post

Fóra okupas da casa Cornide

Como en anos anteriores, vaise celebrar na Coruña unha marcha cívica para esixir a devolución da Casa Cornide, da que se apropiou a familia Franco e que está poñendo todos os obstáculos para que a propiedade volva ao pobo da Coruña.

Esta marcha terá lugar o sábado, 14 de decembro e sairá da Praza de Pontevedra ás 12:00 horas.

A CGT da Coruña apoia a Marcha Cívica e fai un chamamento á afiliación, simpatizantes e pobo da Coruña a que participe no evento.

Xuntamos a este escrito o manifestó suscrito por ducias de organizacións e colectivos e o cartel co chamamento ao evento.

FÓRA OKUPAS DA CASA CORNIDE!

FÓRA O FRANQUISMO DA CORUÑA!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

27S: Folga xeral e xornada de loita por Palestina

En resposta á petición da Federación de Sindicatos palestinos, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) e a Confederación Sindical «Solidaridad Obrera» teñen convocado, en todo o estado español, unha Folga Xeral e xornada de loita polo fin do xenocidio e o apartheid contra o pobo palestino, para o vindeiro 27 de setembro.

A CGT de Galicia fai un chamamento a toda a clase traballadora e á cidadanía a secundar a xornada de folga e mailas mobilizacións que terán lugar nese día:

  • A Coruña: Manifestación, con saída do Obelisco, ás 20 horas.
  • Compostela: Manifestación, con saída da Praza Roxa, ás 12 horas; e Concentración no Obradoiro, ás 19 horas
  • Ferrol: Concentración na praza da Vella, ás 20 horas.
  • Ourense: Manifestación, con saída desde praza das Mercedes, ás 20 horas.
  • Pontevedra: Manifestación, con saída do Hospital, ás 20 horas.
  • Redondela: Concentración, fronte BBVA-Santander na rúa Alfonso XII, ás 11 horas.
  • Vigo: Concentración no Marco, ás 19 horas.

 

post

Acto en lembranza das vítimas da represión na folga de 1901

O vindeiro domingo, día 02 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de santo Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras asasinadas, vítimas da represión, durante a folga xeral (a coñecida como «folga dos consumeiros») que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar no monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de todxs os represaliadxs polo franquismo.

Comité Local da CGT da Coruña

Breve reseña histórica da «Folga dos consumeiros»

A finais de maio de 1901, os empregados de consumos da Coruña declaráronse en folga para conseguiren unha serie de melloras laborais. Eran os consumeiros, que así se chamaban, os encargados de recadar os impostos municipais de consumos, función que estaba cedida a un particular, do que eran empregados.

Na tarde do 30 de maio, cando se celebraba unha concentración ante o fielato de Catro Camiños, no que estaban traballando esquirois, producíuse o asasinato do empregado de consumos Mauro Sánchez por parte da Garda Civil, presumiblemente por se resistir á súa detención. Inmediatamente, as sociedade obreiras decretaron folga xeral e o enterro do traballador, o día 31, transformouse nunha impresionante manifestación antiburguesa. Unha inxente multitude dispúxose a acompañar ao consumeiro na súa derradeira viaxe, pero as autoridades militares (se tiña decretado a lei marcial) non estaban dispostas a consentiren tal desafío ao seu poder. En pleno centro da cidade, as tropas dispararon a quemarropa contra a multitude, causando víctimas entre os traballadores e traballadoras que nela había. O resultado foi a morte de oito persoas mais e varios mutilados pola acción dos sables, balas e cabalos da tropa.

Catro traballadoras e cinco traballadores coruñeses morreron naquelas xornadas. Na súa lembranza, as sociedades obreiras coruñesas, por suscripción popular, erixiron en 1906 un monumento no cemiterio de San Amaro, que aínda existe.

