post

Navantia, as auxiliares e Alcoa maniféstanse na Coruña

Navantia Ferrol, as súas empresas auxiliares e Alcoa, manifestaránse conxuntamente polas rúas da Coruña o día 31, mércores. A mobilización comezará ás 10:00 horas no edificio sindical e rematará diante da sede da patronal, na praza de Luís Seoane.

A orixe desta protesta parte da negativa da patronal de incluír os acordos asinados no 2001 polas empresas auxiliares de Navantia no convenio provincial do metal se non se aceptan condicións novas non pactadas.

No caso de Alcoa, a protesta é unha das mobilizacións provocadas polo anuncio do peche do centro de traballo coruñés, que deixa na rúa a 600 persoas, entre contratos directos e indirectos.

A CGT da Coruña manifesta o seu apoio á mobilización e fei un chamamento a que a afiliación, simpatizantes e pobo traballador se una á protesta.

NON DEIXES QUE PISEN A@S COMPAà‘EIR@S!

ALCOA NON SE PECHA!

NAVANTIA E AS AUXILIARES EN LOITA!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Palestra pública coa CGT na Coruña

O próximo  luns, día 29, organizada polo Forum Propolis, da Coruña, celebrarse unha palestra pública sobre a situación do traballo en Galicia, no que participará a CGT (representada polo compañeiro José del Río), xunto coa CUT e o SE.
O acto comezará ás 20:30 horas e terá lugar no local do propio Forum  Propolis, situado na rúa Barcelona.
Estades tod@s convidad@s.
Comité Local da CGT da Coruña

 

post

[A Coruña] Solidariedade co@s traballador@s de Alcoa

A CGT da Coruña quere amosar o seu apoio solidario co cadro de persoal de Alcoa, que se atopan cun ataque do capitalismo máis voraz e depredador. Máis de 600 familias, entre traballador@s direct@s e indirect@s están vendo perigar o seu sustento pola decisión salvaxe dunha patronal que, axudada polas decisións políticas que foron favorecendo a súa impunidade, decide que hai outr@s traballador@s noutra parte do mundo que aínda poden ser máis expremidos que @s de aquí.

Por iso, a CGT da Coruña anima a toda a súa afiliación e simpatizantes, e ao pobo traballador coruñés, a que acudan á manifestación que terá lugar o próximo día 29, luns desde a factoría de Alcoa ata a Delegación do Goberno da Coruña, a partir das 17:30, e que fará unha parada na Praza da Palloza para unirse a tod@s os que queiran apoiar.

ALCOA NON SE PECHA!

UNIÓN, ACCIÓN, AUTOXESTIÓN!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Concentración contra as malas prácticas da mutua «La Fraternidad»

O Comité de Empresa de Atento Coruña, do que a CGT forma parte, convocou unha nova concentración para o vindeiro mércores 10 de outubro ás 11 da mañá, diante da mutua La Fraternidad (Avda. do exército, 12). Do mesmo xeito que a protesta levada a cabo o pasado 27 de xuño, o motivo da concentración é esixir o cesamento das malas prácticas da mutua que, en lugar de prestar asistencia médica @s traballador@s que están de baixa, o que fai é presional@s para que pidan o alta ou propoñela sen o seu coñecemento aínda que non estean en condicións de acudir a traballar.

Sección Sindical CGT Atento – A Coruña

 

post

Luns, 17 de setembro, paro de 24 horas en Atento A Coruña

Tras máis de 3 meses de continuas mobilizacións das traballadoras e traballadores de Atento Coruña en protesta polos despidos, sancións e as nefastas condicións laborais que están a padecer, o pasado martes a empresa reuniuse co comité de empresa para tratar as reivindicacións da plantilla.

 

Atento comunicou o comité de empresa a sua intencións de non rematar cos despidos e as sanción cando e como considere necesario, aínda que non exista motivo real que os xustifique, tamén indicou que non pode facer nada en canto a mellorar as condicións do traballo en temas como que as aplicacións informáticas non fallen a diario ou que @s traballador@s dispoñan de un tempo administrativo entre chamada e chamada para poder cumplimentar os datos das mesmas.

 

Por todo isto, o comité de empresa, del que a CGT forma parte, decidiu proseguir adiante coas mobilizacións convocadas. A próxima será un paro de 24 horas o próximo luns 17 de setembro.

Sección Sindical CGT Atento A Coruña

 

post

[Compostela] Marcha pola dignidade dos medios públicos

O vindeiro sábado, 8 de setembro, vai ter lugar a I Marcha pola dignidade dos medios públicos. Marcha convocada de xeito conxunto polo Comité Intercentros da CRTVG e polo Comité de Empresa da CRTVE en Gz.

Dende esta Sección Sindical, como non podía ser doutro xeito, animámosvos a que participedes nesta mobilización.

Unha vez mais temos que insistir na necesidade de que, nunha sociedade que se considere democrática, deben existir uns medios de comunicación públicos que sexan plurais, independentes e fiables.

Se tamén temos en conta o contexto actual, onde nos chega información por multitude de canais, en moitos casos sen contrastar, ou deliberadamente falsas (fake news) é indispensable contar cuns medios públicos de comunicación fortes e independentes, que sexan un referente informativo.

