post

Éxito rotundo da xornada de folga en Correos

Dende a CGT da Coruña calificamos de éxito rotundo a xornada de folga convocada no día de hoxe a prol dunha mellora nas condicións laborais do persoal.
Podemos informar dun segumento medio global de mais dun 50%, con especial énfase nas áreas urbanas.

A incidencia no reparto está sendo moi importante:

-CENTRO TRATAMENTO POSTAL ÁREA NOROESTE,  LAVACOLLA 

Turno de noite 70%, turno de mañá 85%

– UNIDADES DE REPARTO:
UR1 Compostela (Rúa do Franco). 50% de folga
UR2 Compostela (Costavella) 75% de folga tarde 100%
UR Ferrol,  75% de folga
UR1 A Coruña (A Marina) 60% de folga
Ur2 A Coruña (Os Mallos) 50%
UR4 A Coruña (Os Castros) 15%
UR3 A Coruña (Agra do Orzán) 12%
Culleredo 20% de folga
Oleiros ATC 75% reparto 20%
Narón 35%

Recordamos a nota de prensa que enviamos onte:

NOTA DE PRENSA 

Finalmente, e ao non haber acordo na xuntanza de negociación do convenio colectivo celebrada onte en Madrid, hoxe, 14 de marzo, a CGT comunica que mantén á terceira xornada de folga en todo o estado para loitar por un convenio digno e pola retirada do documento «Acuerdo Marco».

Queremos lembrar que as anteriores tiveron un seguemento significativo nas cidades galegas, e nesta agardamos un seguemento semellante. 

Dende mañá pola mañá comunicaremos por este mesmo enderezo de mail os seguementos nos centros de traballo dos que teñamos coñecemento.
Desta volta non se teñen convocado concentracións de apoio nas vilas e cidades galegas. as mobilizacións centraránse en Madrid, Barcelona, Sevilla e outras cidades.

Esta  terceira xornada de folga reivindicando un convenio digno para o persoal de Correos, é a continuación das convocadas o día 26 de febreiro e 5 de marzo, que foron secundadas de xeito masivo entre o persoal de Correos, especialmente nas áreas urbanas onde os seguementos superaron amplamente o 60%. en moitas unidades de reparto da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. Ademáis o día 26 de febreiro e o 5 de marzo centenares de carteiros/as marcharon por Ferrol, Coruña e Santiago para chamar a atención dos problemas laborais do persoal.

SEGUE A NEGOCIACIÓN DO CONVENIO, O «ACUERDO MARCO» DEBE SER RATIFICADO ANTES DE ESTE SÁBADO OU DECAIRÍA, TAL COMO ESIXE CGT

A negociación do convenio está estancada. O 15 de marzo era a data límiete para ratificar o preacordo chamado «Acuerdo Marco» que recollía toda unha serie de recortes lesivos para o persoal e que motivaron estas folgas.. E, á hora de redacción deste comunicado, non hai acordo para a súa ratificación, aínda que Correos pretende que os sindicatos asinemos un documento para prorrogar o período de negociación ata ao 30 de xuño. Dende CGT reiteramos a solicitude da retirada inmediata dese lesivo documento e convidamos ao resto dos sindicatos a que escoiten ao persoal mobilizado e retiren tamén a súa sinatura.

Na xuntanza de negociación do convenio celebrada hoxe, día 13, Correos mantivo as súas propostas de recortes e flexibilidades e, como única novidade, propuxo recuperar o programa que xa existía de excedencias incentivadas unicamente para o persoal funcionario, que nestes momentos é aproximadamente o apenas o 6% do persoal da compañía, (3000 persoas), e avanzou unha medida para o traslado de 800 persoas que están nestes momentos traballando en centros híbridos con Correos Exprés, sendo o de POCOMACO, na Coruña, o mais relevante con 18 persoas afectadas por ese traslado.

A CGT por medio desta folga esixe a retirada dese acordó asinado por  CCOO, UXT e CSIF e chama ao persoal a loitar por un convenio digno, por una recuperación salarial suficiente e pola mellora en xeral das condicións de traballo do colectivo postal.

