post

27S: Folga xeral e xornada de loita por Palestina

En resposta á petición da Federación de Sindicatos palestinos, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) e a Confederación Sindical «Solidaridad Obrera» teñen convocado, en todo o estado español, unha Folga Xeral e xornada de loita polo fin do xenocidio e o apartheid contra o pobo palestino, para o vindeiro 27 de setembro.

A CGT de Galicia fai un chamamento a toda a clase traballadora e á cidadanía a secundar a xornada de folga e mailas mobilizacións que terán lugar nese día:

  • A Coruña: Manifestación, con saída do Obelisco, ás 20 horas.
  • Compostela: Manifestación, con saída da Praza Roxa, ás 12 horas; e Concentración no Obradoiro, ás 19 horas
  • Ferrol: Concentración na praza da Vella, ás 20 horas.
  • Ourense: Manifestación, con saída desde praza das Mercedes, ás 20 horas.
  • Pontevedra: Manifestación, con saída do Hospital, ás 20 horas.
  • Redondela: Concentración, fronte BBVA-Santander na rúa Alfonso XII, ás 11 horas.
  • Vigo: Concentración no Marco, ás 19 horas.

 

post

CGT GALICIA REXEITA A INSTALACIÓN DUNHA PLANTA DE FIBRASTÉXTILES E CELULOSA NA COMARCA LUCENSE DA ULLOA

A Confederación Xeral de Traballo (CGT) de Galicia manifesta o seu rexeitamento á pretensión do consorcio empresarial, ALTRI, de instalar enPalas de Rei unha macroplanta de fibras téxtiles e celulosa.

CGT reclama a paralización do proxecto polos efectos devastadores que a súa instalación e actividade provocará sobre un vasto territorio -desde a comarca lucense da Ulloa á Ría de Arousa-, causando un dano irreversible á actividade agropecuaria e forestal, ao medio ambiente e á saúde pública en toda Galicia.

ALTRI é a segunda industria papeleira de Portugal onde ten tres factorías, reiteradamente sancionadas por varios episodios de contaminación do río Texo. Co plan na Ulloa, asociada coa compañía galega Greenalia, ALTRI planea poñer en marcha o complexo industrial sobre un terreo de 336 hectáreas (dez
veces maior que o que ocupa Celulosa de Pontevedra), con capacidade para producir anualmente 400.000 toneladas de pasta de celulosa e outras 250.000 de tecido lyocell, baseado na fibra de madeira.

Estes obxectivos declarados de produción demostran que a poboación galega da extensa área afectada enfrontarase de feito á instalación no centro de Galicia dunha macrocelulosa, que reproducirá, multiplicándoos, os danos ambientais, de saúde pública, contaminación e á actividade agropecuaria e
forestal sostible, causados pola actividade da pasteira Celulosa de Pontevedra.

O contubernio económico-político: o ‘lobby’ ao que recorreu ALTRI para tramitar o seu proxecto perante as administracións españolas é Acento Public Affairs, que lideran os exministros José Blanco, exsecretario de Organización do PSOE con José Luis Rodríguez Zapatero, e Alfonso Alonso, expresidente do PP do País Vasco con Mariano Rajoy. Este lobby ‘conseguidor’, Acento Public Affairs, logrou que a Xunta de Galicia escollese o proxecto de ALTRI como unha das iniciativas susceptibles de financiamento a través dos fondos Next Generation da Unión Europea -podería recibir máis de 250 millóns de diñeiro público, o 30% do investimento inicial- declarándoo ‘proxecto estratéxico e de utilidade pública para Galicia’. Do mesmo xeito que conseguiu que o proxecto fose aprobado inicialmente por todos os partidos políticos do parlamento galego, por máis que as tres factorías que ALTRI ten en Portugal, acumulen xa varias denuncias e sancións por contaminar o río Texo.

