Este venres 5 de maio temos concentracion diante do Hiperxel (Iberconsa) de dobrada ás 11h polo peche de tres tendas sen previo aviso e o despedimento de tres traballadoras. A patronal desta empresa esta presionando para que as traballadoras asinen as liquidacións, citándoas ás agachadas , de noite e nos locais pechados onde non hai nin luz.
[Vigo] Manifestación 1 de maio 2017
PANà€°TRABALLOà€°TEITOà€°IGUALDADE
A CGT chama este 1 de Maio a todas as persoas, organizacións e colectivos sociais, ás persoas migrantes, ás pensionistas, ás estudantes, ás mulleres, ás desafiuzadas das súas casas e dos seus empregos, ás represaliadas por loitar, á clase traballadora en xeral, a Manifestarse desde a dignidade de clase para exercer o dereito á protesta que pretenden eliminar, a través de Sentenzas condenatorias para quen loita e Sentenzas do máximo tribunal español (o Tribunal Supremo), que legalizan o esquirolaje empresarial cando as persoas traballadoras convocan Folgas para defenderse das agresións empresariais.
Esiximos neste 1 de Maio:
✔ï¸A derrogación das dúas últimas Reformas Laborais
✔ï¸A derrogación das leis Mordaza e a Amnistía Social para todas as persoas encarceradas, procesadas, despedidas dos seus empregos ou multadas por loitar.
âœ”ï¸ A Renda Básica como garantía de supervivencia
✔ï¸O Non rotundo ao pago da Débeda ilexítima.
✔ï¸Os Servizos Públicos como Dereitos Esenciais das persoas
✔ï¸Empregos estables con salarios e condicións dignas.
O 1 de Maio a CGT esta nas rúas, en confluencia cos movementos sociais e colectivos en loita ou coas súas propias enerxías e xentes, reivindicando un cambio de modelo social baseado na repartición da riqueza, o apoio mutuo, a igualdade e a autoxestión.
Vémonos o 27 nas marchas
[Vigo] Mobilización contra os recortes en CLECE
Mobilización contra os recortes e reiterados incumplimentos dos acordos por parte de CLECE, empresa contratada para a limpeza na factoría de PSA en Vigo.
[Vigo] Manifestación contra os despedimentos Eroski 28-04-2017
Mobilización conxunta de CGT, CIG e UGT polos despedimentos arbitrários de 8 traballadores/as da empresa Eroski. Â A manifestación percorreu as rúas de Vigo dende a Travesía cruce con Vía Norte no Eroski Vista Alegre ata o Cash no Troncal.
Manifestación percorrendo as rúas de Vigo.
[Vigo] Calendario de mobilizacións.
✔ï¸Â Venres 28 – Eroski
Mobilización conxunta de CGT, CIG e UGT polos despedimentos arbitrários de 8 traballadores/as da empresa Eroski. Â A manifestación sairá ás 11h da Travesía cruce con Vía Norte no Eroski Vista Alegre ata o Cash no Troncal.
✔ï¸Â Xoves 27 – Hiperxel
Concentración en Iberconsa (Hiperxel) na Riouxa ás 10:30 polo despedimento de tres traballadores e o peche de tres tendas sen informar o comite de empresa.
[Vigo] Acción conxunta 1º de maio
O 1º de Maio, a CGT, con outros sindicatos do bloque combativo, Cut, Steg, S. Ferroviario, S. de Elevación e S. de Xornalistas, sairá de novo á rúa, a reivindicar «Pan, Traballo, Teito e Igualdade», porque a loita está na rúa, e non nos despachos. A manifestación partirá da Praza Fernando o Católico ás 11h da mañá, e finalizará na chaira da Praza do Rei, no Cortello de Vigo, diante do Campamento Dignidade, que desde hai xa dous meses, vén loitando para ser recibidos a fin de afrontar a procura de solucións aos Desafiuzamentos, unha alternativa de vida para os Sen Teito que viven na rúa e analizar os problemas do Albergue Municipal da C/Valterra. Con esta medida, pretendemos mostrar a nosa Solidariedade, Compañeirismo, Apoio Mutuo e o compromiso de non cejar no noso empeño de seguir loitando ata a vitoria.
Convidamos a todos os colectivos sociais, a sumarse a esta manifestación, que poñerá en valor esta xornada de loita que tanto significado para a clase traballadora en xeral, e para o Anarcosindicalismo en particular. Xornada de loita, que non festiva, que ha de ser un acicate para recobrar máis forza, a fin de camiñar cara ao 27 de Maio, outra xornada de loita que ha de levarnos a Madrid, coas Marchas da Dignidade.
Saúde
[Vigo] Acción Sindical – Caravana protesta Mercadona 7-4-2017
O venres 7, realizamos unha xornada de protesta contra a represion e despedimentos inxustificados que Mercadona está a realizar por toda España. Montamos unha caravana de protesta coa que visitamos distintos centros de Vigo.
Mercadona despide a traballadores de máis de 10 anos de antiguedade laboral con acusacións de roubo totalmente ficticias. Logo nas portas dos SMACS recoñece a improcedencia. Unha maniobra coa que pretende é eliminar aos traballadores que reclaman os seus dereitos.
Mercadona conta como sindicatos amarelos e lamentablemente tamén coa complicidade de CCOO e UGT.
[Entrevista] Acampada contra a Pobreza – Vigo.
Entrevista a Francisco Rodríguez e Juan Miguel Carollo representantes da Acampada contra Pobreza na praza do Concello en Vigo.
O noso compañeiro Víctor Vilaboa realizou esta entrevista na que repasaron os motivos polos que se iniciou esta acción social e os obxetivos que se queren acadar mediante esta mobilización que pronto superará os 50 días ininterrumpidos de acampada protesta.
As demandas deste Campamento da Dignidade seguen estando por desgraza sen atender:
âœ”ï¸ Creación dun parque público de vivendas en alugueiro social.
✔ï¸Melloras no albergue municipal e rematar co límite de permanencia de 10 días.
✔ï¸Dar opción de refuxio estable a xente sen teito.
Tanto a súa determinación como a súa presenza de ánimo indican que esta Acampada pola dignidade se mantendrá firme ata acadar os seus obxetivos.
Saude, liberdade e xustiza social compañeirxs!
[Vigo] Reunión representantes CGT ante a nova situación de Opel e PSA
César Yagà¼es, da CGT Zaragoza, destacou que tras o anuncio da absorción a dirección da planta comunicou que a adxudicación do Opel Corsa, modelo histórico na factoría, suspendíase temporalmente. Yagà¼es denuncia que desde o Grupo PSA propoñeranse novos «concursos de beleza» nos que se fará competir ás factorías españolas para «rebaixar as súas condicións laborais para recibir novos modelos». Nós demandamos que a repartición de modelos «debe ser equtativa para dar traballo a todos os empregados» e que este tipo de movementos «efrentan ás factorías e os traballadores».
[Vigo] Concentración no Eroski de Mos 24-03-2017
Nova concentración diante dun centro Eroski demandando a readmisión dos traballadores arbitrariamente despedidos.
Igual que na anterior desenvolvimos unha acción sindical conxunta coa CIG e UGT.
O vindeiro día 31 estaremos no economato de Citroà«n en Vigo dando continuidade a esta mobilización.