Pontevedra, 1º Mayo anarconsindicalista

scale.phpUnas 200 personas acudieron a la manifestación del 1º de Mayo convocada por CGT y CNT en Pontevedra. Desde la 1 de la tarde hasta las 2 y media recorrieron las calles pontevedresas desde la Plaza da Ferrería hasta las puertas de la Sub delegación del gobierno, donde los representantes de CGT y CNT ofrecieron sendos discursos de cierre.

 

1º Maio en Pontevedra

O Primeiro de Maio, a CGT de Pontevedra-Arousa manifestarase polas rúas de Pontevedra, conxuntamente coa CNT.
A manifestación sairá ás 13:00h da Praza da Ferrería, seguindo o recorrido habitual ata a Alameda, diante da sub-delegación do goberno, onde terá lugar o acto-mitin de peche, coa intervención de representantes das dúas centrais sindicais anarcosindicalistas.

 

26 M, Manifestación pola Sanidade Pública

A CGT de Pontevedra fai un chamamento a súa afiliación e á toda a poboación pontevedresa para participar na próxima Manifestación en defensa da Sanidade Pública, que terá lugar na nosa cidade, o día 26 de marzo, ás 20:00h, dende o Hospital Provincial, e denunciar a política de privatización, recortes, desinvestimentos e despidos na sanidade.

CGT Pontevedra – Comité Local

 

13 M: Manifestación da Marcha e Tren da dignidade

Na xuntanza dos participantes locais da Plataforma Galega de apoio ás Marchas da dignidade de Pontevedra (a Madrid, 22 de Marzo), celebrada este xoves, 27 de febreiro, no edificio sindical, acordouse continuar a organización da Marcha "Pontevedra-Madrid" e o Tren da dignidade, cos seguintes actos:
– Do 3 ó 12 de marzo, todos os días – As persoas, colectivos sociais e organizacións interesadas en participar na Marcha "Pontevedra-Madrid" e acudir a manifestación do 22 de Marzo no "Tren da dignidade", poden recoller os billetes na sede da CGT (Edificio sindical, r/ Pasantería, 1 – 3ª Planta) de 19,30h a 21:00h
– Día 7 de marzo (venres) – Roda de prensa da Plataforma Galega, baixo o lema "Pontevedra na loita da dignidade", ás 12:00h, no Edificio Sindical.
– Día 7 de marzo (venres) – Presentación da Marcha e Tren da dignidade, por todos as persoas, colectivos sociais e organizacións participantes, ás 19,30h, na Sala «Sargadelos».
– Día 13 de marzo (xoves) – Manifestación e chamamento final a participación en Madrid o 22 de marzo. A manifestación sará da Praza da Ferrería, ás 20:00h.
A CGT de Pontevedra- Arousa fai un chamamento a toda a súa afiliación e a clase traballadora en xeral para que se incorpore a estas accións contra o paro, os recortes e contra a política económica e social do goberno, e as difunda para seu maior éxito.

Comité Local CGT Pontevedra – Arousa

 

CGT Pontevedra: Marchas da dignidade

Na xuntanza dos participantes locais da Plataforma Galega de apoio ás Marchas da dignidade (a Madrid, 22 de Marzo), celebrada este luns, 17 de febreiro, na sede da CGT en Pontevedra (edif. sindical, r/ Pasantería 1), acordouse iniciar a organización da Marcha "Pontevedra-Madrid" coas seguintes acións:
– Xoves, 20 febreiro, ás 20,30h, no edificio sindical, salón de actos: Asamblea aberta a todas as persoas, colectivos e organizacións sindicais e sociais interesados en participar nas Marchas.
– Sábado, 22 febreiro, ás 12:00h, na Praza da Peregrina, reparto do manifesto conxunto (pódese ler nesta mesma web da CGT de Galicia) e información sobre as Marchas.
– Mércores, 26 febreiro, ás 20:00h, Manifestación conxunta dende a Praza da Ferrería
Dende hoxe ata o 26 de febreiro, difusión, compromiso e adquisición dos billetes (40 €, por praza) para a saida e regreso a Madrid en tren especial o 22 de marzo.
A CGT de Pontevedra- Arousa fai un chamamento a toda a súa afiliación e a clase traballadora en xeral para que se incorpore a estas accións contra o paro e contra a política económica e social do goberno, e as difunda para seu maior éxito.

Comité Local CGT Pontevedra – Arousa

 

14 F: Manifestación por Sanidad pública en Pontevedra

La CGT de Pontevedra, convoca a todos sus afiliados y simpatizantes en la comarca a participar en la manifestación puesta en marcha por la Plataforma SOS Sanidade Pública, que tendrá lugar el próximo viernes, 14 de febrero. El objetivo de la manifestación es la defensa de la sanidad pública frente a las acciones privatizadoras y de expolio emprendidas por los gobiernos gallego y español en favor de un empresariado capitalista sin escrúpulos y contra el traslado forzoso de pacientes de determinadas especialidades de Pontevedra y Arousa al Hospital de Santiago. La convocatoria conjunta partió de una reunión promovida por SOS Sanidade Pública y mantenida en la sede de la Federación de vecinos Castelao por distintas organizaciones de la ciudad, entre las que se contaba la CGT pontevedresa.
Comité Local de CGT Pontevedra-Arousa

 

 

A loita contra Mercadona continúa

Continúa a loita da CGT contra Mercadona. E non rematará ata conquerir anular o despido do noso compañeiro, Fran. A CGT de Pontevedra convoca, para este venres, día 24 de xaneiro, ás 6:30h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida.

 

CGT contra a mafia de Mercadona

A CGT de Pontevedra convoca, para o venres, día 20 de decembro, ás 19:00h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida. Reproducimos o texto que a CGT de Pontevedra repartirá de novo ante as portas de Mercadona este día. Read More

 

CGT Pontevedra, 10 D: Na defensa da sanidade pública

A CGT de Pontevedra-Arousa manifesta seu apoio e participa na manifestación "En Defensa da sanidade pública" que terá lugar en Pontevedra este 10 de decembro, con saída ás 20:00h, dende o Hospital Provincial. A CGT fai un chamamento a todos os seus afiliados e a toda a poboación de Pontevedra para sair á rúa e denunciar o desmantelamento e privatización dos servizos públicos, tamén os sanitarios. ¡A loita contra a política económica e social do goberno continúa!

CGT Pontevedra – Arousa