Privatización e agonía do río: A propia empresa, ALTRI, asegura que a planta extraerá do río Ulla, no encoro de Portodemouros, a impresionante cifra de 46 millóns de litros de auga diarios. Unha vez usado no proceso industrial tan enorme caudal, a planta ‘devolverá’ diariamente ao río Ulla uns 30 millóns de litros a unha temperatura de 27º. O que significa que, un centenar de quilómetros augas abaixo, alcanzarán a Ría de Arousa, pero xa contaminados, como demostra a experiencia de ENCE en Pontevedra, afectando ribeiras, regas, recursos hídricos, subsolo acuático e capa freática.

Degradación do bosque galego e eucaliptización: A produción de biofibra e pasta de celulosa previstas, precisará consumir 1,2 millóns de toneladas anuais de madeira de eucalipto, o que, sen ningunha dúbida, agravará a desastrosa “eucaliptización” de Galicia, imposta no último terzo do século XX pola localización de Celulosas na ría de Pontevedra.

Agresión a unha área de máxima protección ecolóxica: Ademais, as 360 hectáreas que ocupará o complexo sitúanse ás portas da Serra do Careón, unha área de máxima protección ambiental incluída na Rede Natura 2000, que alberga varias especies en perigo de extinción, endemismos únicos no mundo
e 17 especies que, segundo a normativa de protección internacional, deben ser obxecto de medidas de conservación.

Reclamo dos postos creados: Como escusas falsas para xustificar a construción do descomunal proxecto, a propaganda de ALTRI argumenta, por unha banda, que cumpre coa normativa ambiental legal, e polo outro a «creación de centos de postos de traballo directos e indirectos”. Ambos os argumentos son igual de mentireiros, por canto a produción real da súa actividade non será outra que o abafador dano ecolóxico, sanitario e social descrito, coa súa secuela de destrución de innumerables postos de traballo no
sector primario da conca do Ulla e ría de Arousa.

Por estas razóns, a CGT, en defensa do medio ambiente, o territorio e a saúde pública, comparte a mobilización xeral contra tan daniño proxecto, incorporándose ás accións colectivas dirixidas á súa paralización neste ou calquera outro lugar de Galicia.

A Coruña, Maio, 2024
SP do Comité Confederal de CGT-Galicia

 

post

Un pacto de rendas?

A escalada belicista que se desatou tras a invasión de Ucraína por parte de Putin, debuxa un panorama desalentador, as guerras, auspiciadas polas ansias imperialistas, son un gran negocio para a industria armamentística pero un gran prexuízo para os pobos.

A subida escandalosa dos prezos dos produtos básicos está propiciada pola especulación dos mercados que aproveitan o drama humano para aumentar os beneficios das grandes multinacionais. Velaí o caso do oligopolio eléctrico que leva meses incrementando artificialmente os custos da enerxía, sen que os Gobernos fagan algo para evitalo.

A situación actual agudiza o empobrecemento das traballadoras e traballadores, obrigadas a soportar o peso das sucesivas crises económicas, mentres que as fortunas dos máis ricos non deixan de aumentar.

A CGT de Galicia leva meses denunciando esta situación de abuso e de espolio das clases populares, reclamando unha repartición xusta da riqueza a través de subidas salariais que recuperaren o poder adquisitivo perdido durante todos estes anos, así como o reparto do traballo. Pola contra, o Goberno do Estado Español está a buscar “un pacto de rendas” entre a patronal e os sindicatos maioritarios, CCOO e UGT, que de levarse a cabo, suporá un recorte dos salarios, o que causará un maior sufrimento para as maiorías sociais.

Urxe acabar coa especulación dos prezos da enerxía, dos produtos básicos ou da vivenda. Este sindicato rexeita o incremento do gasto en defensa, que só obedece a intereses privados, e comportará, inevitablemente, un menoscabo dos servizos públicos como son a educación e sanidade, fomentando unha maior deterioración das condicións materiais da clase traballadora.

A CGT de Galicia resalta a necesidade de avanzar na conquista de dereitos sociais, acabando coa precariedade laboral, así como coa desvalorización salarial que só beneficia á patronal. Nestes momentos difíciles, é necesaria unha maior conciencia colectiva que propicie mobilizacións nas rúas para esixir o fin de todas as guerras e a defensa dos dereitos humanos.

Secretariado Permanente

CGT de Galicia.

