O vindeiro domingo, día 1 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.
Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901, no blog Memoria Libertaria na Galiza
Continúa o boicot aos produtos de Panrico
Os compañeiros e compañeiras de Panrico na factoría de Santa Perpetua (Barcelona) levan máis de seis meses en Folga Indefinida, defendéndose dun ERE có que se pretende despedir a unha boa parte do cadro de persoal, de xeito totalmente inxustificado ademáis de discriminatorio. O xuizo se ten celebrado o día 6 de maio, logo dun sinfín de manobras impresentables por parte da empresa e a dirección de CC.OO.
A CGT da Coruña xa tiña acordado sumarse ao boicot declarado polos traballadores de Panrico aos produtos de dita empresa e facer un chamamento á cidadanía para que deixen de mercar Pan de Molde, Bollycaos, Donuts, Donettes, Grisines, etc.
Os traballadores e traballadoras seguen a precisar da solidariedade da clase obreira. Por iso continúa a campaña de boicot aos productos Panrico ata que remate o conflito. ¡A Solidariedade é a nosa forza¡
A CGT da Coruña apoia a manifestación contra as obras da Mariña
A CGT da Coruña apoia a manifestación convocada pola Plataforma cidadá «Non ás obras da Mariña» para esixir a paralización das obras. A manifestación terá lugar o vindeiro sábado 10 de maio ás 19 horas na Mariña, con saída dende diante de Turismo.
A CGT chama aos seus afiliados e afiliadas, e ao conxunto da clase obreira coruñesa, a secundar as mobilizacións encaminadas a denunciar o despilfarro e a combater a corrupción.
Contra os abusos empresariais, nova xornada de mobilización en Extel e Atento na Coruña
Os traballadores e traballadoras das empresas Atento e Extel na Coruña, subcontratas de Movistar, están chamados a secundar unha nova xornada de mobilización. O vindeiro luns, 5 de maio, están convocados paros dunha hora na quenda da mañá de 11 a 12 horas e na quenda de tarde, de 18 a 19 horas. Â Esta nova xornada de loita da continuidade ás mobilizacións unitarias dos traballadores e traballadoras das contratas de Movistar, non só na Coruña, senón tamén no resto do estado español.
As sección sindicais da CGT están a impulsar a participación nestas mobilizacións, co obxetivo de manter a unidade dos traballadores e traballadoras, como se veu demostrando nos últimos meses, coa finalidade de dar a coñecer e loitar contra as agresións de Movistar e as súas contratas.
As agresións empresarias e a abusiva presión á que están sometidos os traballadores e traballadoras son os mesmos nas distintas plataformas destas empresas que traballan para Movistar: Â modificacións sustanciais con cambios de horarios, turnos, presión excesiva, despedimentos, sancións, .. e un longo etcétera de penurias que están a padecer os traballadores e traballadoras.
Durante os paros terán lugar concentracións nas portas de ambas empresas; no transcurso das mesmas, tanto en Atento como en Extel os traballadores e traballadoras formarán mosaicos cun lema de denuncia das condicións laborais que padecen.
Crónica do Primeiro de Maio na Coruña
Máis dun milleiro de persoas manifestáronse hoxe entre a Praza de Pontevedra e a Praza do Humor, apoiando a convocatoria que fixo a CGT con outros sindicatos (CUT, STEG, SF e SE) en conmemoración do Primeiro de Maio. Baixo o lema «POLO REPARTO DA RIQUEZA E O TRABALLO, DIGNIDADE E LOITA», as rúas da Coruña enchéronse de berros, dignidade e ira contra este sistema explotador e inxusto que estamos a sufrir. Coreáronse lemas como «É indecente, xente sen casa e casas sen xente!», «Obreiro despedido, patrón colgado!», «Queremos traballar, non emigrar!», entre outros.
Ao final do percorrido, o acto rematou coa lectura do manifesto unitario das organizacións convocantes.
Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña
O vindeiro Primeiro de Maio, a CGT volverá a saír en manifestarse polas rúas da Coruña. A manifestación este ano farase conxuntamente coa CUT, o STEG e o Sindicato da Elevación.
Para a CGT a situación que estamos a sufrir a clase obreira é ignominiosa e insostible. As enormes cifras do desemprego, a constante sangría de dereitos laborais e sociais, os ataques aos servizos públicos como ensino, sanidade, servizos sociais, etc., xunto coa ameaza constante ao sistema público de pensións, a pobreza, os desafiuzamentos, … fan preciso que, máis que nunca, os traballadores e traballadoras expresemos, clara e firmemente, o noso total rexeitamento e activa oposición esta situación para poñer fin a que, ás nosas costas, se siga negociando e xogando cos nosos dereitos e intereses.
Por isto, a CGT da Coruña convoca ao pobo traballador a que participe na manifestación que o próximo Primeiro de Maio sairá ás 12:30 horas da Praza de Pontevedra da Coruña e que rematará na Praza do Humor.
Comité Local da CGT da Coruña
Novas mobilizacións dos traballadores e traballadoras do telemarketing na Coruña
A Sección Sindicais da CGT da Coruña en Extel e Atento están a impulsar e traballar en novas mobilizacións e accións de loita dos traballadores e traballadoras do telemarketing.
Tanto Movistar como as súas contratas Extel e Atento, seguen sen atender as xustas reivindicacións dos traballadores e traballadoras que levan realizados xa tres paros dunha hora por quenda no primeiro trimestre do ano. Por iso, os comités de empresa de Extel e Atento na Coruña teñen decidido intensificar a loita e trasladar as nosas protestas máis alá de cada centro de traballo.
