CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/atento-despide-a-179-traballadores-e-traballadoras-na-coruna/
Export date: Tue Jul 16 9:36:06 2024 / +0000 GMT

ATENTO despide a 179 traballadores e traballadoras na Coruña


Hoxe, a empresa de telemarketing Atento despediu a 179 traballadores do servicio 1004 no seu centro de traballo da Coruña. Trátase dun paso mais de Atento, empresa do grupo Telefónica, a sumar ós despidos de 90 traballadores en Valencia e 29 traballadores mais en Córdoba. Todos eles son as principais víctimas da política deslocalizadora de Atento, que está a levar a carga de traballo cara paises latinoamericanos con menores salarios e condiciones laborais. Por esa razón, esta misma tarde ás 20 horas tivo lugar unha concentración de centos de traballadores e traballadoras diante da sé de Atento que cortou o tráfico no centro da cidade e que permaneceu durante case 2 horas.



A continuación reproducimos a nota do Comité de Empresa, con maioría de delegados da CGT.

"Hoxe, ás 16 horas, o comité de empresa foi convocado pola dirección da empresa, representada por Luís López, para comunicarnos por teléfono o despido de 179 compañeiros de LAP. Aducen diminución do servicio entregándonos documentos feitos por eles, que non teñen ningunha credibilidade e non poden acreditar con rigor ante ningunha autoridade laboral.

O principal agora, de aquí ó día 20, é conquerir xuntarnos e organizarnos para facerlles frente, pública e xudicialmente. Necesitamos da colaboración de todos para estar coordinados (por exemplo, precisamos de tódolos números de teléfono posibles dos compañeiros despedidos).

Calquera documento que vos entreguen, calquera chamada ó despacho ou o que sexa, esixide a presencia dun representante. Non firmedes nada sen engadir NON CONFORME.

A partír de mañá comunicaremos lugar, día e hora para xuntarnos e decidir accións conxuntas.

DESPEDIDOS, READMISIÓN!!!

MAà‘Á, DÍA 15/03 ÁS 11:00. CONCENTRACIÓN DIANTE DE ATENTO
Post date: 2007-03-14 22:46:15
Post date GMT: 2007-03-14 21:46:15

Post modified date: 2007-03-19 13:32:58
Post modified date GMT: 2007-03-19 12:32:58

Export date: Tue Jul 16 9:36:06 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com