 

post

ANTE A INVASIÓN DE UCRAÍNA

Con profunda dor asistimos unha vez máis á invasión e devastación dun país por unha gran potencia militar. O exército ruso ataca Ucraína, destrúe as súas cidades, mata por centos ou miles dos seus habitantes e empuxa ao exilio a máis de tres millóns de mulleres, nenos e anciáns, mentres os homes en idade de combater permanecen suxeitos á leva forzosa do exercito ucraíno e o control das milicias nacionalistas.

Ningunha causa pode xustificar esta matanza nin escusar aos seus responsables criminais. Do mesmo xeito que ningún motivo nin escusa alcanzan a lexitimar o horror das múltiples guerras actuais, máis aló da xigantesca rapina e exercicio de autoridade que promoven os estados con afáns imperiais e os poderosos de toda clase contra o planeta enteiro e os seus habitantes.

Ignoramos por canto tempo resistirá o pobo ucraíno esta invasión do seu país, pois como en Palestina a distancia entre o poderío militar do agresor ocupante e a capacidade de resposta das súas vítimas, é abismal. Pero tampouco ignoramos que os asasinos de agora en Ucraína, do mesmo xeito que sucede en Palestina, Libia, Sahara ou Kurdistán, non poderán gozar xamais dunha vitoria segura, pois na historia da humanidade a toda inxustiza segue sempre o clamor insomne pola liberdade dos oprimidos dun e outro bando.

Con este convencemento, desde a CGT de Galicia manifestamos nosa máis enérxica repulsa á agresión do goberno ruso contra as xentes de Ucraína e á catástrofe de que somos testemuñas. Todo iso, cun dobre obxectivo inmediato. En primeiro lugar, para tentar parar a guerra e os bombardeos sobre a poboación civil e participar, na medida das nosas forzas, na solidariedade activa co pobo ucraíno. En segundo lugar, para denunciar a maquinaria de guerra que está en marcha e mobilizarnos ata lograr inutilizala en Ucraína e en todo o planeta.

No medio deste loito, reclamamos imperativamente o dereito e o deber lexítimos que ten todo pobo oprimido -ucraíno, palestino, saharauí, iemení, kurdo, libio, maliano …- a loitar pola súa liberdade e dignidade, cara a unha sociedade sen opresión nin explotación. Proclamamos o dereito e o deber que asiste a todo habitante e colectividade humana a decidir o seu propio destino, libre da coacción militar das grandes potencias que rivalizan entre elas por saquear o planeta e libre tamén dos gobernos nacionais baixo os que sucumbe.

Non esquecemos que a causa primeira da guerra, das máis de vinte conflitos bélicos que agora mesmo arrasan outros tantos países, é a necesidade de soster o réxime político-económico capitalista que aboca á destrución da biosfera e os seus habitantes, arruinando a xeografía planetaria.

Só loitando firme e solidariamente contra esta aberración insostible e contra as urxentes inxustizas de hoxe, poderemos reivindicar outro mundo posible, para nada utópico, no que non caiban desigualdades nin violencia, pois para todos nós, como dixo Ricardo Mella, na nosa loita hai un só denominador común, unha soa vontade e unha soa arma útil: a liberdade colectiva, materializada no apoio mutuo que a si mesma débese a clase traballadora e a xustiza para todos os seres humanos.

A CGT é unha organización sindical internacionalista que está contra todas as tiranías, pois loita polo fin de toda opresión e explotación en calquera lugar do planeta. É dicir, non só estamos contra aquelas ditaduras que son coñecidas polos nomes particulares dos seus xefes e países, senón tamén e sobre todo contra aqueloutra Tiranía Universal que camufla a responsabilidade dos seus crimes tras un infame anonimato.

Uns crimes que son sobradamente coñecidos pois alcanzan magnitudes pavorosas e inocultables. 2.500 millóns de habitantes deste planeta viven en condicións inhumanas. 800 millóns padecen fame e douscentos millóns deles morrerán leste mesmo ano antes vítimas da pandémica miseria. Cada día deste ano, máis de 30.000 nenos morreron vítimas da desnutrición e a desatención. O mesmo número que morrerá mañá e tamén pasadomañá. E asi sucederá cada día que pase antes de que fagamos caer este tiránico réxime económico-político.

