Nengún despido sen resposta en Bosch. Bea readmisión!

 

 

A Secretaria de saúde laboral da sección sindical de CGT na empresa de telemarketing "Bosch communication center" en Vigo, Beatriz del Amo García, foi despedida o día 10 de xuño pola empresa mediante despido disciplinario.

 

 

Dende CGT entendemos que o despedimento se produce en represalia directa á actividade sindical que dita traballadora estaba a exercer na empresa.


Read More

 

 

Folga en Unísono

A empresa anuncia a aplicación dun novo artigo 17 na campaña de Orange, que suporía o despedimento de 40 traballadores/as de Unísono Vigo e 3 de Unisono Madrid que estarían na rúa o vindeiro día 26 de xuño.

Convócase folga o 24 de Xuño nas quendas de mañá, de 11:00 a 12:00, e de tarde, de 17:00 a 18:00. Haberá concentracións, polo tanto, diante da porta dos centros de Unisono Vigo (Gran Vía 104 e 110) nese mesmo horario.

Chámase á participación de todas as seccións sindicais, afiliación e simpatizantes para o apoio nesta loita.

Que ningún despido quede sen resposta!

 

Renfe condenada a indemnizar a CGT por vulneración do dereito á folga

A empresa pública RENFE-Operadora foi condenada por vulnerar o dereito de folga dun traballador de RENFE-Operadora, ao substituílo por outro traballador durante a Folga Xeral que C.G.T.-Galiza convocou contra a reforma das pensións o pasado 27 de Xaneiro.

O Xulgado do Social Nº4 de Vigo recoñeceu como feito probado que durante a citada Folga Xeral, RENFE ordenou substituír a Carlos, maquinista de Vigo afiliado á CGT que secundou a folga, con outro

Read More

 

 

1º de Maio en Vigo

Cerca de 2000 persoas manifestaronse onte en Vigo Contra a criminalización da clase obreira e contra o pacto social, na convocatoria conxunta das centrais sindicais CGT e CUT.

A manifestación, marcada pola combatibidade, rematou na Porta do Sol ca lectura dos manifestos dos sindicatos convocantes. No manifesto final a CGT destacou o forte retroceso en dereitos que está a padecer a clase traballadora

Read More

 

Amarante Setem recoñece dous despidos improcedentes despois de sete meses de conflicto laboral

Nengunha das catro traballadoras que se viron inmersas no conflicto continúa traballando na ONG.

No mes de setembro de 2010 foi despedida a única traballadora indefinida da entidade utilizando a figura de despido obxectivo, figura regulada polo estatuto dos traballadores que se fixo "popular" pola lectura laxa que dela se fai a través da reforma laboral…

Read More