CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/carga-policial-contra-a-concentracion-de-traballadores-e-traballadoras-diante-de-atento/
Export date: Tue Jul 16 9:41:57 2024 / +0000 GMT

Carga policial contra a concentración de traballadores en protesta polos despidos en ATENTO


O Comité de Empresa de Atento convocara para hoxe ás 11 da mañá unha concentración diante da sé da empresa para protestar polos 179 despidos no servicio 1004 que comunicara a empresa onte. Varios centos de traballadores e traballadoras secundaron a convocatoria cortando o tráfico na céntrica rúa de Juan Florez, reclamando a readmisión inmediata dos compañeiros e compañeiras despedidas. Unha forte presencia policial tentou retirar aos traballadores e reabrir o tráfico, ante a resistencia pasiva dos concentrados que ao grito de "mais traballo, e menos policía" ou "Atento despide, Telefónica culpable" permanecían concentrados. Nese momento comenzou unha carga policial con empuxóns, golpes, porrazos, ... que remataron con varios dos concentrados fortemente magullados e algúns con feridas abertas.
Post date: 2007-03-15 15:55:07
Post date GMT: 2007-03-15 14:55:07

Post modified date: 2007-03-19 13:32:12
Post modified date GMT: 2007-03-19 12:32:12

Export date: Tue Jul 16 9:41:57 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com