O Comité de Empresa de Teleperformance, do que forma parte a CGT, acordou convocar unha concentración diante da empresa o día 21 de maio, ás 12:30 horas.
Os motivos e reivindicacións concretas pódense ver descargando o comunicado íntegro, ao que se accede picando nas ligazóns de embaixo.
Sección Sindical de CGT en Teleperformance – A Coruña
Hoy 6 de Mayo hemos tenido la primera mesa negociadora por el complemento al teletrabajo.
Ha sido una reunión muy trabada en la que la empresa como en los últimos meses a continuado dando largas, incluso querían dejar la reunión cuando solo había transcurrido 1 hora.
En el día de hoy lo único que hemos sacado en claro es que el complemento tendrá que ser retroactivo desde el primer día que empezamos a trabajar desde nuestros domicilios.
Destacar también que la empresa vino acompañada de su abogada que al parecer no sabía que en las papeletas de la denuncia estaban las cuantías que la CGT pide; en este documento aparecen detallados los gastos generados por el teletrabajo, estudio que elaboró un gabinete de contabilidad. Dio la impresión de que acudieron tanto la empresa como su abogada sin leerse la denuncia puesta por la CGT.
Durante la reunión se propuso por parte de la CGT 80€ al mes los cuales fueran rechazados como impensables por parte de la empresa. La otra cifra propuesta por UGT fueron 60€; decir que sorprendentemente la «recruiter» de la empresa y miembro del comité afiliada a la UGT se descolgó pidiendo a la baja 35€!? Esperemos que su sindicato tenga unas palabras con esta persona de cara a la siguiente mesa negociadora la cual se celebrara el viernes 14 de mayo.
Dicho esto,la empresa determinó que lo tienen que valorar y que no nos podían decir su cifra hoy ya que lo tienen que consultar…
Quizás deberían de llamar a la mesa negociadora a la persona que si tenga la posibilidad de decirnos una cifra en el momento ya, que hasta la fecha parece que hemos estado negociando con una pared.
Máis de 300 manifestantes déronse cita na manifestación que a CGT, xunto coa CUT e o SE, convocaron co motivo deste Primeiro de Maio. A manifestación transcorreu moi animada polas rúas de san Andrés, Nova, Real, san Nicolás e Panadeiras, para rematar no Campo da Leña coa lectura dun manifesto conxunto. O texto do manifesto é o seguinte:
1º de MAIO: A CLASE OBREIRA SEGUE EN LOITA. Unha vez máis, nesta ocasión coa situación sanitaria como telón de fondo e cortina de fume, as consecuencias da enésima crise do capital van recaer sobre nós. Á costa das nosas vidas. Foron miles de ERTE´s a cargo dos cartos públicos, moitas persoas que perdemos os nosos empregos, moitas que nin sequera teñen garantida unha mínima protección laboral e social, condeadas a situacións de desamparo. Moitas as infinitas esperas para arranxar a irrisoria contía do Ingreso Mínimo Vital, e moitas as colas da fame. Vimos de fronte unha sanidade pública desmantelada e deficiente, con hospitais colapsados e atención telefónica, uns servizos sociais desaparecidos, pechados ao público cando máis falta fan, unhas intitucións de atención á vellez e á infancia precarizadas e privatizadas, con persoal exhausto, onde se evidenciaron máis que nunca as condicións nas que están sendo atendidos os nosos maiores e as nosas crianzas. O traballo reproductivo, os coidados e as tarefas que sosteñen a vida dentro dos fogares, multiplicándose e caindo con todo o peso nos lombos das mulleres, sen remuneración algunha. Así descorreu este último ano, mentras a xestión militar da pandemia se facía presente, co exército e a policía nas rúas inoculando medo, e se nos chamaba á calma e a saír disto xuntas, como se o barco das empresas que se beneficiaron dos ERTE´s, o das grandes corporacións que veñen de levar a maior parte dos fondos chegados de Europa, o barco da banca e a patronal, fose o mesmo que o noso. Este sistema capitalista, patriarcal e racista non é o estado natural e inevitable das cousas, como pretenden facernos crer, e o noso barco, é outro: é o das persoas migrantes en situación irregular violentadas pola Lei de Extranxeiría, o das persoas desempregadas, o dos que teñen salários de miseria, o das familias que non chegan a fin de mes, é o barco das que loitan, o dos vecindarios organizando a solidariedade e o apoio mutuo nos barrios e vilas, o da clase obreira facéndolle o pulso á patronal, o das que nos negamos a naturalizar a inxustiza e a desigualdade e a abaixar a cabeza. A explotación é o noso pan de cada día pero tamén o son a loita, a raiba e a alegría. Este 1º de maio é un máis no camiño. Cómpre mobilizarnos, organizar dende a base, desde as rúas, a solidariedade e a contestación social porque somos a maioría e temos todo a gañar: vidas vivibles e dignas. Seguimos en loita. Viva a loita da clase traballadora! Viva o 1º de maio!
