post

Manifestación Primeiro de Maio na Coruña

Este Primeiro de Maio, Día do Traballo, a CGT da Coruña convoca manifestación que sairá da praza de Pontevedra da Coruña ás 12:30 horas. O acto será unitario conxuntamente coas organización sindicais CUT e SE (Sindicato da Elevación).

MANIFESTO UNITARIO

Nin nos farán crer, nin nos farán calar

O que se prometía como a solución aos problemas da clase traballadora non supuxo máis que un novo e enorme fracaso; a nova reforma supón a definitiva lexitimación e consagración, por parte do autoproclamado goberno máis progresista da historia, daqueles aspectos máis lesivos que xa se avanzaron nas reformas laborais de 2010 (goberno Zapatero) e de 2012 (goberno Rajoy).

Entre outras cuestións, mantéñense os mecanismos que facilitaban os despedimentos (non se recuperan indemnizacións nin os salarios de tramitación), quedan as razóns intanxibles das previsións económicas (perdas previstas ou futuras) para poder levar a cabo despedimentos colectivos, ou a non intervención da autoridade laboral nos ERE.

Dos convenios de empresa, unicamente garántese a igualdade salarial, pero non o demais. E en materia de subcontratación, vai haber que loitala nos xulgados sen dúbida, xa que non se dá unha solución clara a quen realiza igual traballo pero non reciben igual salario.

Mentres tanto, o custo da vida segue encarecéndose a toda velocidade, sen que as rendas da clase traballadora crezan ao mesmo ritmo. Nuns casos, coa complicidade activa dos sindicatos maioritarios. Noutros, por culpa dunha estudada pasividade por parte de quen goberna. Bens de primeira necesidade alcanzan o seu prezo récord un mes tras outro. Nin os salarios nin as rendas básicas teñen unha actualización que se equipare ao encarecemento do custo da vida. En todas as frontes podemos observar o mesmo: pensións que non se revalorizan, convenios que quedan conxelados…

Agora, ademais, cando apenas empezamos a pagar as consecuencias da crise do Covid 19, avecíñanse as da guerra de Ucraína. O sistema capitalista xa puxo a funcionar a súa maquinaria para que de novo sexamos as traballadoras e traballadores quen asuma os sacrificios e vano a facer como sempre, coa complicidade dos sindicatos maioritarios, que sen dúbida vannos vender unha vez máis, como xa o fixeron anteriormente, co mal chamado Pacto de Rendas.

A estas organizacións que estamos aquí neste Primeiro de Maio nin as farán crer nin as farán calar, por máis operacións propagandísticas que leven a cabo quen prometía asaltar os ceos. As conquistas sociais conséguense na rúa e non nas urnas. As verdadeiras conquistas sociais, as que supoñen unha verdadeira transformación, xamais xurdiron dun pacto entre oligarquías e elites por moi modernas que aparenten ser.

Por iso, declaramos aquí e agora, Primeiro de Maio, que nos van ter fronte eles e os seus plans de asoballamento da clase obreira; declaramos que, se outros van ser compracentes co capital e os seus axentes instalados no poder, nós estaremos dispostos e dispostas á loita, porque a clase obreira é a xeradora da riqueza social e non se conforma coas migallas.

Pola xustiza social

Viva a clase obreira

Viva o Primeiro de Maio

A Coruña, 29 de abril de 2022

Comité Local da CGT da Coruña

 

 

 

post

Solidariedade coa loita do Metal de Cádiz

Esta mañá, cerca de 100 traballadores e traballadoras de Navantia-Ferrol, tanto da principal como das compañías, se concetraron na porta principal da factoría como mostra de solidariedade coa folga indefinida do Metal na provincia de Cádiz, que entrou hoxe no seu octavo día e segue con enorme forza.   Tras realizar unha pequena asemblea cortando momentaneamente a porta, os concentrados gravaron un vídeo de apoio desde o sector naval de Ferrol ós traballador@s en loita de Cádiz, moitos deles compañeiros de Navantia.