Os asasinados foron os seguintes:

  • Mauro Sánchez: consumeiro de 34 anos. Vivía coa súa muller e cinco fillos na estrada da Torre. Morto por bala na cabeza.
  • Benita García Torres e Manuela González Seijo: serventas do Hotel de Francia de 20 e 29 anos respectivamente. Mortas dun balazo no ventre cando estaban asomadas nunha galería.
  • Josefa Corral: 42 anos. Un balazo na cabeza cando estaba sentada na galería da súa casa en San Andrés.
  • Antonio Bruno Orro: Augador. Recibiu un balazo no peito en San Andrés.
  • Antonio M.ª Veiga: Carpinteiro. Morreu no hospital tras recibir un balazo na Rúa Real.
  • Francisco García Lodeiro, alias Carabel: Aserrador de 35 anos. Natural de Mabegondo. Morto por un balazo no ventre na Rúa Alta.
  • Jacobo García: Zapateiro. Escondeuse no local da Sociedade de Oficios Varios da rúa Cordelería e morreu dun balazo.
  • Encarnación Alonso: Esposa dun hoxalateiro da rúa de San Andrés. Foi ferida de bala no peito estando na súa casa. Moreu pouco despois a causa das feridas.

Non contentos con tal canallada, o Capitán Xeral, un individuo chamado José Lachambre Domínguez e coñecido na Coruña como o amigo do frasco da xinebra, comezou a deter a traballadores a partires do dous de xuño, conseguindo coa súa fazaña que mais de cen foran presos e varios deles condeados a cadea.

Eentre os condeados estaban os consumeiros Venancio González Escontrela (a vinte anos de cadea) e Manuel Mosquera Morano (a seis anos), o secretario da sociedade de pintores Juan Santos Martínez (a seis anos) e o secretario de «Oficios Varios» Juan José Cebrián (a doce anos), por sedición e insulto á forza pública. Hai que suliñar que entre os detidos estaban os traballadores que enviaban aos seus fillos á escola que tiña montada a asociación Antorcha Galaica do Libre Pensamento, por este simple motivo.

Ante o escándalo internacional, os militares xulgaron nun tribunal de honra ao tenente Pedro Vázquez, que mandaba a tropa, que foi condeado á súa expulsión do corpo. Non entendendo cecais o cativo alcance da xustiza militar, aos poucos días, o compañeiro anarquista Ricardo Cotelo disparou contra o tenente, pero este librouse polos pelos, fuxindo entre unha persecución polo campo da Leña na que interviron varias mulleres que pasaban polo lugar.

Pouco a pouco conseguiuse o retorno de todos os condeados ao declararse ilegal a actuación militar mediante un resquicio legal, ao ser os actos dos que se lles acusou anteriores á entrada en vigor do bando de guerra.

Estes feitos foron ocultados pola burguesía, de xeito que as xeneracións seguintes a descoñeceran. Somentes algunhas asociacións obreiras e particulares decidiron, ano tras ano, seguir levando flores ao monolito erixido en 1906. Ata hoxe.

Ligazóns de interés:

https://memorialibertarianagaliza.or

 

post

Marcha en apoio á devolución da casa Cornide

A CGTda Coruña apoia a manifestación que o próximo sábado, 11 de novembro, percorrerá A Coruña, ás doce do mediodía, desde a praza de María Pita ata a mesma casa Cornide, na Cidade Vella.

Manifestamos así o noso apoio á reclamación da devolución, por parte da familia Franco, do inmoble, expoliado polo dictador a través de trampas legalizadas.

CGT da Coruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a que saian á rúa ese día e que non sigan consintindo este latrocinio.

Comité Local da Coruña da CGT

 

post

28 de xuño, Día Internacional polos dereitos das persoas LGTBIQ+

O día 28 de xuño é o día no que as rúas volverán encherse de música, color, diversidade, disidencia… de vida. É o Día Internacional polos dereitos das persoas LGTBIQ+. Tamén na Coruña volverá celebrarse este día e a CGT da Coruña, como en anos anteriores, apoia esta convocatoria. Concretamente, a manifestación sairá da Praza de Ourense, ás 19:30 horas.

Temos que saír á rúa a reivindicar os dereitos das persoas LGTBIQ+, ás que vemos como son discriminadas e agredidas casi a diario pola súa condición sexual e podemos comprobar como estas agresións van en aumento ano tras ano.

A impunidade con que os medios de comunicación fanse eco das mensaxes de odio da extrema dereita, así como o propio avance que esta extrema dereita está tendo, fan que mobilizacións como esta sexan máis necesarias que nunca.