CONTEXTO:

Esta serie de folgas están convocadas por CGT tras moitos anos de empeoramento do servizo público e das condicións laboráis. Só por lembrar, o convenio actual data de 2011, e desde aquela sinatura o salario do persoal diminuiu (en relación ao IPC) un 24%, as áreas de reparto medraron de forma alarmante empeorando as condicións laboráis, instauráronse as xornadas parcias de 4/5 horas para milleiros de persoas, etc… Entre o persoal agardábase que a apertura da do IV Convenio Colectivo abrise unha xanela á mellora das condicións de traballo do persoal, pero non está a ser así.
 Durante o mes de decembro producíronse varias reunións para a negociación do devandito convenio. De forma precipitada, o día 30 Correos remitiu un documento denominado «Acordo Marco Correos e Sindicatos» onde situaba os eixos estratéxicos a seguir pola dirección os próximos anos. CGT e una ampla maioría do persoal rexeitan este acordó, tal como está a demostrar o seguemento das folgas.  O documento recorta aínda mais as precarizadas condicións de traballo do persoal de Correos, pretendendo a redución do persoal (actualmente rolda os 48000 traballadores cando en 2008 eran 66000 os carteiros), flexibilidades horarias, bolsa de horas ao servizo da empresa, aumentar o número de persoas que traballan na tarde e na fin de semana,  da empresa, retribucións variables vinculadas ao cumprimento de obxectivos, etc Así mesmo, este Acordo sitúa a pretensión de Correos de implementar un plan de saídas “low cost” voluntarias incentivadas para persoal laboral de máis de 61 anos, pero con incentivos económicos totalmente insuficientes (un ano de salario), o que levará que os traballadores se vexan abocados a solicitar a xubilación voluntaria anticipada coa diminución que supón para a contía das súas pensións de xubilación

Sección Sindical de CGT en Correos – A coruña

 

post

Éxito da folga e mobilización en Correos na provincia da Coruña

Mais de 300 traballadores/as de Correos manifestáronse hoxe por Compostela convocados/as pola CGT en defensa dunhas condicións de traballo dignas.

A folga tivo un segumento mi significativo, especialmente en lugares estratéxicos como o Centro de Tratamento Postal de Lavacolla, que presta servizo a todo o noroeste onde o turno da mañá, o mais numeroso, tivo un seguemento de mais do 90%, o que significa que hoxe e mañá practicamente non haberá reparto postal en moitas vilas de Galicia

Nas unidades de reparto podemos sinalar sobre un 50% de seguemento entre o persoal convocado, destacando as carterías da Coruña e Santiago con seguementos medios en ámbalas dúas cidades de máis dun 60%

Noutras vilas e cidades o seguemento foi tamén importante, pero desigual. Ferrol, 30%,Oleiros 40%, Culleredo 40%, Carballo 60%, Arteixo 50%, por citgar algunhas vilas

Dende a CGT calificamos o seguemento como de rotundo éxito e instamos á dirección e aos sindicatos asinantes a retirar inmediatamente o documento «acuerdo marco», e apostar por un convenio que mellore significamente as condicións e traballo máis precarias que existen no sector público.

CONTEXTO:

Esta segunda xornada de folga reivindicando un convenio digno para o persoal de Correos, é a continuación da primeira das convocatorias realizada o pasado día 26 de febrero, que foi seguida de xeito moi importante na nosa comunidade, especialmente nas áreas urbanas onde os seguementos superaron amplamente o 60%. Adxuntamos fotografía da unidade principal de Santiago de Compostela coas mesas baleiras de libre uso citando a fonte.

Esta serie de folgas están convocadas por CGT tras moitos anos de empeoramento do servizo público e das condicións laboráis. Só por lembrar, o convenio actual data de 2011, e desde aquela sinaturao salario do persoal diminuiu (en relación ao IPC) un 24%, as áreas de reparto medraron de forma alarmante empeorando as condicións laboráis, instauráronse as xornadas parcias de 4/5 horas para milleiros de persoas, etc…

Entre o persoal agardábase que a apertura da do IV Convenio Colectivo abrise unha xanela á mellora das condicións de traballo do persoal. Mesa de negociación onde está presente o sindicato CGT, como organización representativa a nivel estatal.