Nova concentración en Ferrol

Por outra banda, queremos informar publicamente que se está organizando outra concentración de apoio ó metal de Cádiz para este XOVES 25 ás 8 DA TARDE na praza de Amada García (edificio Xunta).

Trátase dunha convocatoria aberta a aquelas organizacións sindicais, sociais ou políticas de Ferrolterra que queiran participar. Os lemas serán:

  • Solidariedade coa folga do Metal de Cádiz
  • Emprego digno e con dereitos
  • Unha soa clase, unha soa loita

As organizacións interesadas en participar poden comunicalo ó teléfono 623 044 900.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Paros en Teleperformance da Coruña

⛔⛔⛔ CONVOCADOS PAROS EN TELEPERFORMANCE ⛔⛔⛔

👉🏼 Meses y meses jugando con nuestras nóminas, descontándonos dinero por fallos en sus sistemas mientras ellos se llenan los bolsillos a base de nuestro esfuerzo. No lo sigamos permitiendo.

✊🏼 Todxs unidxs seremos más fuertes‼️‼️‼️

📆 Lunes, 28 de junio🕛 De 12:30 a 13:30 h y de 16 a 17 h (Dentro de estas franjas horarias os podéis deslogar y dejar de coger llamadas sin tener que dar aviso a nadie)

📣 Concentración en TP de 12:30 a 13:30 h

Sección Sindical de CGT en Teleperformance – A Coruña

 

post

Paros e mobilizacións en Teleperformance

O Comité de Empresa de Teleperformance na Coruña, no que está representada a CGT, ante os contínuos incumprimentos dos acordos e compromisos cxs traballadorxs acordou a convocatoria de concentracións e paros. O calendario é o seguinte:

  • 11 e 23 de xuño: concentracións de 12:30 a 13:30 diante do centro de traballo de Agrela
  • 28 de xuño: paros parciais de 12:30 a 13:30 e de 16:00 a 17:00, con concentracións simultánea diante das instalacións

Podese ler o comunicado completo picando nas ligazóns de embaixo

Sección Sindical da CGT en Teleperformance-A Coruña

 

post

A Coruna: homenaxe xs asasinadxs en 1901

O vindeiro domingo, día 06 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de santo Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras asasinadas, vítimas da represión, durante a folga xeral (a coñecida como folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar no monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de todxs os represaliadxs polo franquismo.

Comité Local da CGT da Coruña

Breve reseña histórica da Â«Folga dos consumeiros»

A finais de maio de 1901, os empregados de consumos da Coruña declaráronse en folga para conseguiren unha serie de melloras laborais. Eran os consumeiros, que así se chamaban, os encargados de recadar os impostos municipais de consumos, función que estaba cedida a un particular, do que eran empregados.

Na tarde do 30 de maio, cando se celebraba unha concentración ante o fielato de Catro Camiños, no que estaban traballando esquirois, producíuse o asasinato do empregado de consumos Mauro Sánchez por parte da Garda Civil, presumiblemente por se resistir á súa detención. Inmediatamente, as sociedade obreiras decretaron folga xeral e o enterro do traballador, o día 31, transformouse nunha impresionante manifestación antiburguesa. Unha inxente multitude dispúxose a acompañar ao consumeiro na súa derradeira viaxe, pero as autoridades militares (se tiña decretado a lei marcial) non estaban dispostas a consentiren tal desafío ao seu poder. En pleno centro da cidade, as tropas dispararon a quemarropa contra a multitude, causando víctimas entre os traballadores e traballadoras que nela había. O resultado foi a morte de oito persoas mais e varios mutilados pola acción dos sables, balas e cabalos da tropa.

Catro traballadoras e cinco traballadores coruñeses morreron naquelas xornadas. Na súa lembranza, as sociedades obreiras coruñesas, por suscripción popular, erixiron en 1906 un monumento no cemiterio de San Amaro, que ainda existe.