Xa levamos demasiado tempo denunciando as inxerencias dos Gobernantes tanto na CRTVG como na CRTVE: manipulando os contidos, tanto presionando as persoas traballadoras como metendo a tixeira directamente, quitándonos o noso traballo para darllo a Empresas Externas, reducindo a plantilla, non contratando para cubrir baixas/vacacións,… en definitiva, facendo todo o preciso para reducir o Público (de todos/as) en beneficio do Privado (dos seus), da igual o seu custo económico e social, "que amigos son de xestionar o Público, os que queren privatizalo todo (El Roto)".

Por todo isto, dende a CGT en RTVE Gz apostamos pola unidade de acción, non so dos Sindicatos, non só das persoas traballadoras da CRTVG e da CRTVE, senón da sociedade en xeral.

Únete e loita, vémonos o sábado 8.

Sección Sindical de CGT en RTVE  en Galicia

 

post

Manifestación luns, 10 de setembro: a loita continúa en Atento A Coruña

Dentro da campaña continua de mobilizacións das traballadoras e traballadores da empresa Atento da Coruña, que se veñen sucedendo desde finais do mes de maio, a totalidade do Comité de Empresa, do que forma parte a CGT, convoca unha manifestación o próximo luns, día 10 de setembro, ás 18:00 horas, e que sairá das portas do centro de traballo na rúa Juan Flórez. A saída da manifestación coincidirá co inicio do paro de dúas horas convocado para a tarde. Tamén está convocado outro paro pola mañá e outro pola noite, todos de dúas horas, un por quenda.

Os motivos da manifestación son os que se veñen facendo públicos nos últimos tempos: contra a política antilaboral da empresa que se traduce en despedimentos con causa falsa ou por absentismo xustificado (o último despido, hai dez días, foi a un compañeiro por estar enfermo de máis), acosos permanentes, sancións inxustas, presións, cargas de traballo excesivas, imposicións das quendas de vacacións e total desprezo pola dignidade dos traballadores e traballadoras.

Atento cumpre agora 20 anos de existencia na Coruña. Durante estes 20 anos caracterizouse polos soldos miserentos, por espremer ata a última gota á plantilla, por despedimentos masivos ou individuais permanentes que reduciron o persoal á metade nos últimos anos, e pola utilización de todas as argucias legais para machucar calquera intento de oposición en defensa dos intereses obreiros.

Pero Atento non conseguiu facer calar as voces que se alzan contra a explotación e, nestes 20 anos, atopouse con quen loitou contra o seu voraz instinto depredador. Hoxe, a loita continúa a pesar de todos os seus intentos.

Sección Sindical de CGT Atento – A Coruña

 

 

post

Luns, 16 de xullo, paro de 24 horas en Atento Coruña

Desde hai moito tempo a CGT leva loitando contra os constantes abusos de Atento: despedimentos, sancións, ameazas, presións, carga de traballo excesiva, controis esaxerados… A finais do mes de maio o comité de empresa, do que a CGT forma parte, iniciou unhas mobilizacións con paros semanais dunha hora cada luns. Ante a actitude chulesca da empresa, que se limitou a ignorar as nosas esixencias, o comité de empresa convocou nesta ocasión un paro de 24 horas o luns 16 de xullo, co obxectivo de deixar o centro de traballo vacío.
Se tampouco así atenden ás nosas reivindicacións continuaremos coas mobilizacións xa convocadas para todos os luns de forma indefinida, consistente en paros de 0 a 1, de 12 a 13 e de 18 a 19 horas con concentracións diante da porta do centro ás 12 e ás 18 horas.
Sección Sindical da CGT en Atento-A Coruña

 

post

A Coruña: manifestación contra a represión dos movementos sociais

A CGT da Coruña apoia a manifestación contra a represión dos movementos sociais cuxo inicio terá lugar na Coruña, na Praza de Vigo, o sábado, día 30, ás 19:00 horas.

A CGT denuncia a persecución irracional contra varios compañeiros da Insumisa, algún deles acusado do disparatado delito de sedición, e esixe o peche das actuacións sen cargos, que é o que corresponde.

Para a CGT estas actuacións son un reflexo das política represiva do Estado contra todos aqueles que non se pregan aos seus estreitos esquemas políticos, sociais e mentais e, polo tanto, merecentes dos escarmentos máis exemplarizantes. Así, temos centos de activistas en todo o Estado que están sendo procesados e encadeados polos temas máis nimios, como piquetes informativos sindicais, resistencia ás detencións, libre creación artística, opinións públicas, etc.

A CGT da Coruña convoca aos seus afiliados e simpatizantes á participación na manifestación, amosando o rexeitamento contra a represión e reclamando a fin desta política.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

A CGT da Coruña apoia o Día do Orgullo

A CGT da Coruña acordou apoiar a manifestación do Día do Orgullo que se celebrará na Coruña o próximo xoves, día 28, e que sairá ás 20:00 horas do Obelisco para rematar na Praza de M.ª Pita, onde se lerá un manifesto.

A CGT da Coruña quere así manifestar o seu apoio ás mobilizacións que vaian contra a discriminación de calquera natureza e fai un chamamento para que os seus simpatizantes e cidadanía en xeral acuda á manifestación.

Comité Local da CGT da Coruña