Durante o mes de decembro producíronse varias reunións para a negociación do devandito convenio. De forma precipitada, o día 30 Correos remitiu un documento denominado «Acordo Marco Correos e Sindicatos» onde situaba os eixos estratéxicos a seguir pola dirección os próximos anos. CGT e una ampla maioría do persoal rexeitan este acordó, tal como está a demostrar o seguemento das folgas

O documento recorta aínda mais as precarizadas condicións de traballo do persoal de Correos, pretendendo a redución do persoal (actualmente rolda os 48000 traballadores cando en 2008 eran 66000 os carteiros), flexibilidades horarias, bolsa de horas ao servizo da empresa, aumentar o número de persoas que traballan na tarde e na fin de semana,  da empresa, retribucións variables vinculadas ao cumprimento de obxectivos, etc

Así mesmo, este Acordo sitúa a pretensión de Correos de implementar un plan de saídas “low cost” voluntarias incentivadas para persoas traballadoras de máis de 61 anos, pero con incentivos económicos insuficientes (un ano de salario), o que levará que os traballadores se vexan abocados a solicitar a xubilación voluntaria anticipada coa diminución que supón para a contía das súas pensións de xubilación

A empresa pública (a maior de España) busca introducir todos estes cambios canto antes e, por iso, deseñou a negociación en dúas fases. Unha primeira até o 15 de marzo, momento no cal, se se produce a firma da maioría sindical, aprobaríase este Acordo Marco que modificaría o actual Convenio. Outra segunda fase desenvolveríase posteriormente -sendo o 1 de outubro deste ano a data indicada para concluír- e nela abordaríanse os temas e eixos restantes até elaborar o IV Convenio Colectivo.

A CGT por medio desta folga esixe a retirada dese acordó asinado por  CCOO, UXT e CSIF e chama ao persoal a loitar por un convenio digno, por una recuperación salarial suficiente e pola mellora en xeral das condicións de traballo do colectivo postal.

Sección Sindical de CGT en Correos – A Coruña

 

post

Correos en folga. Cómpre solidariedade

O PERSOAL DE CORREOS ESTAMOS EN FOLGA E SOLICITAMOS A TÚA SOLIDARIDADE.
DIFUNDE ESTA INFORMACIÓN, ACUDE ÁS MOBILIZACIÓNS:

  • 26 FEBREIRO, 09:30 OFICINA PRINCIPAL DE CORREOS, FERROL
  • 26 FEBREIRO, 12:30 OBELISCO, A CORUÑA 
  • 5 MARZO, 12:00 MANIFESTACIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA, SAÍDA DA PRAZA ROXA. (PARA ESTA CONCENTRACIÓN CONTAREMOS CUN SERVIZO DE BUS DENDE A CORUÑA)

negociación do convenio está aberta e o persoal de Correos temos que dicir alto e claro que necesitamos mellorar as nosas condicións laborais e que nos non podemos pagar as súas crises. Os carteiros, as carteiras, o persoal de atención e de clasificación xa levamos anos sufrindo recortes duros e drásticos.

Por poñer algún exemplo, dende o ano 2011, o persoal de Correos:

  • Sufrimos a eliminación de 20000 postos de traballo
  • Perdemos case un 25% de salario real en relación ao custe da vida
  • Seguimos sufrindo descontos por enfermar
  • DobRamos e recargamos barrios todo o ano
  • Xeralizáronse ás xornadas parciais na tarde, en ATC e nos CTAs
  • Emprégase o III convenio para recortar permisos, vacacións etc.