La dirección nos informó que por petición del cliente se reduce plantilla en una de las líneas que da soporte a Latam causando la baja de 15 empleados los cuales por causas organizativas no es posible recolocar según la empresa.
Desde la CGT pensamos que la empresa debería hacer lo imposible para recolocar a estos compañeros/as , una empresa con más de 450 empleados debería tener sitio para trabajadores/as que llevan un tiempo dando soporte para un cliente que requiere buen nivel técnico.
Ya hace tiempo que nuestro delegado de la CGT ha hecho saber a dirección que el despido de compañeros/as a lo largo de estas últimas semanas por causas muy cuestionables y da la impresión de esconder en realidad un cierre de soporte, por el que la empresa prefiere despedir a trabajadores /as poco a poco con tal de evitar un ERE que les pueda comprometer a la obligación de recontratarlos más adelante.
Estamos vigilantes de estas maniobras de la empresa,ya que la situación actual es muy complicada por la pandemia, y a pesar de esta crisis Concentrix La Coruña sigue creciendo y esto gracias también al trabajo de nuestros compañeros ahora despedidos.
Pedimos al comité seguirnos en esta dirección y proteger a los trabajadores/as, y también a dirección sentido común y responsabilidad de cara a su mayor valor que somos nosotros los empleados.
Desde aquí recomendamos a los empleados despedidos ahora y a lo largo del último año que estéis atentos a los comunicados sobre la mesa negociadora ya que cuando se alcance resolución en función de la misma pudiera ser que podáis solicitar cobrar esos atrasos a la empresa.
Podéis contactar con la CGT, haremos todo lo posible para ayudaros frente a la empresa que os despide sin piedad.
Es muy importante contar con un sindicato de trabajadores/as en vuestra situación.
Adicionalmente se comentó que en el mes de Mayo se espera que puedan regresar al Site los voluntarios. Veremos con la Comisión de Seguridad y Salud las condiciones para volver a las instalaciones e informaremos en brreve sobre este posible regreso.
O Primeiro de Maio a CGT da Coruña, xunto coa CUT e o SE, convoca de novo a manifestación do Día do Traballo. O inicio terá lugar na Praza de Pontevedra, ás 12:30, e rematará na Praza de España.
Hai que esixir que se reparta o traballo e a riqueza
O 1º de Maio sempre ten que ser un día reivindicativo e de loita como garantía dos dereitos: ao traballo digno; a unha xornada laboral que posibilite conciliar o traballo coa vida; a un salario e prestacións sociais suficientes, ben cando se ten emprego e tamén cando non se ten; a pensións adecuadas para vivir con dignidade, para loitar contra as reformas laborais, os desafiuzamentos ou as leis mordaza.
O empobrecemento material de millóns de traballadores e traballadoras, a través de mecanismos como o recorte masivo das rendas salariais, está a xerar unha das sociedades máis desiguais do mundo. Segundo datos do Banco de España, o 25% da poboación vivía xa en risco de pobreza ou exclusión social antes da pandemia. A situación cando esta termine pode ser catastrófica. Isto supón que 4,5 millóns de fogares non poden facer fronte a necesidades tan básicas como pagar un alugueiro ou unha hipoteca, manter quentes as súas casas ou sinxelamente comer todos os días.
Catro millóns de persoas en paro, ás que o Estado lles nega o seu dereito máis esencial como clase traballadora: o dereito a "gañarse a vida". Tampouco lles recoñece o Estado o dereito a unhas prestacións sociais suficientes para vivir dignamente.
