Manifestación contra a Reforma Laboral

A Federación Local de Vigo da CGT fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes para que participemos todos/as xuntos/as nesta manifestación contra  a nova Reforma Laboral , contra este cúmulo de agresións do capital e pola folga xeral.

Será este martes 29 de xuño  ás 20:00 dende A Doblada ( cruce de Urzáiz con Gregorio Espino)

Read More

 

Acto de rúa/concentración contra o gasto militar en Vigo

A F.L. de Sindicatos de Vigo fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes a participar no acto de rúa programado polo Espazo Aberto Antimilitar de Vigo o vindeiro sábado 19 de xuño ás 18:00 h na praza da farola de Príncipe.

Coa que está caendo (crise económica e os conseguintes recortes sociais), o Goberno vai empregar (como mínimo) a cantidade de 18.160,89 millóns de euros en gasto militar.

Read More

 

Concentración contra a reforma laboral

A FL de Vigo fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes para que acudan a esta concentración diante da Delegación de Traballo en Vigo, o mércores 16 de xuño ás 11:00h.

A nova reforma laboral, que previsiblemente será aprobada este mércores no consello de ministros tras "esgotar a  vía do diálogo cos axentes sociais" para a súa imposición posterior mediante decreto, suporá (de impoñerse) un novo retroceso nos dereitos dos/as traballadores/as en aspectos como o abaratamento do despido e flexibilización das condicións de traballo, cun aumento da precariedade para toda a clase traballadora. Read More

 

 

I Congreso da Federación de Limpeza e Mantemento da CGT

Do día 3 ao 6 de xuño de 2010, a Federación Sectorial de Limpezas e Mantemento do Sindicato CGT celebra en Vigo o seu Primeiro Congreso Federal. Durante o Congreso, delegacións vidas de todo o estado, están a debater sobre a situación laboral e social dos/as traballadores/as que prestan servizos tan importantes para a cidadanía como a limpeza de edificios e locais, limpeza viaria, recollida de lixos, xardinaría, depuración e reutilización de augas residuais, recuperación, tratamento e eliminación de residuos urbanos e industriais, etc.

Read More

 

Charla Anti-militarista en Vigo

O vindeiro xoves día 10 de xuño ás 20:00 do serán habera unha charla antimilitarista no local da C.G.T. de Vigo, charla enmarcada dentro da campaña pola Obxección Fiscal 2010. Será impartida por un membro do Espazo Aberto Antimilitar.

A OFGM (Obxección Fiscal aos Gastos Militares) é a non disposición a colaborar cun dos peores xeitos cos que o capitalismo se estende a nivel mundial: co militarismo e as guerras, aínda que estas sexan maquilladas últimamente como «intervencións humanitarias» ou «guerras contra o terrorismo».

Read More

 

Manifestación contra as medidas do goberno:

A FL de Vigo chegou a un acordo con outras oitos organizacións ( sindicais, políticas, culturais e da mocidade ) para tentar dar unha resposta e facerlle ver aos sindicatos institucionais que só queda un camiño: a folga xeral. Así facemos un chamamento a todos os afiliados e simpatizantes para que o día 27 de maio ás 20:00 dende a Vía Norte participen na manifestación contra as agresións do capital e pola folga xeral. Non nos quedamos calados /as.

Read More