrarán os traballadores en folga. En Galicia:

  • Na Coruña: concentración fronte á tenda de Movistar, Praza de Pontevedra, ás 12: 00 horas.
  • En Vigo: manifestación ás 11:00 horas desde a Praza de España.
  • En Lugo: concentración ás 12:00 ante a empresa de telemárquetin Abante.

Sector do Telemárquetin

 

Readmisión despedidos BBVA

BBVA procedeu a despedir, sen apertura de Expediente Disciplinario previo, e por tanto en clara situación de indefensión, a 14 persoas á vez, baixo a acusación de «ruptura da boa fe contractual, por baixa produtividade». Maioritariamente ocupaban postos comerciais, aínda que tamén hai algún GAC, todos na Rede de Oficinas. O perfil dos 14 é «falta de ambición profesional», en palabras do Banco.

Que se despediu a 2 persoas por Territorial, coa excepción de 3 na Centro e 1 en Canarias, xa dá unha idea clara de que esta medida non ten nada que ver coa obxectividade nin coas persoas afectadas. Estamos ante unha agresión directa contra o emprego do conxunto do persoal. Buscan preparar o terreo e amedrentar ao conxunto de traballadores e traballadoras do BBVA. A orixe desta forma de actuar é consecuencia da mediocridade e incapacidade dos directivos do banco. Lonxe de asustarnos, só cabe responder coa contundencia que o momento require.

Todos os Sindicatos presentes na Empresa convocan a unha concentración ás portas de BBVA de 11:00 a 12:00 horas, (usa os teus 20 minutos de descanso e acompáñanos) o vindeiro luns 27 de Xuño en todo o Estado. En Galicia, na sede da Dirección Territorial do Noroeste, no Cantón Pequeno, 18-21 da Coruña.

SÓ HAI UNHA ACCIÓN POSITIVA QUE REALIZAR: PARTICIPAR E SUMAR CAPACIDADE COLECTIVA DE RESPOSTA. PORQUE MAà‘Á PÓDECHE TOCAR A TI.

Convocantes: CC.OO. – UXT – CGT – ACB – CIG – ELA – LAB – SCAT – CSC – SEC

 

A CGT de Galicia chama a apoiar a Marcha da Dignidade a Lugo

A CGTcartaz 28M definitivo_redes de Galicia convoca a toda a súa afiliación, simpatizantes e pobo en xeral a que participe na manifestación que as Marchas da Dignidade que terá lugar o sábado, día 28 de maio, en Lugo.

A manifestación, que comezará ás 12:00 horas na Praza da Constitución, é un novo berro contra o capitalismo e os lacaios do capital, os gobernos, que están impoñendo este sistema de inxustiza e explotación á maioría da sociedade.

Este sábado levantaremos unha Muralla de Dignidade contra todos aqueles que oprimen e asoballan ao pobo.

PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE

Secretariado Permanente da CGT de Galicia

 

CGT Pontevedra – Xornadas Libertarias Abril 2016

Cartel XornadasCGT-Pontevedra organiza na próxima semán (26 abril – 1 de maio) as Xornadas Libertarias. Comenzarán o luns, 26 de abril, coa inauguración da Exposición «La muerte de la libertad», sobor da represión do movemento libertario baixo o franquismo e rematarán o 1º de Maio, coa manifestación conxunta das organizacións anarcosindicalistas CGT e Sindicato Pontevedra Libertaria. Sigue o programa e calendario.

Read More

 

Manifestacións das Marchas da Dignidade o 8 de outubro.

dignidadeA Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, da que fai parte a CGT de Galicia, ten convocado manifestacións nas principais cidades galegas, preparatorias da mobilización do vindeiro 24 en Compostela.

As manifestacións partirán dos seguintes puntos ás 20 horas, agás en Ferrol que o fará ás 18:30 horas:

  • Vigo: Praza de Fernando o Católico.
  • A Coruña: Praza de Portugal
  • Compostela: Porta do Camiño
  • Ourense: Subdelegación do Goberno
  • Lugo: Ronda da Muralla (Edificio Xunta)
  • Pontevedra: Praza da Peregrina.
  • Ferrol: Praza de Amada García.