Fronte a iso, o ano pasado realizáronse case 25 millóns de horas extraordinarias, das que non se pagaron máis de 11 millóns. E resulta especialmente demoledor o dato que no caso das mulleres máis da metade das horas extraordinarias non fosen retribuídas.
A pandemia, ademais, evidenciou outras vergoñas do sistema. Púxose o interese económico por encima da vida das persoas; protexéronse intereses particulares por encima das necesidades da inmensa maioría; algunhas administracións miraron cara a outro lado cando se incumprían sistematicamente distintos preceptos legais; manga ancha cuns e nada para o resto. O sistema sanitario, ferido de morte tras as continuas privatizacións, colapsou e, a teor dos feitos -que son túzaros-, a sanidade privada demostrou a súa enorme incapacidade.
Veñen tempos difíciles, tempos convulsos, tempos onde os intereses das elites tratarán de impoñerse novamente á clase traballadora. Con todo, non podemos permitir que a crise a paguen, unha vez máis, os e as de sempre. Porque sería intolerable que permitísemos, como sociedade, un novo rescate ás entidades financeiras mentres as condicións de vida da clase obreira seguen degradándose a velocidade de vertixe.
Este 1º de Maio ten que seguir sendo o día en que millóns de traballadores e traballadoras digamos BASTA e enchamos as nosas vidas cotiás, non de sufrimento nin desesperación, senón de LIBERDADE, impoñendo a gobernos, empresarios e poderosos, outra Orde Social, outro sistema, onde a repartición do traballo e da riqueza, faga que unha VIDA DIGNA para todas as persoas sexa posible aquí e agora.
Lugar: Subdelegación do Goberno – Avenida da Marina – A Coruña
Día e hora: 22 de abril, xoves, ás 12:30 horas
TRABALLAR MENOS, PARA TRABALLAR TOD@S
A situación da clase traballadora e insostible: catro millóns de persoas no paro e o resto sometido a horarios interminables, salarios de miseria, contratos precarios, colas da fame, expulsados das súas vivendas e condenados a unha existencia moi pouco merecente de ser vivida.
Millóns de horas extraordinarias, pagadas e sen pagar, que servirían para crear centos de miles de postos de traballo. Xornadas de traballo que non se reducen desde hai 40 anos. Unhas xubilacións cuns requisitos cada vez máis duros non só para ter dereito a elas, senón tamén cunha idade de xubilación máis tardía e uns sistemas de cálculo pensados só para reducir o seu importe. Mentres milleiros de xoves agardan por un posto de traballo, outros prolongan a súa vida laboral ata que non poden máis e pasan directamente do posto de traballo ás portas da morte. Por todo isto reclamamos traballar menos: menos horas, sen horas extraordinarias e cunha idade de xubilación máis temperá. Traballar menos, para traballar todas e todos.
Temos un salario mínimo de miseria, do que dependen millóns de traballadores e traballadoras, e este ano aínda non subiu. As diferencias salariais son enormes, sen ningunha equidade. Os salarios non cobren, en moitos casos, os gastos mínimos para ter unha vida digna de ser vivida. Os ricos son cada vez máis ricos e continúan enriquecéndose durante esta pandemia. É unha cuestión de xustiza que os traballadores e traballadoras poidan sufragar co seu salario os gastos de vivenda, alimentación, enerxía, abrigo, cultura e ocio sen estar afogados mes tras mes, día tras día. Por todo isto reclamamos un salario mínimo digno e suficiente, o peche dos abanos salariais e a repartición da riqueza equitativamente. En definitiva: estamos polo reparto da riqueza e do traballo.
Por iso non é suficiente a derrogación da reforma laboral de Rajoy. Esta reforma foi nefasta, pero é que é nefasta a xeneralidade da lexislación laboral: contratas, subcontratas e ETT; contratación temporal á carta; despedimentos libres a gusto do empresariado; accidentes de traballo disparados; subsidios de desemprego miserentos e todo tipo de falcatruadas consentidas legalmente por este sistema inicuo e inxusto en beneficio dunha minoría cobizosa e insaciable. Por isto reclamamos un sistema laboral xusto no que os traballadores e traballadoras, creadores da riqueza, teñan o recoñecemento que merecen e deixen de padecer esta vida cativa e ruín. Porque hai que desmontar toda a lexislación actual e non conformarse coa maquillaxe que poda supoñer unhas simples modificacións e derrogacións.