Os asasinados foron os seguintes:

  • Mauro Sánchez: consumeiro de 34 anos. Vivía coa súa muller e cinco fillos na estrada da Torre. Morto por bala na cabeza.
  • Benita García Torres e Manuela González Seijo: serventas do Hotel de Francia de 20 e 29 anos respectivamente. Mortas dun balazo no ventre cando estaban asomadas nunha galería.
  • Josefa Corral: 42 anos. Un balazo na cabeza cando estaba sentada na galería da súa casa en San Andrés.
  • Antonio Bruno Orro: Augador. Recibiu un balazo no peito en San Andrés.
  • Antonio M.ª Veiga: Ancián carpinteiro. Morreu no hospital tras recibir un balazo na Rúa Real.
  • Francisco García Lodeiro, alias Carabel: Aserrador de 35 anos. Natural de Mabegondo. Morto por un balazo no ventre na Rúa Alta.
  • Jacobo García: Zapateiro. Escondeuse no local da Sociedade de Oficios Varios da rúa Cordelería e morreu dun balazo.
  • Encarnación Alonso: Non se ten mais información que a de que o seu nome aparece no monolito. Probablemente faleceu mais tarde como consecuencia das feridas.

Non contentos con tal canallada, o Capitán Xeral, un individuo chamado José Lachambre Domínguez e coñecido na Coruña como o amigo do frasco da xinebra, comezou a deter a traballadores a partires do dous de xuño, conseguindo coa súa fazaña que mais de cen foran presos e varios deles condeados a cadea.

Eentre os condeados estaban os consumeiros Venancio González Escontrela (a vinte anos de cadea) e Manuel Mosquera Morano (a seis anos), o secretario da sociedade de pintores Juan Santos Martínez (a seis anos) e o secretario de "Oficios varios" Juan José Cebrián (a doce anos), por sedición e insulto á forza pública. Hai que suliñar que entre os detidos estaban os traballadores que enviaban aos seus fillos á escola que tiña montada a asociación Antorcha Galaica do Libre Pensamento, por este simple motivo.

Ante o escándalo internacional, os militares xulgaron nun tribunal de honra ao tenente Pedro Vázquez, que mandaba a tropa, que foi condeado á súa expulsión do corpo. Non entendendo cecais o cativo alcance da xustiza militar, aos poucos días, o compañeiro anarquista Ricardo Cotelo disparou contra o tenente, pero este librouse polos pelos, fuxindo entre unha persecución polo campo da Leña na que interviron varias mulleres que pasaban polo lugar.

Pouco a pouco conseguiuse o retorno de todos os condeados ao declararse ilegal a actuación militar mediante un resquicio legal, ao ser os actos dos que se lles acusou anteriores á entrada en vigor do bando de guerra.

Estes feitos foron ocultados pola burguesía, de xeito que as xeneracións seguintes a descoñeceran. Somentes algunhas asociacións obreiras e particulares decidiron, ano tras ano, seguir levando flores ao monolito erixido en 1906. Ata hoxe.

 

 

post

Primeiro de Maio na Coruña

O Primeiro de Maio a CGT da Coruña, xunto coa CUT e o SE, convoca de novo a manifestación do Día do Traballo. O inicio terá lugar na Praza de Pontevedra, ás 12:30, e rematará na Praza de España.

Hai que esixir que se reparta o traballo e a riqueza

O 1º de Maio sempre ten que ser un día reivindicativo e de loita como garantía dos dereitos: ao traballo digno; a unha xornada laboral que posibilite conciliar o traballo coa vida; a un salario e prestacións sociais suficientes, ben cando se ten emprego e tamén cando non se ten; a pensións adecuadas para vivir con dignidade, para loitar contra as reformas laborais, os desafiuzamentos ou as leis mordaza.