 

Posición da CGT de Galicia na Asemblea das Marchas da Dignidade

O pasado sábado, día 19, tivo lugar na Coruña a II Asemblea Galega das Marchas da Dignidade. Nela interviron as plataformas comarcais e público en xeral, facendo as organizacións unha pequena intervención de dous minutos. O representante da CGT fixo a seguinte intervención:

A Confederación Xeral do Traballo, CGT de Galicia, comparte con esta Asamblea a necesidade de impulsar a organización das comarcas e plataformaslocais e reforzar a súa capacidade de decisión, respetando as súas iniciativas.
En segundo lugar, a función das Marchas da Dignidade é a movilización social permanente e non a intervención ou participación institucional, directa ou indirecta.
Terceiro: "Pan, Traballo, Teito e Dignidade" é un lema que une a centos de organizacións e a millóns de persoas en todo o Estado. Entendemos que este lema sintetiza ben o que somos, o que queremos ser, e a nosa vontade reivindicativa e de loita. Non é doado cambiar este lema dun día para outro. Por outra banda, non se poden confundir os lemas coas reivindicacións, que sí están ben expresas no manifesto unitario.

En cuarto lugar, a CGT considera necesario manter o calendario de movilizacións previsto en Galicia para este mes de outubro: manifestacións nas sete cidades galegas e, finalmente, todos xuntos a Compostela.

Secretariado Permanente da CGT de Galicia

 

Acto de despedida da compañeira Teresa

TeresaA compañeira Teresa Vázquez Arias, militante senlleira do anarcosindicalismo, que fora Secretaria Xeral da CGT de Galicia, finou hoxe en Ourense.

Os compañeiros faremos un acto de despedida mañá, 2 de setembro, ás 18:00 horas, no Tanatorio das Burgas – 2, sito no polígono de Barreiros (Ourense).

Os que tivemos a sorte e honra de compartir a militancia e as loitas con Teresa, queremos facer chegar aos seus compañeiros, amigos e familiares o noso apoio nestes momentos de tristura.

Comité Confederal de Galicia da CGT

 

 

Nota de prensa da CGT de Galicia

Ante as noticias aparecidas o día de hoxe en diversos medios de comunicación que informan da presentación, como candidato a la alcaldía de Vigo, de Miguel Ángel Cabaco, secretario de Acción Social da CGT de Vigo, a CGT de Galicia manifesta o seguinte:
a) A CGT non avala nin apoia ningunha candidatura electoral.
b) Os Estatutos de la CGT prohiben expresamente a utilización das siglas do sindicato na promoción de ningunha candidatura política e establecen os mecanismos de incompatibilidade entre os cargos sindicais e os membros de candidaturas e organizacións políticas.
c) A CGT tomará as medidas necesarias para facer que se cumpran os Estatutos da organización de forma inmediata.

A Coruña, 11 de marzo de 2015

 

Resultados en Galicia das eleccións sindicais en RENFE e ADIF: A CGT pasa de 6 a 8 delegados, con presencia en todas as provincias galegas

O día 3 de marzo celebráronse unhas novas eleccións sindicales en Adif e Renfe Operadora. Os compañeiros e compañeiras do Sector Ferroviario da CGT de Galicia renovaron o apoio dos traballadores e traballadoras ferroviarias á labor sindical combativa, de clase, e de firme defensa dun ferrocarril público e social que veñen desenvolvendo dende xa hai anos. cgt ferroviarios

Logo deste proceso electoral, a CGT contará con representación nos catro comités provinciais e contará con 8 delegados e delegadas (fronte aos 6 delegados/as cos que contaba ata o de agora), que se reparten como segue:

Na Coruña, a CGT terá un delegado en Renfe e outro en ADIF, o mesmo resultado que na provincia de Pontevedra. En Ourense, haberá dous delegados da CGT por ADIF e un por Renfe, mentres que en Lugo, haberá un delegado da CGT por ADIF.

A nivel de todo o estado, a CGT aumenta os votos pasando dun 12,5% a un 15,5%, converténdose na terceira forza sindical en Adif. En Renfe, a CGT mantén a súa representatividade, constituíndo a única alternativa real aos sindicatos institucionalizados e corporativos.

A CGT tendrá 2 representantes no Comité Xeral (CG) de ADIF e 2 representantes no Comité Xeral de Empresa (CGE) de Renfe Operadora.

Mais info: Páxina de Facebook do Sector Ferroviario da CGT de Galicia. (https://www.facebook.com/sectorferroviario.cgtgaliza )