post

A folga de Telemarketing tamén se sente en Vigo.

O sector do telemarketing é coñecido pola súa elevada rotatividad, baixos salarios, contratos temporais e altos obxectivos de vendas, que en moitos casos son demasiado elevados e gran parte dos traballadores perden os seus empregos.

Damos todo o noso apoio aos traballadores en loita dun sector que impón intolerables condicións de explotación. Considerando que estas empresas prestan servizos a empresas eléctricas, como Gas Natural, Endesa, así como bancos, para xerar vendas ou fidelizar clientes, e tendo estas uns beneficios enormes, é aínda máis sanguento que haxa traballadores nestas condicións.

Así denúnciao unha traballadora de Unisono.

 

post

[Vigo] Concentración folga do telemarketing 17M.

HOXE ESTAMOS DE FOLGA

#ColgamosLosCascos17M porque necesitamos máis indefinid@s, mellores condicións, mellores salarios e eliminar o Ar.-17 e Art.-18 do Convenio porque incentiva o despedimento. Na loita está o camiño, cruzarse de brazos ou mirar a outro lado non solucionará os teus problemas. Colga hoxe os cascos e demostralle a esta Patronal que @s traballador@s temos moito que dicir sobre o noso futuro.

Fotos concentración diante das empresas Unísono e Bosch

 

 

post

[Vigo] Concentración en apoio aos compañeiros de CLECE.

Concentración en apoio aos compañeiros de CLECE. empresa de servizo de limpeza para PSA Citrà¶en e pertencente ao grupo ACS de Florentino Pérez.
Voltamos a rúa para denunciar o incumplimento dos acordos por parte desta empresa, a cal vulnera o convenio asinado a súa conveniencia.
Continuaremos co calendario de mobilizacións para esixir a CLECE o estricto cumplimento da nora¡mativa laboral e o respeto dos dereitos das traballadoras e traballadores.

 

post

[Vigo] 17M Folga do Telemarketing. Concentración en Unísono

Coincidindo coa folga de 24 horas convocada para o próximo venres 17 de marzo, convocámovos a unha concentración sindical diante da empresa Unísono (rúa Gran Vía 114) de 11h a 13h.

Con esta acción, desde a CGT, queremos denunciar a precariedade á que estamos sometid@s por parte das empresas para as que traballamos: baixos salarios, EREs, modificacións substanciais, sancións, nula formación, imposibilidade de conciliar a nosa vida laboral e familiar, presión e demáis penurias que diaramente padecemos.

O convenio colectivo é en gran parte responsable desta situación. levamos máis de dous anos de negociación nos que a CGT está intentando cambiar as cousas. É necesaria a implicación das traballadoras e traballadores do sector para transformar esta situación. Só a organización, a solidariedade e o apoio mutuo permitirá alcanzar os nosos obxectivos.

PARTICIPA E ACTÚA

O 17 DE MARZO TOD@S Á RÚA

VÉMONOS ÁS 12:00 NO OBELISCO

OUTRO CONVENIO É POSIBLE

TI TES MOITO QUE DICIR

 

post

[Vigo] Novo calendario de mobilización – Eroski

Novo calendario de mobilizacións Eroski:

✔️día 21 marzo no familia de San Andrés de 11 a 13 horas.
✔️día 24 marzo no Eroski de Mos sanguiñeda de 11 a 13 horas.
✔️ día 31 marzo en Eroski economato de Citrà¶en de 11 a 13 horas.

Iniciamos esta campaña de mobilizacións en solitario e despois catro accións realizadas unense UGT e CIG.
Celebramos esta unidade de acción, máxime cando temos en contra ao sindicato represor e brazo executor da empresa FETICO que unha vez máis traizoa aos traballadores e considera que non debe de loitar contra o despedimento de sete compañeiros e pedír a súa readmisión. é vergoñoso que se chamen sindicato, viven do medo e a obligacion a afiliarse a que estan sometidos os novos contratados.

 

post

CONVOCATORIA COMITÉ LOCAL DO SINDICATO

Infórmase a todos os afiliados do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, da convocatoria dun Comité Local do Sindicato, que se celebrará o vindeiro xoves día 13 de Marzo, e que comezará ás 5:30h da tarde no local do sindicato, coa seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA:

✔️ Nomeamento de Mesa.

✔️ Informe das distintas Seccións Sindicais.

✔️  1º de Maio.

✔️  Varios.

Na confianza de que se produza a máxima asistencia e participación de toda a afiliación e dos representantes das distintas Seccións Sindicais, recibide un fraternal saúdo.

 

post

[Vigo] Acción sindical no Eroski de Marín

Continuamos coa nosa andaina de mobilizacións contra os despidos da empresa Eroski na área de Vigo. Despois de recorrer as tendas de Vigo recabamos neste centro de Marín onde nos manifestamos diante da súa porta en protesta polos abusos e demandando a readmisión das compañeiras e compañeiros despedidos. Seguimos!

 

post

[Vigo] Calendario de mobilizacións Marzo

Relación das accións sindicais programadas para este més:

✔️ 7 marzo: Concentración diante  do Eroski de Marín.
✔️ 14 e 17 marzo: Concentracións diante de mobles CyL.
✔️ 15 marzo: Concentración  diante da porta de Citroà«n  apoiando aos compañeiros de CLECE.
✔️ 17 marzo: Convocatoria de folga realizada pola CXT para os 100.000 traballadores de telemarketing.

A cita máis importante sempre é na trincheira da confrontación social.

 

post

[25F * A Coruña] Columna Sur presente!

[25F * A Coruña] Marchas da Dignidade
Voltamos ás rúas en defensa das pensións e dos servizos públicos. Punto de encontro e concentración das Columnas Galegas coa praza chea de xente berrando #PanTeitoTraballo

 

post

A acampada pola xustiza social continua en Vigo

Continua medrado o campamento reivindicativo na praza do Concello, para nós  a «Praza da Xustiza Social»


O Venres, 3 de marzo, celebraremos actividades lúdico-reivindicativas. Ás 11:30 da mañá, farase o xuízo ao Meco cunha previa pequena lectura presentación aludindo aos valores da loita, solidariedade, etc. Tamén contaremos con actuacións para as máis cativas.
Antes, o lúnes 27, hai reunión coa Xunta para plantexarlle as nosas propostas e inquedanzas sobre as deficiencias do Albergue Municipal, os desfiuzamentos na cidade de Vigo e sobre o desamparo institucional que sofren as máis de 80 persoas que actualmente viven sen teito no que cobixarse.