A CGT de Vigo anuncia a celebración dunha charla-coloquio sobor da "Reforma Laboral", na que actuará de ponente a asesora laboral do sindicato, Ester López. A charla é aberta, no local da CGT en Vigo (r/Úrzaiz 73) o próximo mércores, 18 de abril, ás 19 h.
CGT-Vigo
Charla formativa sobre as novas reformas laborais
Este xoves, 22 de setembro, a partir das 17 horas, celebrarase nos locais da CGT da Coruña unha charla formativa sobre os últimos recortes e reformas laborais. Con este motivo, desplazaranse desde Madrid dous compañeiros, un do Secretariado Permanente do Comité Confederal e outro do gabinete xurídico confederal.
Polo interés do seu contido, a charla está aberta a toda a afiliación, especialmente aos representantes da CGT nas empresas.
Conferencia sobre a reforma laboral e a campaña confederal de outono
Este mércores 21 de setembro ás 19:00 na sé da Federación Local de Sindicatos de Vigo
Contaremos ca presencia de Luis Romón, Secretario de Organización do Secretariado Permanente da CGT do estado e de Jacinto Medrano, membro do Gabinete Xurídico Confederal.
En dita conferencia abordarase a reforma laboral e darase a coñecer o contido da campaña Confederal deste outono.
1º De Maio en Vigo
Preséntanse as actividades preliminares ao 1º de Maio en Vigo, cun ciclo de charlas que de seguro dará moito que falar
Inauguración na Coruña do Memorial ás vítimas da represión franquista
A Reforma Laboral: charla formativa na Coruña
O venres día 9 de xullo, ás 19:30 horas, nos locais da CGT da Coruña, terá lugar unha charla formativa para afiliados sobre a Reforma para o Despedimento, recentemente aprobada polo goberno.
O tempo previsto de duración é de unha hora.
Xornadas e Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias, na Coruña.
O vindeiro martes, 20 de abril, ás 19:00 horas, na Escola de Artes e Superior de Deseño "Pablo Picasso" da Coruña (Rúa dos Pelamios, nº 2), terá lugar a inauguración da Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña.
Read More
Manifestación por Palestina. Paremos o xenocidio. Solidariedade con Palestina
A CGT de Pontevedra convocou a tódolos sindicatos, asociacións e entidades do movemento social a unha xuntanza co obxectivo de facer unha convocatoria unitaria de manifestación en Pontevedra por Palestina.
A xuntanza tivo lugar o día 7 xaneiro no salón de actos do edificio sindical, asistindo todos os sindicatos (CCOO, CIG, CNT e UGT, ademais da convocante CGT) e as asociacións Amarante, Asociación Marroquí de Pontevedra, Asociación Multicultural Sinfronteras de Pontevedra, Asociación pola defensa da ría (APDR), Briga, Federación de veciños Teucro, Redes Escarlata e Verbo Xido de Terra de Montes. Read More
Boletín informativo 120: a directiva da vergoña
A CGT ven de publicar este boletín, adicado á Directiva sobre procedementos e normas comúns nos Estados membros para o retorno dos nacionais de terceiros países que se atopen ilegalmente no seu territorio, é dicir, á xa coñecida como Directiva da vergoña.
No boletín analízase a directiva punto por punto e explica o seu sentido sancionador: as fases da decisión de rotorno «voluntaria» e a de expulsión, as prohibicións de entrada, as vías de recurso e asistencia xurídica, o internamento e a normativa europea sobre internamento e retorno de menores non acompañados. Read More
El constitucional obliga a Atento a readmitir a Paula, la compañera despedida en Coruña hace cuatro años
Cuatro años después de que la empresa Atento despidiese a la compañera Paula Ventureira, trabajadora de A Coruña y afiliada a la CGT, el Tribunal Constitucional ha decidido revocar la sentencia del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia y la posterior del Tribunal Supremo que consideraban el despido improcedente, en contra de lo sentenciado por el Juzgado de lo Social número 4 de A Coruña, que lo había estimado nulo. Read More