Desde a CGT da Coruña animamos á afiliación e á sociedade en xeral a participar nas diferentes mobilizacións e actos que se convoquen. Temos que respostar con contundecia de xeito que estas reivindicacións non queden tan so nos actos que se celebren durante esta semana, senón que, a diario, nos nosos barrios, nas nosas ciudades, nos nosos centros de traballo… reivndiquemos con orgullo os dereitos das persoas LGTBIQ+.

O NOSO ORGULLO FREARÁ O SEU ODIO

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Acto en memoria das vítimas da represión na Folga Xeral de 1901 na Coruña

O vindeiro domingo, día 04 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de santo Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras asasinadas, vítimas da represión, durante a folga xeral (a coñecida como folga dos «consumeros») que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar no monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de todxs os represaliadxs polo franquismo.

Comité Local da CGT da Coruña

Breve reseña histórica da «Folga dos consumeiros»

A finais de maio de 1901, os empregados de consumos da Coruña declaráronse en folga para conseguiren unha serie de melloras laborais. Eran os consumeiros, que así se chamaban, os encargados de recadar os impostos municipais de consumos, función que estaba cedida a un particular, do que eran empregados.

Na tarde do 30 de maio, cando se celebraba unha concentración ante o fielato de Catro Camiños, no que estaban traballando esquirois, producíuse o asasinato do empregado de consumos Mauro Sánchez por parte da Garda Civil, presumiblemente por se resistir á súa detención. Inmediatamente, as sociedade obreiras decretaron folga xeral e o enterro do traballador, o día 31, transformouse nunha impresionante manifestación antiburguesa. Unha inxente multitude dispúxose a acompañar ao consumeiro na súa derradeira viaxe, pero as autoridades militares (se tiña decretado a lei marcial) non estaban dispostas a consentiren tal desafío ao seu poder. En pleno centro da cidade, as tropas dispararon a quemarropa contra a multitude, causando víctimas entre os traballadores e traballadoras que nela había. O resultado foi a morte de oito persoas mais e varios mutilados pola acción dos sables, balas e cabalos da tropa.

Catro traballadoras e cinco traballadores coruñeses morreron naquelas xornadas. Na súa lembranza, as sociedades obreiras coruñesas, por suscripción popular, erixiron en 1906 un monumento no cemiterio de San Amaro, que aínda existe.

Os asasinados foron os seguintes:

  • Mauro Sánchez: consumeiro de 34 anos. Vivía coa súa muller e cinco fillos na estrada da Torre. Morto por bala na cabeza.
  • Benita García Torres e Manuela González Seijo: serventas do Hotel de Francia de 20 e 29 anos respectivamente. Mortas dun balazo no ventre cando estaban asomadas nunha galería.
  • Josefa Corral: 42 anos. Un balazo na cabeza cando estaba sentada na galería da súa casa en San Andrés.
  • Antonio Bruno Orro: Augador. Recibiu un balazo no peito en San Andrés.
  • Antonio M.ª Veiga: Carpinteiro. Morreu no hospital tras recibir un balazo na Rúa Real.
  • Francisco García Lodeiro, alias Carabel: Aserrador de 35 anos. Natural de Mabegondo. Morto por un balazo no ventre na Rúa Alta.
  • Jacobo García: Zapateiro. Escondeuse no local da Sociedade de Oficios Varios da rúa Cordelería e morreu dun balazo.
  • Encarnación Alonso: Esposa dun hoxalateiro da rúa de San Andrés. Foi ferida de bala no peito estando na súa casa. Moreu pouco despois a causa das feridas.

Non contentos con tal canallada, o Capitán Xeral, un individuo chamado José Lachambre Domínguez e coñecido na Coruña como o amigo do frasco da xinebra, comezou a deter a traballadores a partires do dous de xuño, conseguindo coa súa fazaña que mais de cen foran presos e varios deles condeados a cadea.

