Paros en Correos e Manifestación contra o apagón postal

O vindeiro venres, 9 de abril, os traballadores e traballadoras de Correos están convocados a secundar a manifestación e mailos paros convocados pola CGT xunto con outras organizacións sindicais, contra o apagón postal e pola viabilidade de Correos.

A manifestación sairá ás 12:30 horas dende a Xefatura Provincial de Correos na Coruña e o percorrido rematará diante da Delegación do Goberno.

A fin de facilitar a participación de todos, haberá buses que partirán dende Ferrol e Compostela, para os que é preciso anotarse no seguinte número de teléfono: 690.649.971

O paro parcial de catro horas está convocado do seguinte xeito:

  • Carteirías e Oficinas: de 11 a 15 horas.
  • Oficinas de Centro Comerciais: de 12 a 16 horas.
  • CTA:  quenda de mañá: de 11 a 15; quenda de tarde: de 15 a 19; 1ª quenda de noite: de 1 a 5; 2ª quenda de noite: de 3 a 7

A participación de todas e todos é fundamental na defensa de Correos como servizo público.

 

Continuación da Asamblea da CGT da Coruña

A Asamblea do SOV da CGT da Coruña reunida o pasado venres, 5 de febreiro, non puido rematar o debate de tódolos puntos da Orde do Día nun tempo razoable , polo que decidiu autoconvocarse para continuar o debate dos puntos que ficaron sen tratar nunha nova sesión que terá lugar o vindeiro mércores, 10 de febreiro, a partir das 19 horas.

 

 

Manifestación dos traballadores de Correos

buzon3Este domingo, 14 de xuño, ás 12 horas, comezará a manifestación dos traballadores de Correos de toda Galicia polas rúas de Santiago de Compostela. A manifestación está convocada por todos os sindicatos, entre eles a CGT.

O percorrido da manifestación é o seguinte: saída desde a Alameda, continuando polas rúas de Doctor Teixeiro, República do Salvador, Hórreo, Orfas, a Praza do Toural, a rúa do Vilar e Praterías.

Por un servizo de Correos público, social e universal! Non faltes á cita.

 

A CGT mantén a súa representación no comité de empresa provincial de Telefónica na Coruña.

Nas eleizóns sindicais celebradas o pasado 29 de marzo, a candidatura de CGT mantivo a representación coa que xa contaba no comité provincial de Telefónica da Coruña, cun delegado, a pesares da reducción de plantilla que se veu producindo e a pesares tamén da irrupción de candidaturas específicas de Telefónica.

Pódense consultar tódolos datos por provincias na páxina web do Sindicato Federal de Telefónica de CGT.