¿Tendo en conta estes precedentes, de verdade pretenden recortar aínda máis as nosas condicións laborais? Pretenden reducir o persoal por medio de prexubilacións totalmente insuficientes, flexibilizar xornadas, facer unha bolsa de horas a libre disposición da empresa, crear xornadas de martes sábado, fomentar a tarde, mobilidades xeográficas e funcionais á carta… etc, tal como acordaron no infame “ACUERDO MARCO”. E por moito que insistan, o acordo non aclara a voluntariedade desas medidas.

¿De verdade alguén pretende afirmar que a “solución” de Correos é empeorar aínda mais as nosas condicións de traballo? ¿Recortar de novo por abaixo?

NON PODEMOS PERMITILO! E NINGUÉN NOS VAI REGALAR NADA, TOCA LOITAR!

  • POR UNHA RECUPERACIÓN SALARIAL REAL
  • POLO FIN DOS DESCONTOS POR ENFERMAR E DAS DENEGACIÓNS DE PERMISOS
  • POLA XORNADA DE 35 HORAS DE OFICIO
  • POLOS HORARIOS E TURNOS VOLUNTARIOS E ESTABLES
  • POR UN PLAN DE XUBILACIÓNS ANTICIPADAS DIGNO
  • POLA INTEGRACIÓN NO EBEP
  • POLA POSIBILIDADE DE TRASLADOS A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
  • POLA CONVERSIÓN DAS XORNADAS PARCIAIS EN COMPLETAS
  • POR UNHAS MELLORAS CONCRETAS PARA O PERSOAL RURAL
  • ETC…

O 26 DE FEBREIRO, O 5 E O 14 DE MARZO:

TOD@S Á FOLGA POR UN FUTURO DIGNO!

Sección Sindical CGT Correos – A Coruña

 

post

«Buzón Rebelde» de outono

A sección Sindical de Correos da CGT da Coruña ven de publicar o novo boletín de outono da súa publicación «Buzón Rebelde», que ten información de interese para o cadro do persoal. Nesta ocasión, entre outra información, o boletín inclúe:

  • Outro acordo para «salvar» Correos: fume e ningún compromiso
  • Amazon abre a nave de Cambre
  • Ameazas sobre anulación de APS e outros permisos. Como actuar?
  • Convenio colectivo: é hora de avanzar en dereitos

O «Buzón rebelde» inclúe varios QR para que que desexe amplie información.

CGT de Correos – A Coruña

Podes ler ou abrir o boletín picando aquí embaixo:

 

post

27S: Folga xeral e xornada de loita por Palestina

En resposta á petición da Federación de Sindicatos palestinos, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) e a Confederación Sindical «Solidaridad Obrera» teñen convocado, en todo o estado español, unha Folga Xeral e xornada de loita polo fin do xenocidio e o apartheid contra o pobo palestino, para o vindeiro 27 de setembro.

A CGT de Galicia fai un chamamento a toda a clase traballadora e á cidadanía a secundar a xornada de folga e mailas mobilizacións que terán lugar nese día:

  • A Coruña: Manifestación, con saída do Obelisco, ás 20 horas.
  • Compostela: Manifestación, con saída da Praza Roxa, ás 12 horas; e Concentración no Obradoiro, ás 19 horas
  • Ferrol: Concentración na praza da Vella, ás 20 horas.
  • Ourense: Manifestación, con saída desde praza das Mercedes, ás 20 horas.
  • Pontevedra: Manifestación, con saída do Hospital, ás 20 horas.
  • Redondela: Concentración, fronte BBVA-Santander na rúa Alfonso XII, ás 11 horas.
  • Vigo: Concentración no Marco, ás 19 horas.

 

 

post

Buzón Rebelde especial CTA

A Sección Sindical da CGT en Correos da Coruña ven de sacar un Buzón Rebelde especialmente dedicado ao CTA. O contido é o seguinte:

  • Inspección de riscos laborais no CTA
  • Despedimento de Marta, compañeira da limpeza do CTA
  • Caos na consideración de día hábil na fin de semana
  • Irregularidades no uso de material de limpeza
  • A entrega do chaquetón é obrigatoria
  • Breves

Que queira abrir ou descargar o Buzón Rebelde, pode facelo picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical da CGT en Correos da Coruña

 

post

Movilizaciones en Banco Santander

El Banco Santander lleva inmerso en diferentes procesos de reestructuración de plantilla mediante Expedientes de Regulación de Empleo desde el 2013. En todos los EREs llevados a cabo hasta la fecha entre esa fecha y la actualidad, unidos a los del extinto Banco Popular, se han destruido más de 15.000 empleos.

