Celebraronse as eleccións sindicais de Arume, empresa cun total de 550 traballadores/as que serve menúa a comedores de empresas , colexios e xeriátricos. A CGT presentou inicialmente unha candidatura de 64 traballadores/as que foi laminada polas constantes presións e ameazas por parte da patronal, por desgraza a empresa contou coa complicidade dos grandes sindicatos para desarticular a nosa lista, 46 traballadoras/es renunciaron dos 64 iniciais resistindo só 18 as coaccións.
Esta convivencia e maniobras dos sindicatos concertantes coa patronal para frear aos sindicatos combativos non por que suceda a cotío deixanos de indignar como clase traballadora.
Inda así conseguimos por primera vez representación con 2 delegados.
Folga das/os traballadores de CLECE, polos reiterados recortes e incumplimentos desta empresa contratada para a limpeza da factoría de PSA-Vigo.
Clece culpable, Citrà´en responsable!!
As traballadoras da limpeza da empresa CLECE convocan dúas xornadas de FOLGA, dende o Domingo 3 de Setembro as 6h, ata o Martes 5 de Setembro as 6h, pola situación e deterioro das súas condicións de traballo, e incumprimentos reiterados baixo o amparo de PSA Vigo, empresa onde desenvolven os traballos de limpeza.
Calendario de mobilizacións:
Domingo 3:
– Manifestación ás 12:30h dende a portaría principal de Citroà«n ata Castrelos, e posterior concentración na porta ata as 14:30h.
– Concentración na portaría principal de PSA dende as 21h ata as 22h.
Luns 4:
 – Concentración na sede central de CLECE en Praza América Nº-1, dende as 11h ata as 12h.
– Manifestación as 12h dende dita praza a portaría de principal de PSA.
– Concentración portaría PSA dende as 13:30h as 14:30h.
– Manifestación ás 20:30h dende a portaría principal concentración ata as 22:30h.
Este venres 11 voltamos a realizar unha rolda de protestas itinerantes diante de tendas Hiperxel en Vigo. Seguimos mobilizandonos contra os despedimentos e peches de centros de traballo.
Concentración na avenida do Aeroporto e na rúa Esperanto en protesta polo incumprimento da sentenza que condena á empresa Pena Corneira «A branca Pomba» a abonar indemnizacións por horas extra.
Convocatoria Asemblea da Federación Local da CGT de Vigo.
Dita Asemblea terá lugar o vindeiro mércores día 26 do presente mes, e comezará ás 19:00h (7h da tarde), a fin de debater entre outras, as seguintes cuestións:
ODEN DO DIA
1.- Informe dos Sindicatos. (Limpeza e Oficios Varios).
2.- Información da reunión celebrada o martes 18 entre os colectivos sociais, sindicais e políticos, convocada pola Plataforma PAH Vigo-TUI Baixomiño e a Acampada Dignidade diante do Concello contra a pobreza, cun punto único de orde do día : Desafiuzamentos, achegas, modificacións ao plan de Vivenda Baleira da Xunta. Propostas sobre as posibles solucións aos continuos Desafiuzamentos en Vigo e comarca que superan con fartura o resto de Galicia.
3.- Proposta de nomeamento de novo Secretario de Acción Social.
Compostela, manifestación en solidariedade cos traballadores de FerroAtlántica.
Nesta gran mobilización sindical galega berramos xuntos:
Non á segregación das hidroléctricas!
Non á agresión aos dereitos e futuro dos traballadores!
Os traballadores de Ferroatlántica e a comarca enteira da Costa da Morte están a sufrir unha grave agresión nos seus intereses e dereitos como consecuencia do intento da empresa de proceder á segregación das presas hidroeléctricas da propia empresa metalúrxica en Cee-Dumbría e, acto seguido, desfacerse dos complexos hidroeléctricos, instalados nos ríos Xallas (Dumbría) e Grande do Porto (Vimianzo).
A historia desta empresa iníciase precisamente co aproveitamento eléctrico do río Xallas e, por tanto, este representa a razón de ser e xustificación, política e legal, da aceptación polos veciños das expropiacións necesarias no seu momento para os Saltos, como a asunción do deterioro agropecuario e ambiental, non só dos terreos alagados, senón tamén dos lindeiros. A comunidade veciñal de Cee-Dumbría e o conxunto da clase traballadora que se incorporou ás fábricas e empresas auxiliares coñecen moi ben que a presenza das fábricas na Costa da Morte está ligada de modo necesario e indisoluble aos saltos hidroeléctricos, que durante os últimos case 100 anos veñen fornecéndolle da electricidade necesaria. Baseándose nese mesmo convencemento, Ferroatlántica dispón dunha concesión por 99 anos para a explotación hidroeléctrica de ambos os ríos.
Agora mesmo, Ferroatlántica, que en 2015 anunciou a súa fusión coa multinacional estadounidense Globe Speciality Metals (GSM), está en mans do empresario Juan Miguel Villar Mir, cuxo nome figura como protagonista esencial en todos aqueles casos de corrupción política e empresarial que desde uns anos para acó converteron o país nun lameiro fedorento.
Por estas razóns diversos grupos, colectivos e entidades da comarca, así como o Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría e numerosos Comités das empresas auxiliares, expoñen a necesidade de celebrar en Santiago, o 8 de xullo, unha gran manifestación que evite o intento da Empresa de segregar e desvincular as presas hidroeléctricas da propia empresa metalúrxica, sen outra garantía para os postos de traballo e a propia supervivencia da fábrica na Costa da Morte que fume, promesas e a fraude habitual: anunciar como un feito e acto de vontade o que se decidiu de antemán non cumprir.
Día 23 xuño: Concentración convocada polo comité de empresa de CLECE – Limpeza de CGT – CIG, diante da factoría Citroà«n, desde as 12:30h ata as 14:30h.
Día 28 xuño: Asemblea do Sindicato de Oficios Varios ás 17:30h da tarde.
Día 30 xuño: Concentración sindical de protesta da CGT ante Hiperxel do Calvario nº233 ás 11:00h.
Día 7 de xullo: Concentración sindical de protesta da CGT ante Hiperxel en C/Gregorio Espino nº 20 Â ás 11:00h.
Día 8 de xullo: Manifestación en Santiago de Compostela, en apoio da sección sindical da CGT en Ferroatlántica, cos concellos da comarca de CEE – Umbria, contra segregación da fábrica de Carburos e a hidroeléctrica de Ézaro. Fretaranse autobuses