Movistar está dedicando moito esforzo publicitario en vender a imaxe dun traballador sorrinte, próximo e satisfeito do seu traballo para facer énfase nas bondades, calidade e satisfacción dos servizos de atención ao cliente. Pero a realidade laboral é ben distinta: despidos e sancións inxustos e miserables, cambios caprichosos e constantes de horarios; falta de formación, acoso diario, insalubridade e estado deficiente das instalacións, … En xeral, ameazas desprezables co ánimo de sementar o medo que provoque a submisión absoluta: calar e obedecer.
Por iso, os traballadores de Extel e Atento están convocados o vindeiro 7 de abril, a secundar un paro de dúas horas por quenda, de 11 a 13 e de 18 a 20 horas. Ese día de paros se celebrarán manifestacións, ás 11 e ás 18 horas, que partirán de cada centro de traballo para se xuntar diante da sé central de Telefónica (na rúa do marqués de Amboage, zona Catro Camiños). os compañeiros de Extel e Atento sairemos en manifestación, cada un dende o seu centro de traballo, para xuntarnos en perfecta Fusión diante do edificio de Movistar da rúa Marqués de Amboage (zona Cuatro Caminos. Como xa sucedeu no paro do pasado día 7 de marzo, todos os centros de traballo de Atento e Extel en España están convocados a secundar os paros. O Comité de Empresa de Telefónica na Coruña ten aprobado unha resolución na que amosan o seu apoio solidario aos paros convocados en Atento e Extel.
Previamente, os traballadores e traballadoras de estas empresas subcontratadas de Movistar, realizarán concentracións conxuntas en protesta pola situación laboral que están a padecer. Terán lugar diante da tenda de Movistar da praza de Pontevedra, o martes 1 de abril, ás 12:00 horas, e o xoves 3 de abril ás 19:00 horas.
Paros en Atento e Extel na Coruña
O vindeiro venres 7 de marzo, as traballadoras e traballadores subcontratados para os distintos servizos de atención telefónica de Movistar na Coruña continuarán as mobilizacións iniciadas en xaneiro contra os despedimentos, sancións, cambios constantes de horarios, quendas e xornadas, ameazas e presións aos que están a ser sometidos nos últimos meses. No centro de Atento na Coruña, o mércores 5, dous novos traballadores foron despedidos inxustamente e de xeito miserable. Dende setembro son xa once os despedimentos; deles, dez son traballadores dos que Atento xa intentara desfacerse en abril de 2013, nun proceso de despido colectivo que logo, tras varias xornadas de mobilizacións, deixou sen efecto.
A xornada de protesta consistirá en paros dunha hora, de 12 a 13 horas e de 19 a 20 horas. Ademais dos centros de Atento e Extel en Coruña, desta vez o paro laboral faise extensivo ao ámbito estatal nestas dúas empresas subcontratadas por Movistar. Durante os paros, os traballadores e traballadoras de Atento na Coruña farán visible a súa protesta diante do centro de traballo escenificando un enterramento simbólico das constantes agresións ás que estamos sometidos por Movistar e as súas contratas. En Extel se realizarán dúas manifestacións (ás 12 e ás 19 horas) polas rúas de Matogrande, partindo da sé da empresa na Coruña. Read More
Viaxe reivindicativa entre A Coruña e Cambre, en defensa do ferrocarril público e social
A Plataforma en defensa do tren da Coruña – As Mariñas, da que forma parte a CGT, Â vai realizar o vindeiro domingo 23 de febreiro unha viaxe A Coruña-Cambre para denunciar a ausencia de frecuencias na liña que une A Coruña con Ferrol, o que supón na práctica a completa inutilización desta infraestrutura pública que debería prestar un servizo básico, necesario, ecolóxico e socialmente rendíbel á área metropolitana da Coruña (como o caso de Cambre e Culleredo, concellos polos cales vai transcorrer a viaxe desde A Coruña) e todo o arco ártabro.
Á saída da viaxe partirá ás 11.00 horas da estación da Coruña. Desde as 10.30 representantes da Plataforma estarán na estación de S.Cristovo. Na estación de Cambre haberá membros da Plataforma dese concello recibindo a comitiva e darase lectura do manifesto da Plataforma nun breve acto. Read More
Novas mobilizacións dos traballadores e traballadoras de Extel e Atento na Coruña
A vindeira semana, a loita dos traballadores e traballadoras dos centros de atención telefónica de Movistar, subcontratados a través das empresas Extel e Atento, se extenderá polas rúas da cidade, con concentracións diante das tendas de Movistar: o luns 24 ás 12 horas, na tenda de Praza de Pontevedra, e o xoves 27, ás 19 horas, na tenda de Catro Camiños.
Estás concentracións son continuación das que tiveron lugar os pasados días 8 de xaneiro e 5 de febreiro, coas que os traballadores e traballadoras subcontratadas por Movistar reclaman o cese das presións, ameazas, acosos e sancións, ademáis de desenmascarar as supostas bondades que a compañía pretende vender de cara ao público: a calidade na atención (cando a realidade é que os traballadores e traballadoras vivimos nun constante clima laboral de conflictividade e ameazas) e a cercanía có cliente (non é certo que todas as chamadas se atendan desde España, aínda hai centros de chamadas deslocalizados).
Durante as concentracións, se informara á cidadanía e aos clientes de Movistar da situación que se está a padecer nos centros de traballo, e o porqué da mala atención recibida desde os centros de atención ao cliente.