CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/atento-continua-en-loita/ Export date: Thu Jan 30 22:35:23 2025 / +0000 GMT |
Atento continúa en loitaDespóis da farsa do acto de conciliación no SMAC, no que a empresa Atento propuxo "rebaixar" as sancións de 60 a 43 días (mantendo a cualificación como moi grave), @s traballador@s decidiron continuar coas mobilizacións para enfrontarse á prepotencia da empresa e contra esta represión que está a desenvolver contra @s compañeir@s que non se deixan acocotar pola patronal. Por iso, o próximo xoves, día 4 de agosto, a CGT da Coruña volve convocar unha concentración contra as sancións diante do centro de traballo (Juan Flórez, 89), ás 20:00 horas. Ademáis de concentracións en todos os centros de Atento do resto de España, Barcelona, Lleida, Valencia, Madrid, Sevilla, León...), @s traballador@s en loita están a recibir a solidariedade de outras cidades, que se están a concretar en concentracións diante de oficinas ou tendas de Telefónica-Movistar (Pontevedra, Vigo, Valladolid, Pamplona, Burgos, etc). Comité Local da CGT da Coruña |
Post date: 2016-08-02 17:27:43 Post date GMT: 2016-08-02 16:27:43 Post modified date: 2016-08-02 17:27:43 Post modified date GMT: 2016-08-02 16:27:43 |
Export date: Thu Jan 30 22:35:23 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |