CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/caravana-de-concentracions-polos-hoteis-de-vigo/
Export date: Tue Jul 16 9:25:47 2024 / +0000 GMT

Caravana de concentracións polos hoteis de Vigo.




Comezamos a 4ª semana de mobilizacións cunha caravana de concentracións polos hoteis de Vigo e Coruña demandando a readmisión das 23 traballadoras despedidas do Hotel Baía de Vigo​.

O Director deste hotel, lonxe de achegarse a negociar unha solución, respondeu con ameazas de "peche patronal" e despedir ao resto do persoal, con denuncias por "agresión sonora" e encomendandose ao acoso policial ás traballadoras concentradas cada día na porta do hotel. Para aumentar a presión sobre o Hotel Baía, Nortempo e mandarlle unha mensaxe clara ao Director do hotel, ampliamos o campo de acción a todos os hoteis de Vigo que pertencen á federación de hoteis que preside o mesmo director. Non haberá tregua ata que readmitan ás traballadoras despedidas subrogandolas así a nova contrata de limpeza, Nortempo.

Ademais grazas ao apoio das e os compañeiros de CGT A Coruña estendemos a protesta a hoteis desta outra cidade galega onde Nortempo ten contratos de limpeza.

A cada ameaza ou agresión respondemos con máis mobilizaciones ata que consigamos as readmisións.

Post date: 2018-06-05 17:57:45
Post date GMT: 2018-06-05 16:57:45

Post modified date: 2018-06-05 17:57:45
Post modified date GMT: 2018-06-05 16:57:45

Export date: Tue Jul 16 9:25:47 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com