post

Folgas ferroviarias en Renfe Galicia

Unha vez que os Ministerios de Facenda e Fomento aproban taxas de reposición ridículas que non solucionan os problemas estruturais do Grupo Renfe e a empresa mantén unha actitude de intransixencia, @s traballador@s só quédanos un camiño, a mobilización.

É principio e deber de calquera Sindicato defender, ata onde a razón esixe, os dereitos laborais dos seus representade@s; polo que CGT vai canalizar todo o enfado e a rabia d@s traballadores/as e enfrontalos á tozudez da Dirección e o Ministerio convocando paros ao longo do período estival.

CGT convocou paros nas seguintes datas e horarios:

Día 31 de JULIO, de 12:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 24:00.

Día 14 de AGOSTO, de 12:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 24:00.

Día 30 de AGOSTO, de 12:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 24:00.

Día 1 de SETEMBRO, de 12:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 24:00.

Con estes paros, CGT busca un aumento dunhas taxas de reposición de plantilla que conduzan :

  • Mellora dos servizos que prestamos á cidadanía, atendendo a que cada día aumentan as incidencias nos servizos ferroviarios, como avarías do Aire Acondicionado en trens de Longa Distancia, retrasos por falla de vehículos ferroviarios ou falla de maquinistas, con trasnbordos a autobuses, etc.

Así mesmo aumentan os trens que circulan sen Interventor por falta de persoal. En 2018 circularon en Galiza 5.200 trens de Media Distancia sen persoal de comercial abordo, a maioría entre Coruña e Vigo e no primeiro semestre de 2019 xa circularon 2.480 mantendose a tendencia.

  • Cada día mais cargas de traballo se están desviando as empresas privadas, dende a venda de billetes (Guillarei, O Barco, A Rúa, Ribadavia, Sarria, O Carballiño) ata a reparación de trens na Base de Mantemento de Redondela, pasando pola venda de billetes en trens como na liña Ferrol-Ribadeo onde subcontrataron a Logirail para facer estes traballos propios de RENFE.

Serían moitos os exemplos que inciden nas extensas carencias producidas pola falta de cadro de persoal e as taxas de reposición máis que insuficientes, que non son capaces de manter e garantir a prestación duns servizos de calidade e garantes dun ferrocarril para a mayoría de cidadáns.

Derivado desta falta de persoal, chegouse á imposibilidade de cumprir o espírito do Real Decreto 6/2018 que é o aumento de emprego e a conciliación familiar polo que se tería que reducir a xornada laboral semanal a 37.5 h. porque de maneira unilateral, Renfe impuxo unha redución de xornada con 17 minutos diarios de reaxuste e dous días ao ano que máis do 80% do persoal non poderá gozar nas datas que sinalaron.

Sector Ferroviario da CGT de Galicia

 

post

[A Coruña] A CGT apoia o Día do Orgullo

Este 28 de xuño cúmprense 50 anos da rebelión de Stonewell na cidade de New York, onde a as persoas do colectivo lgtbiq+ rebeláronse contra a represión policial. Son 50 anos de loita contra a discriminación, a intolerancia e o odio exercido violentamente desde un sistema represivo imposto baseado nun modelo heteronormativo.

A conquista de dereitos e liberdades debe continuar ata conseguir unha sociedade na que se respete a diversidade de ser e de sentir. Este tipo de discriminación golpea dobremente as persoas racializadas e con menos recursos económicos; por iso apostamos por un movemento anticapitalista e antirracista.

A CGT manifesta o seu apoio á manifestación convocada polos colectivos lgtbiq+ da cidade para o venres, 28 de xuño ás 20:30 desde o Obelisco, co lema "maiores sen armarios: Historia, loita e memoria". Porque o natural é a diversidade.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

[Ferrol] Asembleas parciais en Navantia

PRESENTACIÓN DAS LIà‘AS BÁSICAS DO PROGRAMA DA CGT

Luns 3: Taquillas de Maquinaria ás 10:00 h.

Martes 4: Sala Técnica ás 07:00 h. Taquillas de Aceiros ás 10:00 h.

Mércores 5: Centralizado ás 10:00 h.

Xoves 6: Taller de Electricidade ás 10:00 h.

Venres 7: Salón de plenos do comité ás 10:00 h.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

[A Coruña] Folga en Extel o día 31

Lxs compañerxs de diferentes centros de Extel estamos llamadxs a un paro de 24 horas este viernes 31 de mayo.  A Coruña, Málaga, Hospitalet y Zaragoza paramos 24 horas.

En la CGT sabemos que mejor arma para combatir los ataques y los desprecios de esta empresa es la solidaridad y el apoyo mutuo, por eso este viernes seremos muchxs lxs que le digamos a la dirección de nuestros centros de trabajo que estamos HARTXS de esta situación.

