Manifestación de apoio ás Marchas da Dignidade

cartel maniA Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade, da que forma parte a CGT, acordou a convocatoria de manifestacións de apoio á iniciativa que fará confluir, o 22 de marzo en Madrid, as distintas marchas que se están a organizar en todo o estado.

No caso da Coruña, convócase manifestación o día 26 de febreriro, mércores, que sairá ás 20:00 horas da Praza de Portugal.

A CGT fai un chamamento ao pobo coruñés para que se sume a esta iniciativa e participe na manifestación.

Leer o manifesto

Comité Local da CGT da Coruña

 

Concentración pola readmisión de José Carlos

JoséCarlosRedmisión pequeño

Fai pouco máis de dous anos xurdía a sección sindical de CGT en Transcom, unha multinacional sueca contratada polo BBVA para a atención telefónica. Desde entón, a CGT ten presentadas case 200 denuncias, plantexados varios conflitos colectivos, publicado un boletín mensual -que deu lugar a unha absurda demanda por parte de varios directivos de Transcom- e levou a cabo diversas accións reivindicativas. Transcom, demasiado acostumada a atropelar os traballadores e moi pouco habituada a soportar a combatividade sindical,  non puido aguantar máis e decidiu o que o corpo lle viña pedindo dende hai tempo: despedir o pasado 31 de xaneiro a José Carlos Romero, representante da CGT, polo «grave» delito de informar a uns traballadores que ían ser despedidos e ofrecerlles asesoramento legal e sindical, ademais do non menos «grave» delito de desobedecer as ordes empresariais de estarse caladiño. Este despotismo e esta agresión só poden ter unha resposta: a mobilización para conseguir a readmisión inmediata do noso compañeiro.

Por iso, en solidariedade co compañeiro despedido, a CGT da Coruña covoca unha concentración o día 18, martes, ás 13:00 horas, diante da oficina central do BBVA na Coruña, sita no número 18 do Cantón Pequeno.

JOSÉ CARLOS READMISIÓN!

SE TOCAN A UN, TÓCANNOS A TODOS!

Comité Local da Coruña

 

Paros en Extel e Atento na Coruña

paros_extel_022014As traballadoras e traballadores subcontratados por Movistar a través das empresas Atento e Extel pararán o vindeiro mércores, 5 de febreiro, unha hora pola mañá e outra pola tarde (de 12:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 20:00).

Máis de 4.000 traballadores e traballadoras están chamados a secundar esta xornada de loita nas cidades da Coruña, Málaga, Madrid, Zaragoza e Barcelona. Con estes paros, que son continuación dos iniciados o pasado 8 de xaneiro, se reclaman o cesamento das presións, ameazas, acosos e sancións, ademáis que se desenmascaran as supostas bondades que a compañía quere vender cara o público: calidade na atención (dentro dun clima laboral de conflictividade e ameazas) e a cercanía ao cliente (aínda hai centros de chamadas deslocalizados fóra de España).

Diante dos centros de traballo de Extel (Matogrande) e Atento (Juan Flórez) faranse concentracións durante a celebración dos paros.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Boicot aos produtos de Panrico

Boicot Panrico pequeñoA CGT da Coruña acordou sumarse ao boicot declarado polos traballadores de Panrico aos produtos de dita empresa e facer un chamamento á cidadanía para que deixen de mercar Pan de Molde, Bollycaos, Donuts, Donettes, Grisines, etc.

Os traballadores están en folga indefinida desde o pasado 13 de outubro (casi catro meses), dada a intención da empresa de desfacerse de 1.914 compañeiros, entre fixos, temporais e autónomos. Ademais, pretende unha rebaixa de entre o 20 e o 40 % nas retribucións dos que queden.

Nestes momentos, os compañeiros de Panrico precisan máis que nunca a solidariedade e o apoio de todos extendendo e difundindo o boicot.