Pois esta é a tiranía que arrasa o planeta … que o destrúe, … que esquilma os seus recursos … que envelena o ambiente e explota en multitude de países por centos de millóns de traballadores. Esta é a verdadeira e mendaz tiranía que dispón das armas máis mortíferas, dos bombardeiros máis eficaces, das fragatas máis infernais.

Rexeitamos pois esta inicua orde mundial; esta tiranía económica, política e institucional, baseada no militarismo e comercio do armamento, capaz de tecer friamente a morte de pobos e países enteiros. Tan fría e calculadora como agora mesmo estao levando a cabo o goberno ruso sobre a súa veciña Ucraína.

Fronte á guerra e os seus responsables, reivindicamos a solidariedade insurxente e abrazo internacional coas súas vítimas directas.

Fronte á opresión e o militarismo, imperiais e locais, celebramos a rebeldía pola liberdade.

Fronte á ignorancia e a narcotización imposta pola industria mediática, enarboramos as bandeiras do saber, a crítica emancipadora e a intelixencia colectiva.

Non á guerra! Non ao comercio internacional de armas e á exhibición criminal da capacidade de dar morte, como garantía do poder económico e a hexemonía xeopolítica! Non ao terrorismo de estado, vilmente executado polas potencias militares mundiais sobre os pobos que oprimen! Non á criminal cobiza duns poucos -os que gobernan despoticamente o planeta, competindo entre eles pola parte do botín dispostos a apropiarse pola forza das súas armas da riqueza social e natural que é de todos!

Cabe lembrar que hai palabras polas que merece a pena vivir e morrer porque elas mesma son a vida e a súa negación a morte, palabras como dignidade, liberdade, solidariedade. Entre esas palabras, hoxe destaca con grave intensidade: Ucraína.

A CGT de Galicia participará na solidariedade efectiva e material co pobo ucraíno, entregándoa ás organizacións sindicais e sociais afíns que, agora mesmo, están a loitar contra a invasión e, por iso, necesitadas urxentemente de todo aquilo que lles defenda, permita a resistencia e alente a loita fraternal pola liberdade e a xustiza universais.

Comité Confederal de Galicia

 

 

post

Solidaridade co pobo colombiano

Ante os gravísimos acontecementos que están a suceder en Colombia, a CGT de Galicia manifesta o seguinte:

  1. Desde a convocatoria da Folga Xeral do pasado 28 de abril en protesta por unha reforma fiscal que pretende que xs traballadorxs pobres colombianos paguen os pratos rotos dunha crise económica creada polos poderosos e capitalistas, a represión criminal do goberno de Iván Duque ten causado ducias de mortes, mutilacións con perdas de ollos, un milleiro de persoas feridas polas balas das forzas represivas e incontables detidxs.
  2. Nun país no que se incrementa o índice de miseria e o asasinato de loitadorxs sociais no medio dunha corrupción galopante, estase a producir, ademais, a militarización dos centros urbanos coa intención gobernamental de impoñer as súas políticas a sangue e lume.
  3. Desde hai tres anos, cando Iván Duque asumiu a presidencia do país, se ten producido en Colombia o asasinato de máis de 1.000 militantes sociais, entre defensorxs dos dereitos humanos, guerrilleirxs desmobilizados, reclamantes de terras e dirixentes sindicais. Todas estas mortes sucédense mentres as investigacións da fiscalía non chegan a ningún lado e prodúcese a mais completa impunidade.
  4. A CGT de Galicia rexeita a brutal represión en Colombia e envía a súa solidariedade co pobo traballador colombiano neste gravísimo momento de sufrimento e represión.
  5. A CGT de Galicia fai un chamamento á solidariedade co pobo colombiano, que está defendendo nas rúas os seus dereitos e as arelas dunha sociedade máis xusta, convidando á poboación de Galicia a participar nos actos que se convoquen.

ABAIXO O GOBERNO CRIMINAL!

ABAIXO O PAQUETAZO DA FAME E REPRESIÓN!