Una herramienta que debería ser para casos excepcionales la está utilizando el Banco de manera sistemática para la destrucción de miles de puestos de trabajo, algo que ninguna otra empresa del sector ha hecho a pesar de atravesar las mismas situaciones de mercado.

En la actualidad nos vemos inmersos en un proceso por el que se pretenden llevar por delante, en el mejor de los casos, 4.000 puestos de trabajo, ello sin olvidarnos de la precarización de las condiciones laborales de quienes sean externalizados a empresas de servicios.

Dichas externalizaciones suponen una utilización fraudulenta de la legislación vigente, dado que llevarían a otras empresas tareas que actualmente se realizan en el Banco y que son parte fundamental del negocio bancario, pero su externalización supondría un ahorro de costes para la entidad, así como una precarización en las condiciones de lxs compañerxs externalizadxs.

A esto le sumamos unas deplorables condiciones de salida ofertadas, lo que pone de manifiesto que para el Banco Santander los beneficios están claramente por encima de las personas. Y no olvidemos que son precisamente las personas las que con su esfuerzo y dedicación diaria hacen que esos beneficios se incrementen año a año.

Por estos motivos CGT consideramos que ha llegado el momento de salir a la calle a reivindicar la defensa de todos y cada uno de los puestos de trabajo. Porque aquí no sobra nadie y todxs unidxs debemos mostrar al Banco Santander que Galicia se opone a sus políticas de destrucción de empleo. Porque la precarización del sector bancario redundará negativamente en toda la comunidad gallega.

Este sábado 12 de diciembre a las 12.00 nos vemos en el Cantón Grande de A Coruña y en el cruce de Colón de Vigo unidxs en la lucha por los puestos de trabajo del sector bancario.

 

 

post

Navantia Ferrol: o centro de excelencia naval debe estar en Ferrolterra

Navantia asinou con Siemens un acordo para crear un Centro de Excelencia do Sector Naval. Este centro de excelencia será o centro de formación dos futuros profesionais que se encargarán tanto do deseño do buque (dende a súa fase conceptual inicial até a fase de detalle) como do proceso de construción, as probas e o apoio ó ciclo de vida.

Como se ve, é un proxecto ligado directamente á actividade de Navantia. Pero a pesar disto, acaba de coñecerse que estará ubicado en Santiago. Esta decisión da dirección de Navantia é unha auténtica vergoña dende calquera punto de vista.

En primeiro lugar, o recomendable é que o centro formativo estea o máis cerca posible do centro produtivo. As razóns son tan obvias, que sobra dicilas.

En segundo lugar, aquí hai un campus tecnolóxico naval da Universidade.

En terceiro lugar, na nosa comarca hai espazos infrautilizados que poden acoller o centro de excelencia, empezando por Navantia-Fene, o CIS da Cabana…

En cuarto lugar, esta comarca leva anos sufrindo unha reconversión salvaxe que destruíu milleiros de empregos no sector naval. O estaleiro 4.0 vai supoñer unha redución das necesidades de man de obra en determinadas actividades. Se os empregos que xorden das innovacións tecnolóxicas non están aquí, Ferrolterra verá aumentar a súa decadencia.

Esta decisión de Navantia é unha mostra máis de como a dirección non toma as súas decisións dende o punto de vista dos intereses da empresa pública, senón dende o punto de vista dos intereses da empresa privada porque a única razón que pode haber para ubicar o centro de excelencia naval en Compostela son os intereses de Siemens.

A CGT esixe que Navantia rectifique esta decisión totalmente inxustificada e que o centro de excelencia se ubique en Ferrolterra.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia Ferrol