 Este mes, Extel Coruña ha cumplido 20 años, en los que ha ido perfeccionando su estrategia de explotación laboral.

La precariedad que soportamos diariamente, se reproduce en el resto de plataformas y solo una respuesta conjunta de todxs, demostrará a la empresa que tenemos capacidad para plantarle  cara.

¡¡SI TE EXPLOTAN, EXPLOTA!!

Sección Sindical de CGT en Extel – A Coruña

 

post

[A Coruña] Continúan as mobilizacións contra a represión en Atento

El próximo lunes 20 de mayo a las 18 horas tendrá lugar una nueva concentración delante del centro de trabajo de Atento Coruña en Juan Flórez contra la represión de la empresa a la CGT. Tras las sanciones a delegados y delegadas por su actividad sindical en el centro y la acusación falsa a la compañera delegada Yoli de atentado contra la salud de los/as trabajadores/as, que motivó su despido, el último ataque ha sido a los/as delegados/as del centro de Sevilla, sancionados/as por excederse en sus descansos utilizando datos manipulados.

En la concentración del próximo lunes la CGT volverá a exigir la readmisión de Yoli y la retirada de las sanciones, además de exigir el cese del hostigamiento de la empresa contra este sindicato.

Sección Sindical de CGT en Atento-A Coruña

 

post

[Navantia Ferrol] Por unha asemblea xeral!

O mércores pasado, o comité de empresa publicou un comunicado informando da celebración mañá dunha xornada de loita pola situación da carga de traballo. Xa ha iun par de meses que a CGT se pronunciou a favor de que os traballadores iniciásemos a mobilización en demanda de carga de traballo e, por tanto, CHAMAMOS A TÓDOLOS TRABALLADORES A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS DE MAà‘Á. Ademais, como o xoves pola mañá tamén van mobilizarse os compañeiros de Poligal, consideramos que debemos confluír e unir as forzas de todos.

Pero en todo isto hai outro aspecto a analizar. A mobilización non é simbólica: saída  á rúa, encerro e manifestación vespertina. A pesar disto, o comité de empresa non convocou unha asemblea xeral. É A PRIMEIRA VEZ QUE O COMITÉ DE EMPRESA CONVOCA UNHA XORNADA DE MOBILIZACIÓN SEN LEVAR A PROPOSTA Á ASEMBLEA XERAL PARA SOMETELA Á CONSIDERACIÓN DOS TRABALLADORES. Grave? Si. Pero non sorprendente.

Esta actuación do comité representa un novo salto adiante no seu proceso de progresivo afastamento dos traballadores. O comité non está a actuar como representante do conxunto dos traballadores, senón como axente das respectivas federacións slndicais. A representatividade outorgada polo conxunto dos traballadores ó comité de empresa está sendo utilizada para defender os intereses dos aparatos sindicais. Quen está a negociar os novos ingresos? O comité de empresa. Que información transmite? Absolutamente ningunha, a pesar de que é a súa obriga. A información só se dá en reunións de afiliados. Igual que no terreo político algúns confunden os concellos cos partidos. no terreo sindical algúns confunden os comités cos sindicatos.

Os representantes dos traballadores están a utilizar a súa representatividade para excluír o conxunto dos traballadores da toma de decisións. Por que lles molestamos os traballadores? Porque podemos cortocircuitar os seus pasteleos coa empresa, como se demostrou no IV Convenio. Por iso no recente convenio único ocultaron a información e impediron que a asemblea votase propostas que non saian do comité. Non convocar agora asemblea xeral é a continuación lóxica desta deriva verticalista. A CGT ESIXE QUE O COMITÉ DE EMPRESA  CONVOQUE  UNHA ASEMBLEA XERAL DE TÓDOLOS TRABALLADORES DO  RECINTO PARA DEBATER A SITUACIÓN DA CARGA DE TRABALLO E OS PASOS A DAR POLOS TRABALLADORES  PARA  REIVINDICALA.

O comité equivócase tamén dende o punto de vista da propia mobilización porque a súa actuación antidemocrática podería levar a que algúns traballadores expresen o seu malestar non participando nas mobilizacións. Dende a CGT pensamos que isto seria un erro e chamamos ós compañeiros a diferenciar unha cousa da outra. A mobilización é necesaria, por nefasta que sexa a actuación do comité. A maneira de combater as actuacións antidemocráticas do comité é fortalecendo o sindicalismo combativo, democrático e asembleario que representa a CGT.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Primeiro de Maio na Coruña

A CGT, conxuntamente coa CUT, convoca, en conmemoración do asasinato dos Mártires de Chicago, unha manifestación que sairá da Praza de Pontevedra ás 12:30 horas e finalizará no Campo da Leña. O lema da manifestación será «CONTRA A EXPLOTACIÓN E O SAQUEO, SOLIDARIEDADE E LOITA» e, no remate, lerase un manifesto alusivo. O acto rematrá con micrófono libre.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Novo paro de 24 horas en Atento-A Coruña