Eentre os condeados estaban os consumeiros Venancio González Escontrela (a vinte anos de cadea) e Manuel Mosquera Morano (a seis anos), o secretario da sociedade de pintores Juan Santos Martínez (a seis anos) e o secretario de «Oficios varios» Juan José Cebrián (a doce anos), por sedición e insulto á forza pública. Hai que suliñar que entre os detidos estaban os traballadores que enviaban aos seus fillos á escola que tiña montada a asociación Antorcha Galaica do Libre Pensamento, por este simple motivo.

Ante o escándalo internacional, os militares xulgaron nun tribunal de honra ao tenente Pedro Vázquez, que mandaba a tropa, que foi condeado á súa expulsión do corpo. Non entendendo cecais o cativo alcance da xustiza militar, aos poucos días, o compañeiro anarquista Ricardo Cotelo disparou contra o tenente, pero este librouse polos pelos, fuxindo entre unha persecución polo campo da Leña na que interviron varias mulleres que pasaban polo lugar.

Pouco a pouco conseguiuse o retorno de todos os condeados ao declararse ilegal a actuación militar mediante un resquicio legal, ao ser os actos dos que se lles acusou anteriores á entrada en vigor do bando de guerra.

Estes feitos foron ocultados pola burguesía, de xeito que as xeneracións seguintes a descoñeceran. Somentes algunhas asociacións obreiras e particulares decidiron, ano tras ano, seguir levando flores ao monolito erixido en 1906. Ata hoxe.

Ligazóns de interés:

https://memorialibertarianagaliza.org/2023/05/29/boletin-a-folga-de-1901-os-sucesos-do-30-e-31-de-maio-de-1901-na-coruna/

https://memorialibertarianagaliza.org/2023/05/29/artigo-a-folga-xeral-de-1901-na-coruna-os-sucesos-dos-dias-30-e-31-de-maio-segundo-foron-recollidos-pola-prensa-da-epoca-doutras-cidades-galegas

 

post

Primeiro de Maio na Coruña: manifestación

O próximo Primeiro de Maio, a CGT da Coruña voltará saír ás rúas para reivindicarse como clase, convocando, conxuntamente coa CNT, a CUT e o Sindicato da Elevación, unha manifestación que partirá ás 12:30 horas, da Praza de Pontevedra e rematará no Campo da Leña.

O texto da CGT di o seguinte:

BASTA DE MENTIRAS, INXUSTIZA E EXPLOTACIÓN!!!

Compañeiras e compañeiros:

        A situación da nosa clase, da clase traballadora, non fai máis que deteriorarse. A suba imparable dos prezos das subsistencias, xunto cunhas miserentas subas salariais nos convenios colectivos, estannos abocando á pobreza máis extrema, pobreza que se estende imparablemente incluso entre quen ten contrato fixo a tempo completo. Millóns de persoas no paro, entre as que máis da metade non teñen ningún tipo de prestación, ou millóns con contratos cativos a tempo parcial, fan que a estatística boiante non sexan máis ca un espellismo mentirán que só reflicte a realidade dun reducido número de persoas.

        A isto temos que sumarlle novas decisións desde o Goberno, decisións como a de revogar a reforma laboral de Rajoy só en aspectos mínimos e colaterais, mentres outros fundamentais seguen vixentes, como o despedimento sinxelo e barato, o tratamento dos despedimentos improcedentes, e outros. Tamén o Goberno presentou unha reforma das pensións que provocará, a medio prazo, a diminución das pensións iniciais ao incrementar, progresivamente, o número de anos que se terán en conta para calcular a pensión e aumentar tamén o número de anos precisos para ter dereito a un 100 % daquela. Esta reforma, presentada como un gran avance co aval do sindicalismo institucional, é un novo retroceso para os traballadores e traballadoras e un empurrón máis cara ás pensións privadas ás que so poderán acceder uns poucos privilexiados.

        Non só é que os logros dos que presume este goberno sempre sexan moi inferiores ás expectativas e ás promesas coas que lle pediron o voto ó corpo electoral, senón o certo é que eses logros son mentira, fachada de cartón pedra e agocho da verdadeira natureza da súa acción de goberno. As leis e normas que aproban sempre van en beneficio da casta capitalista responsable da degradación do planeta e da internacionalización da guerra e do saqueo universais, con centos de millóns de persoas en situación de fame ou miseria, vítimas da guerra e da explotación da clase traballadora.