VIVA A LOITA INTERNACIONAL DXS TRABALLADORXS!

 

post

DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Concentracións en Galicia 27 de febreiro.

CGT- de Galicia fai un chamamento a todas as organizacións, colectivos e entidades do movemento social reivindicativo e ao conxunto da sociedade galega para que acudan e participen, en réxime de autoconvocatoriapara todos aqueles que sentan concernidos, das concentracións en defensa da Sanidade Pública, que terá lugar o sábado, 27 de febreiro, coincidente coas mobilizacións que terán lugar ese mesmo día e co mesmo motivo en decenas de localidades de toda España, respondendo o chamamento realizado pola Coordinadora Antiprivatizaciónda Sanidade ( CAS).

"A un ano do inicio da pandemia … atopámonos de novo co sistema sanitario ao bordo do colapso en moitos territorios, o que implicará mortes evitables, que como sempre afectarán máis á clase traballadora e aos sectores excluídos" É hora de esquecer diferenzas e loitar todos unidos contra a destrución programada do Sistema Nacional de Saúde e esixir a derrogación das leis privatizadoras.

En cumprimento destes obxectivos, son lemas sinalados da convocatoria en Defensa da Sanidade Pública:

  • Derrogación da Lei 15/97 e do artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade. Nunca máis mortes evitables, nunca máis privatizacións, nin mercantilización da saúde.
  • Fin da precariedade laboral en todo o ámbito sanitario e dun sistema de contratación fraudulento e en abuso de lei
  • Aumento de persoais e servizos sanitarios, que garantan permanentemente a atención a todos os pacientes e, nestes momentos, afrontar adecuadamente a Covid19 con protección preventiva da saúde do persoal sanitario e usuarios.
  • Xestión da sanidade pública con criterios sanitarios de atención aos pacientes e de prevención e non con criterios mercantís ou de recortes orzamentarios.
  • Reforzamento, impulso e incremento orzamentario da Atención primaria, centrada na saúde.
  • Por unha industria sanitaria, farmacéutica e investigación bio-sanitaria públicas
  • Sanidade para todas as persoas, independentemente da situación administrativa
  • Coidados dos nosos maiores con dignidade e atención adecuada ás súas necesidades. • Por un sistema sanitario centrado nos determinantes sociais da saúde e a enfermidade, universal, gratuíto e de calidade no momento da prestación.
  • Non ás privatizacións aceleradas das partes rendibles dos sistemas sanitarios, á concesión a empresas privadas de servizos públicos do ámbito sanitario ou a implantación cada vez maior de mecanismos da empresa privada, baseada no ánimo de lucro, nos sistemas estatais, o que xera deterioración da calidade asistencial e incremento dos custos".

Pois é esta unha cuestión que afecta a todas as persoas.

Defendamos a sanidade pública, participemos nas concentracións do 27 de febreiro.

Concentracións as 12 horas en:

A Coruña, Obelisco

Pontevedra, Praza da Peregrina

Vigo, Urzaiz/Principe

 

post

Movilizaciones en Banco Santander

El Banco Santander lleva inmerso en diferentes procesos de reestructuración de plantilla mediante Expedientes de Regulación de Empleo desde el 2013. En todos los EREs llevados a cabo hasta la fecha entre esa fecha y la actualidad, unidos a los del extinto Banco Popular, se han destruido más de 15.000 empleos.

Una herramienta que debería ser para casos excepcionales la está utilizando el Banco de manera sistemática para la destrucción de miles de puestos de trabajo, algo que ninguna otra empresa del sector ha hecho a pesar de atravesar las mismas situaciones de mercado.

En la actualidad nos vemos inmersos en un proceso por el que se pretenden llevar por delante, en el mejor de los casos, 4.000 puestos de trabajo, ello sin olvidarnos de la precarización de las condiciones laborales de quienes sean externalizados a empresas de servicios.

Dichas externalizaciones suponen una utilización fraudulenta de la legislación vigente, dado que llevarían a otras empresas tareas que actualmente se realizan en el Banco y que son parte fundamental del negocio bancario, pero su externalización supondría un ahorro de costes para la entidad, así como una precarización en las condiciones de lxs compañerxs externalizadxs.

