Os días 24 de novembro e 9 de decembro, ás 19:30 horas, a CGT de Pontevedra celebrará dúas Asembleas Xerais coa finalidade de tomar acordos sobre a Orde do Día do Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia que terá lugar en Ourense os días 13 e 14 do próximo mes de decembro.
A Asemblea Xeral de Vilagarcía terá lugar o día 26 de novembro, as 19:30 horas.
Para preparar as Asembleas, están previstas unha seria de reunións abertas para ir debatindo os distintos puntos. As datas de celebración destas reunións-debate serán, en Pontevedra, os días 10 e 17 de novembro, a partir das 19 horas.