Sancionado un delegado sindical da CGT de Unísono Vigo:

O Secretario Xeral da CGT Unísono Vigo Carlos Touza foi sancionado con dous días de suspensión de empleo e soldo no día de onte por baixada do rendemento do traballo según o artigo 69.6 do actual Convenio Colectivo de Telemarketing.

No departamento no que está Voz e Datos de Orange aumentaron o número de sanciones por este motivo nun total de 40 sancións nos últimos 3 meses por calidade producindo una situación de malestar e ansiedade nesta campaña e noutras onde tamén se sanciona.

Read More

 

Unísono: a empresa que non respecta a ninguén.

Unísono é unha empresa do sector do telemarketing que non respecta a ningún órgano xudicial, nin a Inspección de Traballo, nin ós seus traballadores e os seus representantes sindicais.

Fai pouco o Tribunal Supremo dictou sentenza firme confirmando unha sentencia da Audiencia Nacional na que daba a razón á CGT no tema das pausas de visualización de datos (PVD) e recoñéce dita orden xudicial un descanso de 5 minutos por hora de traballo polo que os traballadores ián ter dez minutos de descanso máis. Pois ben a empresa só recoñece cinco  dos dez minutos.

Read More

 

 

As organizacións «progresistas» tamén se aproveitan da Reforma Laboral

A ong "AMARANTE" despide a unha traballadora amparándose na reforma laboral

A ONG Amarante, coñecida polas súas campañas en defensa dos dereitos das persoas traballadoras nos países do Sur e por manter un discurso antisistémico -de feito, foi unha das impulsoras dunha rede anticapitalista a nivel galego- decidiu, ante os problemas económicos polos que está a atravesar, despedir á súa única traballadora fixa en activo argumentando despido obxectivo por razóns económicas.

Non só resulta curioso que unha organización que se laia de pretender transformar a sociedade empregue as mesmas "armas" que as empresas capitalistas que se guían exclusivamente polo beneficio, senón que incluso teña tan pouco "tacto" que formalice o despedimento da súa traballadora (socia da ONG e ata ben pouco membro da directiva que decidiu o seu despido) o mesmo día da aprobación definitiva da nova Reforma Laboral, tan só unhas poucas horas despois. A ONG argumenta para xustificar o despido a falla de rendabilidade da súa tenda de comercio xusto en Vigo (sita na rúa Canceleiro, 5), o mesmo argumento empregado unha e mil veces polas empresas.

Ao mesmo tempo, a ONG négase a asumir a proposta que lle fixeron as organizacións sindicais representantes das traballadoras (CGT e máis CUT) de suspender o despido (efectivo dende o 30 de setembro) e sentarse a falar para ver de chegar a unha solución, que aínda que sexa traumática, fóra consensuada con todas as traballadoras. É máis, durante a xuntanza mantida coas organizacións sindicais, Amarante remarcou a súa intención de que o conflicto se leve ao Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), mostrando unha actitude máis próxima ás prácticas empresariais que as de unha organización que traballa pola xustiza social.

Entendemos que con esta actuación, o único que está a conseguir a ONG é o desprestixio da súa acción solidaria e a incoherencia das propostas que dí defender. En outras palabras, non se pode realizar accións en países coma Marrocos para sensibilizar sobre os dereitos que lle asinten ás mulleres traballadores do textil, mentras se mantén unha posición claramente belixerante con estes mesmos dereitos na súa propia xestión de persoal.

Dende as organizacións sindicais queremos manifestar que si Amarante asume un comportamento claramente empresarial, ambalas dúas centrais sindicais se verán obrigadas a manter con esta ONG a mesma actitude que mantén coas organizacións empresariais, emprendendo as accións oportunas para garantir o cumprimento dos dereitos das traballadoras.

 

Exito da mobilización de CGT en Vigo

Despois de toda unha noite de piquetes centrados fundamentalmente nas empresas do telemarqueting e en Citrà¶en, a manifestación convocada por CGT en Vigo ás 12 da mañá resultou un éxito absoluto e se convirte na mobilización máis grande convocada pola Federación Local. Aínda que a prensa, «El Mundo»Â  nos outorga 3.000 participantes, cifras máis cercanas a realidade poden ser sobre 2.000. Hai que lembrar que esta manifestación foi convocada exclusivamente pola Federación Local de Vigo.

A mobilización foi un tanto accidentada, xa que non poido rematar onde tiña previsto (a praza da Estrela) debido a que a Subdelegación do Goberno autorizou a última hora e sen informarnos a modificación do remate da manifestación de CC.OO e UGT en principio prevista para a Porta do Sol e que finalmente rematou na praza da Estrela. Ao remate da manifestación, que finalmente foi na Porta do Sol, o secretario xeral do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, dirixiuse aos manifestantes para lembrar que a folga xeral non é o final das mobilizacións e que CGT comezará a partir do dia 30 de setembro a planificar novas accións.

Rematada a manifestación un nutrido grupo de compañeiros/as constituise en piquete para impedir a entrada dos quebrafolgas nas quendas de tarde.

 

 

 

Movilizacións e manifestación cara á Folga Xeral:

Como todos/as sabedes o día 29 de setembro está convocada unha Folga Xeral, CGT foi o primeiro sindicato en presentar a convocatoria, coincidente coa que días despois fixeron os sindicatos maioritarios. CGT leva máis de dous anos nunha campaña encamiñada a convocatoria dunha Folga Xeral, non obstante tamén sabemos que esta folga, a folga do 29 está concebida polos maioritarios como unha «lavada de cara», xa que non é lóxico convocar unha Folga Xeral contra unha lei aprobada, ¿porque agardar a que se aprobe?.