Comité Local da CGT da Coruña

 

 

 

Concentración na Coruña contra as prácticas antiobreiras de Mercadona

mercadona24XContinuamos na loita contra Mercadona para conseguir a readmisión do compañeiro Fran, da CGT de Málaga, que foi despedido por dita empresa intentar constituir a Seción Sindical da CGT naquela localidade.
A primeiros do mes de outubro, a empresa Mercadona abriulle un expediente disciplinario ao compañeiro Fran, que tivo a ousadía de organizar e ser nomeado representante da Sección Sindical da CGT de Málaga na empresa. A súa intención era clara: desfacerse dos traballadores máis incómodos e entre eles está Fran, que se negara, pouco antes do expediente, a aceptar cartos para que se esquecese da actividade sindical. Efectivamente, o pasado día 10 de outubro, a empresa despediu ao compañeiro, que respondeu plantándose diante da empresa desde o luns, día 14, mentres a CGT de Málaga realiza concentracións diarias ante os supermercados. Read More

 

8 de xaneiro: Paros en Extel e Atento na Coruña.

telemarketingO vindeiro mércores, 8 de xaneiro, todos os traballadores e traballadoras de Extel en tódolos centros do estado español, mais os traballadores e traballadoras de Atento na Coruña, están convocados a secundar paros dunha hora por quenda de traballo, ás 12 e ás 19 horas.

Con estos paros, os traballadores e traballadoras van a dicir alto e claro: Basta!. Cansos de padecer infinidade de abusos por parte de Movistar-Extel-Atento, os traballadores e traballadoras afirmamos que non somos mercadoría en mans destas multinacionais que só procuran millonarios beneficios a baixos custes salariais.

A cobiza de Telefónica-Movistar non ten límites, presionando mais que nunca, e isto, se non o paramos, vai a ir a máis. É tempo de lles plantar cara, é hora de nos defender coa única ferramenta que temos os traballadores e traballadoras, a Folga.

Read More

 

Concentración en defensa do tren público

concentración renfe 20.12O próximo venres, día 20 de decembro, ás 19:30 horas, a Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e das Mariñas convoca unha nova concentración nos andéns da Estación de San Cristóbal na Coruña. O motivo é a protesta polo desmantelamento do ferrocarril e en demanda dun servizo público de trens social, de calidade e seguro.

A plataforma, da que forma parte a CGT, considera que as últimas medidas de troceamento das empresas ADIF e RENFE son un paso decisivo para a futura privatización e a desaparición do ferrocarril como servizo público.

 

Mobilizacións da CGT en Correos na Coruña

patadon_correosOs compañeiros e compañeiras da CGT en Correos na Coruña desenvolverán durante toda a semana diferentes accións reivindicativas co obxectivo de informar á cidadanía da actual situación do servizo público postal na cidade coruñesa, denunciando os recortes que se están a producir. No ano 2013 Correos reduciu na Coruña o número de prazas de reparto, chegando no día de hoxe xa a 17 prazas de repato perdidas na cidade

As accións comezan o luns 16 de decembro, ás 17 horas coa presentación pública da campaña nun acto informativo na AAVV de Monte Alto, no que se trasladará á veciñanza a preocupación da CGT pola redución das prazas asignadas para ese barrio. O día 17 de decembro, ás 9 horas terá lugar unha manifestación festiva diante da oficina principal de Correos na Coruña (UR1), na rúa de Alcalde Casás, e o mércores, día 18 de decembro haberá unha concentración, tamén ás 9 horas, na oficina da rúa de Vizcaia (UR2). Durante o resto da semana se sucederán accións no resto das oficinas, reparto de material informativo, …

Mais información no blogue da CGT en Correos na Coruña.

CGT en Correos na Coruña

 

Contra Mercadona

IlustraciónA CGT da Coruña convoca para o día 21 de decembro, sábado, unha concentración diante do Mercadona situado na Avenida de Fisterra, número 265, da cidade, ás 11:30 horas, e protesta polo despedimento do compañeiro Fran, afiliado da CGT de Málaga polo simple feito de intentar constituir a sección sindical.

Facemos un chamamento a todo o pobo traballador para que participe nas mobilizacións contra esta empresa, carcterizada por ser a patronal máis retrograda e cobizosa do país e polas súas prácticas mafiosas.

Máis información, picando aquí.

Comité Local da CGT da Coruña