O próximo luns 22 de abril as traballadoras e traballadores de Atento no centro de Coruña estamos chamados a unha folga de 24 horas por parte do Comité de Empresa, a CGT e a CIG. Con esta nova xornada de loita queremos lembrarlle a Atento que os acordos están para cumprilos, e que a prepotencia e o látego non son as ferramentas que precisamos para desenvolver o noso traballo con dignidade e eficacia. As principais reivindicacións da convocatoria son o cese dos despedimentos e das presións, que se impartan as formacións que precisamos para poder desenvolver o noso traballo e que se nos habilite o tempo necesario para terminar as xestións das chamadas e para poder respirar entre unha e outra.

Temos que aturar que un sistema de incentivos -nunca negociado e moi mellorable- se transforme unilateralmente en obxectivos de obrigado cumprimento (inalcanzables, modificados a antollo e empregados como arma de destrución de emprego). E temos que loitar por ver recoñecidos dereitos de conciliación familiar en situacións que non son discutibles nin interpretables.

A empresa insiste en asoballarnos de xeito contumaz, obstinada en facernos perder terreo aos poucos en asuntos que, en aparencia "menores", moito nos custou ter recoñecidos: un mínimo de flexibilidade no control horario, unha organización xusta e racional das vacacións, libranzas e descansos, unha metodoloxía de traballo acorde co que supón estar moitas horas atendendo chamadas… Cada vez estamos máis afogadas con novas funcións, saíndo do paso pola nosa conta porque a formación non abonda nin se poñen recursos para mellorala; e esas novas tarefas asignadas non teñen un recoñecemento salarial (de categoría profesional, polo tanto).

Esta mes de abril lembramos tamén dúas efemérides: 142 despidos en 2013 e 17 despidos en 2015. En ambos conflitos, grazas á loita obreira e a mobilización conseguiuse a anulación de todos eles. O vindeiro luns 22 de abril será unha data máis na que lembrarlle a Atento que os acordos están para cumprilos, e que a prepotencia e o látego non son as ferramentas que precisamos para desenvolver o noso traballo con dignidade e eficacia.

Sección Sindical de CGT en Atento-A Coruña

La imagen puede contener: texto

 

post

Concentración en defensa das pensións na Coruña

O sábado, 13 de abril, ás 12:30 horas, no Obelisco da Coruña, está convocada unha nova mobilización en defensa do sistema público de pensións. A concentración está convocada por Modepen (Movemento en Defensa das Pensións) da Coruña.

A CGT da Coruña considérase convocada e quere amosar o seu apoio a esta concentración, facendo un chamamento ao pobo traballador para que se sume e amose o seu rexeitamento ás intencións da Unión Europea de continuar afondando no saqueo e na privatización dos plans de pensións. Para a CGT, somente coa mobilización continua, con acción directa sen intermediarios, poderemos facer fronte a esta nova agresión capitalista.

Para a CGT, o enfrontamento cos agresores pasa por obviar o espellismo electoralista e continuar na mobilización e na loita, independentemente dos calendarios políticos que todo o remexen e todo o enturban.

Goberne quen goberne, as pensións deféndense!

Contra a explotación e o saqueo, solidariedade e loita!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

A CGT da Coruña apoia a manifestación das Marchas da Dignidade contra a estafa eléctrica

A CGT da Coruña acordou facer un chamamento para a participación na mobilización que o venres, día 5, ás 18:00 horas, no Obelisco da Coruña contra a estafa eléctrica, convocada polas Marchas da Dignidade, das que forma parte. Reproducimos a convocatoria:

A luz vai subir en abril. En Galicia, a suba será de ata 16€ por recibo. Din que é para compensar ás eléctricas polo pago de impostos "autonómicos", pero non din nada de compensarnos polo espolio de recursos naturais ou pola xente que pasa frío no inverno por non poder pagar a luz. Tampouco polos inmensos beneficios das eléctricas.

A suba da electricidade non é máis ca unha nova volta de torca das políticas que levan anos facendo contra a xente. Só buscan o beneficio das grandes empresas aínda que sexa a costa das persoas ou da natureza. Precarizan o traballo, os servizos públicos, as pensións e todo para favorecer intereses particulares. O custe da vida é cada vez máis elevado, e moitas persoas xa nin traballando poden asumilo.

Por iso o venres 5 de abril imos manifestarnos contra estas políticas que simbolizan esta suba da luz. É un abuso, é un insulto, e temos que facer todo o posible para poñer ás eléctricas no seu sitio: ao servizo da sociedade. Ven con nós a amosar o teu rexeitamento a este tipo de políticas antidemocráticas e antisociais, non cales fronte aos abusos. Vémonos o día 5 no Obelisco. Pan, traballo e teito.

Comité Local da CGT da Coruña