O empobrecemento material de millóns de traballadores e traballadoras, a través de mecanismos como o recorte masivo das rendas salariais, está a xerar unha das sociedades máis desiguais do mundo. Segundo datos do Banco de España, o 25% da poboación vivía xa en risco de pobreza ou exclusión social antes da pandemia. A situación cando esta termine pode ser catastrófica. Isto supón que 4,5 millóns de fogares non poden facer fronte a necesidades tan básicas como pagar un alugueiro ou unha hipoteca, manter quentes as súas casas ou sinxelamente comer todos os días.

Catro millóns de persoas en paro, ás que o Estado lles nega o seu dereito máis esencial como clase traballadora: o dereito a "gañarse a vida". Tampouco lles recoñece o Estado o dereito a unhas prestacións sociais suficientes para vivir dignamente.

Fronte a iso, o ano pasado realizáronse case 25 millóns de horas extraordinarias, das que non se pagaron máis de 11 millóns. E resulta especialmente demoledor o dato que no caso das mulleres máis da metade das horas extraordinarias non fosen retribuídas.

A pandemia, ademais, evidenciou outras vergoñas do sistema. Púxose o interese económico por encima da vida das persoas; protexéronse intereses particulares por encima das necesidades da inmensa maioría; algunhas administracións miraron cara a outro lado cando se incumprían sistematicamente distintos preceptos legais; manga ancha cuns e nada para o resto. O sistema sanitario, ferido de morte tras as continuas privatizacións, colapsou e, a teor dos feitos -que son túzaros-, a sanidade privada demostrou a súa enorme incapacidade.

Veñen tempos difíciles, tempos convulsos, tempos onde os intereses das elites tratarán de impoñerse novamente á clase traballadora. Con todo, non podemos permitir que a crise a paguen, unha vez máis, os e as de sempre. Porque sería intolerable que permitísemos, como sociedade, un novo rescate ás entidades financeiras mentres as condicións de vida da clase obreira seguen degradándose a velocidade de vertixe.

Este 1º de Maio ten que seguir sendo o día en que millóns de traballadores e traballadoras digamos BASTA e enchamos as nosas vidas cotiás, non de sufrimento nin desesperación, senón de LIBERDADE, impoñendo a gobernos, empresarios e poderosos, outra Orde Social, outro sistema, onde a repartición do traballo e da riqueza, faga que unha VIDA DIGNA para todas as persoas sexa posible aquí e agora.

VIVA O 1º DE MAIO!

VIVA A LOITA DA CLASE TRABALLADORA!

CGT da Coruña

 

post

Nota de prensa Extel – A Coruña

El Comité de Empresa de Extel en A Coruña convoca una concentración el viernes 16 de abril ante el SMAC.
La empresa de telemarketing Extel, que recientemente ha sido adquirida por AbaiGroup intenta recortar los derechos adquiridos de las/os trabajadoras/es de su centro de A Coruña.
A principios de año comunicó a la plantilla su intención de que las personas que tienen jornada irregular se vean obligadas a ‘devolver’ horas que hayan disfrutado en sus vacaciones, hecho que movilizó a  las/os trabajadoras/es con el seguimiento masivo de una jornada de huelga.
Desde el Comité de Empresa denunciamos que la nueva dirección de la empresa pretende que las/os trabajadoras/es recuperen horas de sus vacaciones, vulnerando de esta manera lo recogido en el convenio colectivo, que establece 32 días de vacaciones y que se han de respetar las jornadas máximas anuales que se vinieran disfrutando como condición más beneficiosa.
La concentración tendrá lugar ante la sede del Servicio de Mediación, Arbitraje y Conciliación de A Coruña, coincidiendo con el acto de conciliación previo a la demanda ante el juzgado de lo social, que está  situado en la travesía Victoria Fernández España, cruce con calle Hospital a las 11:30 horas del viernes 16 de abril.

A Coruña a 15 de abril de 2021.

Comité de Empresa de Extel-A Coruña