Non podemos esquecer o papel que o sindicalismo institucionalizado está xogando en toda esta situación: ademais de avalar as decisións prexudiciais do goberno, está asinando cunha patronal cobizosa subas salariais miserentas, que nin se achegan á suba do custo da vida: alimento, vestido, teito, enerxía, ocio e cultura é o menos ao que se pode aspirar nesta vida para que sexa merecente de ser vivida.

        Non podemos seguir así, aturando como normais os enganos e a explotación. A CGT da Coruña fai un chamamento para que nos organicemos e loitemos contra esta situación. Non é unha maldición divina que sexa imposible de combater. Sabemos que o esforzo será grande, pero só así conseguiremos que a clase traballadora, a auténtica creadora da riqueza, ocupe o lugar que lle corresponde na sociedade e acabe con este sistema económico e social inicuo e inxusto. A mobilización é a arma que temos e tamén a nosa forza. Por iso, este Primeiro de Maio debe ser o día en que amosemos que xa non imos aturar máis as mentiras, inxustizas e explotación, e que despois deste día a nosa mobilización será constante e contundente.

A Coruña, maio de 2023

VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!!

VIVA A CLASE OBREIRA!!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Salvador Seguí, o home que camiñou sobre a utopía

Dentro dos actos que a CGT da Coruña celebrará cara este Primeiro de Maio, temos o gusto de anunciarvos a representación da obra de teatro Salvador Seguí, o home que camiñou sobre a utopía. A representación terá lugar o día 30 de abril, ás 12:30 horas, no local dos Maracos, na Estación de Trens de San Diego da Coruña.

Dirixida por Moisés Mato (creador do Teatro da Escoita), a obra transpórtanos aos acontecementos cruciais que transcorreron tras o asesinato de Salvador Seguí. A través do seu protagonista, un obreiro que toma a palabra en asamblea, repasa os momentos máis importantes da vida do Noi del Sucre.

Moisés Mato é director de teatro e actor, activista da non-violencia e dinamizador cultural. O espazo é limitado, polo que non poderán entrar quen cheguen de últimos.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Concentración diante de Inditex

Xs dependentxs do grupo Inditex están a levar a cabo mobilizacións en todo o Estado reivindicando unhas mellores condicións laborais nunha empresa multimillonaria e na que as retribucións son realmente miserentas.

Así, o próximo 27 de decembro, martes, ás 13:00 horas, convócase unha concentración na central que Inditex ten no Polígono de Sabón, en Arteixo, concentración á que todxs estamos convidadxs a participar.

A solidariedade é imprescindible na CGT, así que chamamos a participar á afiliación e simpatizantes que poidan asistir e, especialmente, a quen sexa representante sindical, delegadx ou membro de Comité de Empresa do sindicato. Somente co apoio mutuo seremos quen de sacar adiante os conflictos e as lexítimas reivindicacións da nosa clase.

A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!

SOLIDARIADADE CXS DEPENDENTXS DE INDITEX!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Manifestación en Compostela en defensa da CRTVG

O próximo domingo, día 06, ás 12 do mediodía, na praza Roxa de Compostela, terá lugar unha manifestación en defensa dunha CRTVG ao servizo do pobo, unha CRTVG secuestrada polo poder político que a mantén únicamente ao seu servizo particular. Por isto, e en coordinación con outras organizacións, a CGT da Coruña fai un chamamento á participación para a consecución dos seguintes obxectivos:

  • Que garanta o respecto escrupuloso á obxectividade, a imparcialidade, a neutralidade, a veracidade e o pluralismo informativo, erradicando a manipulación e a cancelación de contidos e profesionais.
  • Que recupere a perspectiva da realidade social, laboral, económica e cultural do país e de todo o seu tecido social, nos contidos informativos, divulgativos, educativos e de entretemento.
  • Que defenda e promocione a cultura galega.
  • Que garanta o acceso nos contidos da CRTVG de todos os colectivos sociais que conforman a realidade galega.

A CGT da Coruña convoca a toda a afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral para que acudan a esta manifestación.

Comité Local da CGT da Coruña