A esto le sumamos unas deplorables condiciones de salida ofertadas, lo que pone de manifiesto que para el Banco Santander los beneficios están claramente por encima de las personas. Y no olvidemos que son precisamente las personas las que con su esfuerzo y dedicación diaria hacen que esos beneficios se incrementen año a año.

Por estos motivos CGT consideramos que ha llegado el momento de salir a la calle a reivindicar la defensa de todos y cada uno de los puestos de trabajo. Porque aquí no sobra nadie y todxs unidxs debemos mostrar al Banco Santander que Galicia se opone a sus políticas de destrucción de empleo. Porque la precarización del sector bancario redundará negativamente en toda la comunidad gallega.

Este sábado 12 de diciembre a las 12.00 nos vemos en el Cantón Grande de A Coruña y en el cruce de Colón de Vigo unidxs en la lucha por los puestos de trabajo del sector bancario.

 

 

post

NIN PERMISO, NIN RETRIBUÍDO

Ante a decisión gobernamental de obrigar á práctica totalidade da clase obreira a un confinamento xeneralizado en situación dun suposto «permiso retribuído recuperable», a CGT de Galicia manifesta o seguinte:

  1. Denunciamos a falacia que supón denominar permiso retribuído a unha situación que, por un lado, é obrigatoria -non é, polo tanto, un permiso- e que, en segundo lugar, hai que recuperar -non é, polo tanto, retribuído-. Tratase, simplemente, dunha redistribución irregular da xornada laboral decidida unilateralmente polo goberno.
  2. Con esta decisión, québrase toda a lexislación laboral sobre xornada e descansos ao permitir que se estableza, na recuperación, unha xornada superior á lexislada ou á convida. Rexeitamos que isto se faga por decisión gobernamental unilateral e non polos mecanismos establecidos legalmente (fundamentalmente, a negociación colectiva).
  3. Deixar en mans da patronal a decisión final -en caso de falta de acordo- de cómo a empresa vai recuperar ditos días, suporá un novo recorte nos dereitos laborais, coñecendo o carácter cuasiescravista da patronal, sempre proclive a laminar calquera dereito sindical.
  4. Esta situación agravarase no caso de quen teña concedida a conciliación, que se verá obrigado a negociar novamente a súa situación e distribución de xornada. Hai que ter en conta que, en numerosas ocasións, tiveron que conseguila acudindo aos tribunais, polo que no será de estrañar que volvan a necesitar xudicializar a cuestión, perdendo meses antes de que los xuíces lles volvan dar a razón.
  5. Se esta situación durase só quince días, habería que recuperar unhas tres horas semanais ata fin de año. Se a situación se prolongase máis no tempo, la recuperación convertería a xornada do persoal afectado en algo intolerable propio de situacións de escravitude, por non falar da posible perda das vacacións no proceso.
  6. É intolerable a situación da Inspección de Traballo. Os seus medios son totalmente insuficientes en situación de normalidade e moito máis na actual, limitándose, cando actúa, a reconvir ou exhortar ao empresariado e a dicirlles aos traballadores e traballadoras que acudan aos tribunais. Non se pode esperar que as situacións de inxustiza sexan resoltas pola Inspección.

Novamente, el goberno actúa sen ter en conta a clase obreira e a realidade das relacións laborais reais existentes nos centros de traballo e na maioría das empresas: unha absoluta indefensión del persoal ante as decisións e abusos empresariais. Non se pode pedir que sexan os traballadores os que paguen a crise sanitaria e debe esixirse ás empresas que asuman as consecuencias da súa actividade ou, neste caso, da ausencia dela. Tampouco esquecemos a actitude colaboradora e vergoñenta de CCOO-UGT.

Soamente a organización e unión da clase obreira poderá facer fronte aos abusos da patronal e á complicidade gobernamental. Por isto o noso chamamento a non deixarse levar pola resignación, senón á loita contra toda inxustiza. Combatamos o COVID-19, pero tamén o virus capitalista; este si que está durando demasiado.

Comité Confederal de CGT Galicia.