post

[Vigo] Caravana protesta en 5 centros de Eroski 23-02-2017

Caravana protesta en cinco centros de Eroski en Vigo. Repartimos información sobre os 5 despidos realizados por esta empresa e protestamos na puerta de cada centro.

O día 28 continuaremos con outra caravana  polo resto das tendas de Eroski en Vigo.

 

post

Campamento Solidario na praza do Concello de Vigo.

Levantouse un Campamento Solidario na praza do Concello de Vigo.

Acción consensuada na asemblea que participamos distintos colectivos sociais, sindicais e políticos da cidade. Acordamos levar adiante esta acampada para visibilizar a dramà tica situación na que esta inmersa unha parte da poboación.

Preténdese con esta mobilización, presionar ao alcalde e á corporación, para que reciban a unha comisión formada por varios compañeiras e compañeiros co propósito de poñer enriba da mesa tres cuestións:
– Desafiuzamentos.
– Funcionamento do albergue.
– Cidadáns sen teito e na rúa.

Pedimovos a toda a afiliación do sindicato, que pasedes polo campamento para mostrar a vosa solidariedade e apoio a esta acción. O compañeiro Juan Miguel estará acampado. Non vos esquezades de asinar a petición de apoio ás xustas peticións formuladas.

 

 

post

[Vigo] Acción Sindical na empresa Muebles CyL 16-02-17

De novo concentrámonos diante da entrada das instalacións da empresa Muebles CyL no Calvario (Vigo).  Seguimos manifestandonos e demandando o abono das 7 mensualidades e las dúas pagas atrasadas que esta empresa adeudalles as/os traballadoras/es.
A loita esta na rúa.

 

post

[Vigo] Concentración no Eroski 14-02-2017

Concentración no Eroski da rúa García Barbón denunciando a serie de despidos que están producindose nesta cadea de hipermercados, entre eles o dun afiliado da CGT.
Este traballador solicita a reincorporación ao seu posto de traballo polo que a CGT comenza unha serie de concentracións para lograr a reincorporación do compañeiro. A empresa escudase nunhas supostas causas económicas cuando logo mediaticamente presume dunha alta rentabilidade comercial.

 

post

25feb*A Coruña sumate as columnas das Marchas da Dignidade

Reserva xa a túa praza no bús (billete entre 3 o 4€) á Coruña e sumate a unha columna das Marchas da Dignidade.

COLUMNA "A": Ás 12:00 h saldrá da Estación Ferroviaria de Ronda de Outeiro, marchando por Capitán Juan Varela, Monforte, Fernando Rey, Juan Flórez, Marcial de Adalid, Federico Tapia a Praza de Ourense, donde confluirá coa columna B.

COLUMNA "B":  Ás 12:00 h saldrá do Campo de la Leña, irá por Panaderas Cordonería, S. Andrés, Praza de Pontevedra, Teresa Herrera, Praza de Lugo, Padre Feijoo e Praza de Ourense.

Na Praza de Ourense uniránse as duas columnas formando una soa que marchará ata os Xardíns de Méndez Núñez.

#PanTraballoeTeito

 

 

post

[Vigo] 📣convocatoria concentración Eroski

O martes 14  ás 10:30h realizaremos unha concentración no Eroski (rúa García Barbón 54)  motivada pola serie de despidos que están producindose, entre eles o dun afiliado da CGT.

Este traballador solicita a reincorporación ao seu posto de traballo polo que a CGT comenza unha serie de concentracións para lograr a reincorporación do compañeiro. A empresa escudase nunhas supostas causas económicas cuando logo mediaticamente presume dunha rentabilidade.

 

post

[Vigo Acción Sindical] Concentración na empresa Muebles CYL

Concentración na empresa Muebles CYL. (martes 31)
Dita empresa adeudalle aos traballadores/as o pago de 6 mensualidades e dúas pagas extras. O propietario enganou en reiteradas ocasións prometéndo o abono da débeda sen que esto ocurrese .
Valoramos positivamente esta acción sindical na que participaron delegados e delegadas do sindicato doutros sectores así como traballadores e familiares dependentes laboralmente de CYL.
Lamentamos a unidade de acción se quebrase coa ausencia da delegada sindical de CC.OO.
O 9 e 16 de febreiro no mesmo lugar e hora. Seguimos!

 

post

Convocatoria Asemblea Anual do Sindicato de Oficios Varios Vigo

Asemblea Anual do Sindicato de Oficios Varios

Convócase a todos os afiliados á Asemblea Anual do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, que terá lugar o vindeiro mércores día 8 de Febreiro, nos locais do sindicato ás 18:00h.

ORDE DO DÍA

1. Elección de Mesa.

2. Informe das distintas Secretarías do S. Permanente.

3. Informe das xestións realizadas para a adquisición do novo local da F. Local de Sindicatos de Vigo, situado en Navia.

4. Asuntos Varios.